Menu

O éxito é algo diferente para cada un de nós, pero nunca é froito da casualidade.

Pense en grandes músicos, deportistas ou empresarios. Chegaron onde están por cuestión de sorte? Ou máis ben a base de esforzo, esixencia e compromiso?

Esa é a nosa inspiración. Ser unha banca privada que non deixa o importante ao destino.

Unha banca privada para clientes exclusivos

Poñemos á súa disposición un grupo de banqueiros especializados cunha ampla experiencia e formación para xestionar o seu patrimonio de forma personalizada, baseados na proximidade e a confianza.

Todos os nosos clientes de ABANCA Privada teñen ao seu alcance o noso catálogo de produtos premium tanto para a súa xestión diaria como para obter solucións a medida de financiamento ou de investimento.