Conta Netclub
Puntos Netclub
Como trocalos
Para a túa filla ou fillo
Unha conta para que aprendan a aforrar
- A Conta Netclub é unha conta infantil para menores con idades comprendidas entre 0 e 15 anos.
- A medida que aforren, irán acumulando puntos Netclub que poderán cambiar por libros, música, tecnoloxía…
- Sen comisións nin xuros de ningún tipo (TXN 0% e TAE 0%).
- Calquera saldo que se presente na conta non será retribuído, se o saldo existente fose, por exemplo, 6.000 €, a retribución por dito importe sería de 0 €.
Como funciona o Programa de puntos Netclub?
Irás sumando puntos trimestralmente, segundo o saldo medio que teñas na túa conta nese momento: 1 punto por cada 50 euros de saldo. Por exemplo: se abreses unha Conta Netclub o día 1 de xaneiro con 50 euros e mantiveses esa cantidade ata o 31 de decembro, recibirías catro puntos, un cada trimestre.
Cada tres meses, recibirás un extracto informándote do teu saldo ou podes chamarnos ao 981 910 522. Tes toda a información nas bases do programaVer ficheiro PDF.
Que documentación necesito?
- O libro de familia ou a folla de inscrición no rexistro.
- O DNI do menor e mais o DNI dos representantes legais.
- No caso de que os representantes legais non sexan os pais, cómpre presentar a documentación que acredite esa condición.
E cando o meu fillo sexa maior de idade?
Con 16 anos entrará no nivel Mozo do Programa Servizos ABANCA, sen que teñades que facer nada, e poderá gozar de moitos beneficios ata os 30 anos:
- Non pagará comisións de mantemento se a conta está ao seu nome e todos os titulares teñen entre 16 e 29 anos. Poderá facer transferencias gratis a través da súa banca electrónica e da súa app de ABANCA.
- Terá unha tarxeta Mastercard Ti NX sen custo, sen comisión de emisión nin de mantemento, coa que terá condicións especiais ata os 35 anos. Poderá retirar diñeiro a débito en calquera caixeiro de ABANCA e ata 5 veces ao mes na Rede Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja de Ingenieros, Euro Automatic Cash e Banca March.
De acordo coa normativa vixente, esta retribución por parte de ABANCA constitúe o que se coñece como un rendemento de capital mobiliario en especie e, polo tanto, está suxeita ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) por parte de quen a recibe e, se é o caso, á correspondente obriga de ingreso a conta por parte do pagador. Corresponderalle a ABANCA a práctica do ingreso a conta aplicable, se é o caso, cuxa contía será asumida por ABANCA como maior importe da retribución. En ningún caso poderán ser obxecto de compensación económica ou retribución en efectivo os produtos do noso catálogo Netclub.
¿Tes preguntas? Nós respostas
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG