INDICADOR DE RISCO
1/6
Escala numérica, onde 1/6 sinala o menor risco e 6/6, o maior risco.
FONDO DE GARANTÍA
ABANCA está adherida ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e por entidade de crédito.
Conta remunerada sen comisións

2% TAE polos teus aforros,
agora sen límite de saldo!

Remunerámosche o diñeiro na conta ao 2% TAE o primeiro ano se domicilias a túa nómina.

Un extra polos teus aforros

Se contratas a túa conta remunerada en ABANCA e traes uns ingresos de 1200€ ou máis, obtés un 2% TAE1

  • 2% TAE o primeiro ano polo saldo que teñas na conta.
  • Sen importe mínimo, ¡nin máximo! e cos teus cartos sempre dispoñibles.

Recibirás os xuros xerados polo saldo da túa conta (3000€, 30.000€, 70.000€…) unha vez ao mes. Por iso, a cantidade pode variar cada mes, xa que depende do saldo que manteñas. 

Esta remuneración é exclusiva para esta conta e non é acumulable con outras promocións de nómina.

card-cuenta-online-2porciento-extra-gl
Conta remunerada

Sen comisións
Sen preocupacións

Nesta conta remunerada non che cobramos comisión de mantemento.

A túa tarxeta, como ti queiras

Coa túa conta en liña tes unha tarxeta de débito sen custo, e unha de crédito sen comisión de emisión nin mantemento o primeiro ano(2). Úsaa física, úsaa virtual. Ou as dúas.

50€ por cada amigo

Por cada amigo que se faga cliente de ABANCA e domicilie a súa nómina, levas 50€ netos, ata o 31 de maio de 2026. ¡Podes invitar ata un máximo de 10 amigos e conseguir ata 500€! Cantos máis invites, máis gañas.

Consulta as condicións

Comparte a túa conta,
simplifica as túas finanzas

Aquí podedes abrir a conta xuntos e facer as vosas finanzas máis sinxelas ao xestionar o diñeiro a medias.

Si, tamén tes Bizum coa conta remunerada

Actívao na app en segundos e comeza a enviar ou recibir diñeiro. Todo desde o teu móbil.

Move o teu diñeiro
Sen moverte

Nesta conta remunerada as transferencias son sen custo, en euros non urxentes dentro da UE, directamente desde a túa app e sen complicacións.

card-transferencias-gl

Solicita a túa conta en só 10 minutos

O teu DNI ou NIE

E se traballas, deberás achegar un xustificante de ingresos.

O teu móbil

Enviarémosche notificacións
para a túa validación.

Un vídeo selfie

Ten a túa cámara activada e listo.

Seguridade que se sente, non se pensa

O teu diñeiro está onde debe estar: protexido, seguro e baixo o teu control. A nosa tecnoloxía Chave ABANCA engade capas extra de seguridade a cada operación desde a túa app.

Descubre todas a nosas contas

Xa sexa que queiras rendibilizar os aforros ou tirarlles partido aos ingresos, temos unha conta para ti.

Coa seguridade dunha oficina preto

Banco dixital: si
900 oficinas: tamén

Non só tes o teu xestor preto da casa, ademais poderás retirar diñeiro gratis nos caixeiros en España.

Tes dúbidas sobre a conta online? Nós respondemos

dúbidas

A Conta Online está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros, traspasos ou transferencias na oficina durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a ter unha conta estándar.

Unha conta estándar trae asociada unha serie de pagos polos servizos que che ofrecemos e que terías que empezar a pagar. Con todo, co Programa Servizos ABANCA é moi fácil que non pagues por estes servizos se cumpres uns requisitos moi sinxelos. Podes comprobalo na nosa web.

En calquera caso, antes de que teñas que empezar a pagar, avisarémoste.

 

A Conta Online Clara está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros inferiores a 600€ en ventanilla ou vas a oficina a realizar transferencias ou traspasos de calquera importe durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a unha conta estándar.

Para que isto non suceda, avisarémoste a tempo no caso de que estés incumprindo algunha das condicións e poder evitar deste xeito a cancelación da Conta Online Clara.

Para abrir unha Conta Clara sin comisiones y de forma online tes que ser residente en España e ter máis de 18 anos.

Facerse cliente é moi sinxelo, 100 % online e só che levará uns minutos. Para sermos o máis áxiles posible, debes ter á man o teu documento de identidade (DNI ou NIE con foto), o teu teléfono móbil e un documento que acredite a túa actividade laboral (pedirémoscho ao final do proceso para que che dea tempo a buscalo). O documento pode ser unha copia da nómina, o IRPF ou a vida laboral da Seguridade Social. Por último, farémosche un vídeo selfie para identificarte; asegúrate de que o teu dispositivo móbil ten activados os permisos da cámara.

Non é necesario que domicilies a túa nómina para gozar de todas as vantaxes da conta pero se o fas, podes beneficiarte das nosas promocións. Lembra que para poder gozar deste beneficio é necesario que:

  1. Adhíraste á campaña (preguntarémosche durante o proceso de alta se aceptas as condicións).
  2. Fagas o cambio de domiciliación da nómina coa túa empresa ou da pensión coa Seguridade Social (ou outros organismos).
  3. Recibas o ingreso na túa nova conta. Tes dous meses desde a sinatura da adhesión á campaña.
  4. O incentivo da ‘promo’ recibiralo nun prazo máximo dun mes desde ese primeiro ingreso de nómina ou pensión.

Non te preocupes, iremoste guiando a medida que avances no formulario de contratación. 

DOCUMENTACIÓN

NO BLOG