Faite cliente
CONTA CLARA: INDICADOR DE RISCO
1/6
Este número é indicativo do risco do produto, sendo 1/6 indicativo de menor risco e 6/6 de maior risco.
FONDO DE GARANTÍA
ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.

Conta autónomos sen comisións

500€

por domiciliar a túa cota de autónomo

A Conta para Autónomos de ABANCA é unha conta pensada para o pequeno negocio sen comisións e con xestión 100% en liña. Se no teu banco non pasa, pasa do teu banco.

500€ para o que queiras

Só por abrir a túa conta e domiciliar a túa cota de autónomos por un importe superior a 50€ ao mes, levas 500€(1).

Si, 500€ directos na túa conta aos poucos días do cargo da túa primeira cota en ABANCA.

Sen comisións
Sen preocupacións

Aquí non che cobramos comisión de mantemento (0% TAE).

Unha conta para autónomos con todo o que necesitas para xestionar o teu diñeiro

A túa tarxeta, como ti queiras

Coa túa Conta para Autónomos Online tes a túa tarxeta de débito gratuíta e a túa tarxeta de crédito sen comisión de emisión o primeiro ano(2). Úsaas física, úsaas virtual. Ou as dúas.

Move o teu diñeiro
Sen moverte

Transferencias sen custo
Non pagues por enviar diñeiro na UE, en euros e non urxentes, desde a túa app.

Bizum integrado
Actívao na app en segundos e comeza a enviar ou recibir diñeiro en España. Tamén poderás enviar ou recibir diñeiro a Portugal, Italia ou Andorra. Todo desde o teu móbil.

Controla os teus pagos
Personaliza as túas contas, acende ou apaga tarxetas, clasifica os teus gastos e ingresos en categorías, ¡e moito máis!

A flexibilidad que buscas

E se ademais necesitas un respaldo extra para cubrir imprevistos do día a día, podes contratar a Conta de Crédito Aberta e vinculala a esta conta para autónomos.

Grazas a ela, poderás asumir pagos como recibos, compras ou transferencias, mesmo se non tes saldo suficiente.

Solicita a túa Conta para Autónomos en só 10 minutos

O teu DNI ou NIE

E se estás traballando, tamén che pediremos información sobre a túa ocupación.

O teu móbil

Enviarémosche notificacións ao teu móbil para ir completando o proceso de contratación da conta e así poder validalo.

Un vídeo selfie

Ten a cámara activada e listo.

Seguridade para o teu diñeiro

O teu diñeiro está onde debe estar: protexido, seguro e baixo o teu control. A nosa tecnoloxía Chave ABANCA engade capas extra de seguridade a cada operación desde a túa app.

Vantaxes de contratar a Conta Autónomos

A Conta para Autónomos de ABANCA está deseñada para profesionais que buscan axilidade operativa.

Xestión Profesional de Investimentos para o teu Futuro

A Carteira ABANCA Futuro é un servizo de xestión delegada deseñado para quen busca delegar as súas decisións financeiras en mans de expertos. A través deste servizo de xestión discrecional de carteiras, os nosos xestores profesionais seleccionan por ti os fondos de investimento que consideran máis innovadores, centrados nas megatendencias que están a cambiar o mundo: sustentabilidade, demografía e tecnoloxía. É a solución ideal para investidores que desexan rendibilizar o seu capital sen necesidade de realizar un seguimento diario dos mercados sempre que estean dispostos a asumir un nivel de risco moi alto nos seus investimentos.

Un perfil de risco enfocado en acadar os teus obxectivos

Entendemos que cada meta financeira require unha estratexia clara. A Carteira ABANCA Futuro está deseñada especificamente para investidores cun perfil de risco agresivo e un horizonte temporal a longo prazo. Esta tipoloxía de carteira céntrase en maximizar a rendibilidade do teu capital, polo que está dirixida a clientes dispostos a asumir un alto risco no seu investimento.

Características da Carteira Futuro de ABANCA

Investir na Carteira Futuro non só significa posicionarse en innovación e demografía, senón tamén gozar de beneficios exclusivos:

● Bonificación de investimento ABANCA: Accede a unha bonificación do 2% en efectivo sobre o capital investido ( consultar as condicións da promoción actual ).

● Sostibilidade: Integramos fondos sostibles e criterios ESG para un investimento responsable.

● Transparencia total: Claridade nas comisións de xestión aplicables, detalladas de forma comprensible, xunto co resto de custos da carteira, antes da túa contratación.

● Seguimento dixital: Controla a evolución do teu patrimonio en tempo real desde a nosa app.

O valor diferencial: Confianza e experiencia

A principal diferenza da Carteira Futuro é o aval de ABANCA. Combinamos a experiencia técnica dos nosos xestores cunha infraestrutura de primeiro nivel. Ao elixir a nosa xestión profesional, benefíciaste dunha estratexia diversificada e dinámica que reacciona aos cambios globais por ti, en mans de especialistas.

Tamén che interesa

Coa seguridade dunha oficina preto

Banco dixital: si
900 oficinas: tamén

Non só tes ao teu xestor preto da casa, ademais poderás retirar diñeiro gratis nos caixeiros de ABANCA en España.

Tes preguntas sobre a Conta para Autónomos? Nós temos respostas

Dúbidas

Documentación

No blog

(1) Incentivo de 405€ netos, que son 500€ brutos, ata o 31 de xaneiro de 2027 para novos clientes que domicilien os Seguros Sociais por un importe mínimo de 50€/mes. Deberás mantelos durante 24 meses e asinar o compromiso de permanencia. Rendemento de capital mobiliario dinerario suxeito a retención. Non acumulable a outras campañas de domiciliación de ingresos. Non se aplicará a promoción a clientes que xa tivesen nómina, pensión ou cota de autónomo domiciliada en Abanca nalgún momento dos últimos 12 meses. No caso de incumprir o requisito de permanencia, deberás reembolsarnos a parte proporcional do incentivo bruto polos meses que resten para acadar a permanencia de 24 meses.

A Conta Online Clara é unha conta corrente non remunerada para novos clientes TIN 0%, TAE:0%, sen comisión de mantemento nin condicións, calculado para un suposto de saldo positivo diario durante un ano.

Para poder contratar esta conta só tes que ser maior de idade, vivir en España e non ser cliente de ABANCA. Unha vez contratada a conta, se queres gozar de todas as vantaxes da conta debes estar ao día cos teus pagos se tes algún préstamo, crédito ou calquera outro produto con ABANCA. Ademais, como se trata dunha conta para clientes dixitais, tes que realizar as túas operacións habituais a través da túa app ou banca electrónica.

Se vemos que vas ás nosas oficinas a realizar operacións en ventanilla como ingresos ou reintegros de menos de 600€ (que podes facer dende algúns dos nosos caixeiros) ou transferencias e traspasos (que podes facer gratis dende a túa app), durante dous meses seguidos a túa conta pasaría a ter as condicións dunha conta corrente normal, que si ten comisións de administración e mantemento, e, ademais, terías outras comisións nas tarxetas ou transferencias.

Para que non teñas que preocuparte e evitar que isto ocorra, avisarémoste previamente. Recomendámosche que consultes a FIPRE e o contrato, onde tamén cho explicamos. (2)A tarxeta Visa Ti de crédito será sen comisión de emisión durante o primeiro ano. Despois poderás seguir gozando desta tarxeta de crédito sen pagar comisión se fas compras anuais con ela por valor de polo menos 3000€. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade.

No pack da conta tamén contratarás a nosa Tarifa Plana Seguros, así se algún día contratas un seguro con ABANCA poderás pagalo en 12 mensualidades idénticas, sen intereses nin comisións (TIN 0%, TAE 0%). Poñémosche un exemplo do pago dos seguros domiciliados na túa Tarifa Plana Seguros sen ter en conta a bonificación. Supón que o importe anual das primas de todos os seguros é de 420€, o importe que terías que pagar en cada unha das doce cotas mensuais sería de 35€. Polo tanto, o importe total adebedado serían 420€. Sen comisións, TIN 0% TAE 0%. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade. Consulta as condicións da Tarifa Plana Seguros en abanca.com/tpsCCGGVer ficheiro PDF

MEDIADOR: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avda. da Mariña núm. 1, 4ª, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 no Rexistro Especial de Mediadores da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. Con seguro de responsabilidade civil profesional e capacidade financeira necesaria esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. CIF: B-70049630.

ASEGURADORAS: ABANCA Vida e Pensións de Seguros e Reaseguros, S.A.U, CIF: A15140387, con clave de rexistro na DGSFP C0628 e domicilio social na avda. da Mariña 1, 3ª, A Coruña. ABANCA Xerais de Seguros e Reaseguros, S.A., con NIF A14715270 e domicilio social na Coruña, Avda Linares Rivas 30 3ª, CP 15005. Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3407, folio 9, folla C-47133 con clave de rexistro na DGSFP C-0808. CASER, Caixa de Seguros Reunidos, Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A. con domicilio social en Avenida de Burgos, 109 - 28050 Madrid e con clave de rexistro na DGSFP C0031 e SANITAS, Sanitas Sociedade Anónima de Seguros con domicilio social en Ribeira do Loira, 52 –28042 Madrid e con clave de rexistro na DGSFP C0320. Consulta o resto de entidades aseguradoras coas que o mediador ten concertado un contrato de axencia no apartado de seguros de abanca.com