
Coida de ti.
Coida dos demais.
Como xa sabes sabes, durante os últimos meses tomamos as medidas necesarias para garantir que podemos seguir prestándoche o mellor servizo en calquera situación.
Ademais, anunciamos diversas iniciativas para reforzar o tecido empresarial nun momento tan complexo como este. E tamén puxemos á túa disposición e á do teu negocio servizos que che axudarán a vender a través de internet cunhas condicións moi vantaxosas.
Queremos seguir evitando que corras riscos innecesarios por iso estamos a mellorar as ferramentas e servizos online que che permiten xestionar as operacións diarias da túa empresa desde calquera lugar e hora, desde o teu móbil, ordenador e mesmo telefonicamente. Lembra que te apoiamos máis que nunca, a ti e ao teu negocio nas necesidades que poidades ter.
Lembrámosche que se necesitas ir a unha das nosas oficinas, debes seguir as recomendacións sanitarias e as instrucións do persoal para evitar poñer en risco a saúde de todos. Se a túa consulta non é urxente, agradecémosche que nos envíes un mail a bempresas@abanca.com, responderémosche canto antes. Coida de ti. Coida dos demais.
Axudámoste a vender por internet
</br>Sexa un comercio de toda a vida ou unha tenda online en ABANCA poñemos á túa disposición diferentes ferramentas para que vender che resulte cómodo, sinxelo e, sobre todo, seguro: tpv virtual ou portátil, servizo aplazos para financiar aos teus clientes ou descontos ao crear a túa tenda online…
E o máis importante, non necesitas coñecementos nin tecnoloxía avanzados, nin sequera unha páxina web, para que hoxe mesmo poidas realizar pequenas melloras no teu negocio que che axudarán a aumentar as túas vendas.
Liña ICO - COVID-19
Poñemos a túa disposición e a da túa empresa o préstamo ICO COVID 19 que o ICO puxo en marcha para autónomos, pemes e empresas co obxectivo de ayudar nas necesidades de liquidez polos efectos económicos do COVID-19.
Trátase duns préstamos ata 5 anos a tipo fixo para ayudarte co pago de salarios, proveedores, aluguer, subministros…
Todo o que podes facer coa túa banca a distancia
-
Banca electrónica
Podes acceder á túa banca electrónica desde esta web e terás todo o teu banco a un clic
-
As túas apps
Tes unha apps de banca móbil de empresas que che permite firmar operacións e pode facilitarte algunha das túas operacións diarias.
-
Tarxetas e caixeiros
Tes unha rede de caixeiros nos que podes facer máis cousas das que cres e se tes un comercio fomenta o pago con tarxeta.
Adianto do pago de prestacións por desemprego a afectados por ERTE
Se tes unha empresa cun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) autorizado pola Xunta de Galicia, podes solicitar o anticipo do pago da prestación por desemprego para os traballadores que aínda non recibiron o ingreso e que así cho soliciten.
Deberás xestionar o anticipo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Unha vez completado o procedemento, será a Administración autonómica a que comunique a ABANCA os datos daqueles traballadores que, tendo domiciliado o abono do SEPE na nosa entidade, poden dispoñer deste anticipo.
A partir dese momento ABANCA contactará cos devanditos traballadores e informaralles, a través da súa aplicación de banca móbil, de que xa poden tramitar o anticipo a través dun préstamo totalmente gratuíto, sen intereses nin comisións (0% TAE), que poderán formalizar online sen necesidade de acudir á oficina.
Na nosa sala de comunicación contámosche a nosa colaboración para axudar coa crise polo COVID-19
-
Doamos 150 UCIS
Compramos 150 unidades individuais de coidados intensivos para axudar aos pacientes que ingresen con insuficiencias respiratorias.
Contámosche máis » -
Axudámoste
Anticipamos o pago das pensións, lanzamos liñas de liquidez especiais e mobilizamos 8.300 millóns para mitigar o impacto do coronavirus.
<span style=”text-decoration: underline”> Anticipámonos »</span> -
Axudas para empresas
Financiamos, con aval do Estado, a empresas e autónomos afectados pola emerxencia sanitaria.
Contámosche máis medidas »
Para saber máis...
dúbidas
-
Que está a facer ABANCA en relación a crise do Coronavirus?
Temos unha páxina na que publicamos toda a información relacionada cos efectos do coronavirus. Tamen podes atopar información no noso blog, cuentasclaras.es, e se o que estás buscando é información sobre a moratoria hipotecaria anunciada polo Goberno, podes atopala no noso taboleiro de anuncios ou na nosa sección de Hipotecas.