-
Que é?
É unha ferramenta analítica para comercios que che ofrece información do teu negocio, dos clientes, da competencia…
-
Como funciona?
Verás os datos do teu negocio como nunca os viches, e terás acceso a estatísticas do teu sector e zona de influencia.
-
Que ofrece?
Que días vendes máis, como son os teus clientes ou de onde veñen… Tamén coñecerás a túa posición na clasificación respecto á competencia.
-
Canto custa?
Por ter un TPV de ABANCA, para ti esta ferramenta é totalmente gratis. Só necesitas activala desde a túa Banca Electrónica de Empresa.
Alavuelta descubre é unha ferramenta analítica que lles ofrece aos comercios e todo tipo de negocios a tecnoloxía de última xeración e as técnicas de big data que empregan as grandes compañías para tomar as decisións.
Desenvolvida integramente en ABANCA, esta aplicación está deseñada desde o seu inicio pensando en comercios e negocios, por iso Alavuelta descubre selecciona e interpreta os datos e mais a información realmente útiles para ti, e móstraos da forma e coa linguaxe e os recursos cos que xa estás familiarizado.
Con Alavuelta descubre poderás saber, por exemplo, que días realizas máis vendas; de onde proceden a maioría dos teus clientes e como son: o seu rango de idade, sexo ou cal é o importe medio das súas compras.
Ademais, e utilizando datos estatísticos agregados dos nosos clientes e da túa competencia, poderás saber por exemplo en que posto da clasificación estás respecto a outros negocios coma o teu e na túa zona ou, tamén, se o importe medio das túas vendas é mellor ou peor ca o do mes anterior ou da data que ti elixas.
Alavuelta descubre é unha ferramenta pensada para que o teu negocio creza
- Descubre información do teu negocio que descoñecías.
- Adquire un mellor coñecemento dos teus clientes: como son, de onde veñen…
- Saberás máis das túas vendas, como canto e cando vendes máis.
- E terás máis información do teu sector, e en que posición estás fronte á competencia.
- Obtén datos, aprende a tomar as decisións correctas ou como podes mellorar o negocio.
Que necesitas para acceder a Alavuelta descubre?
Ter un TPV de ABANCA, nada máis. Fácil, verdade? Para empezar a beneficiarche de toda a información que che proporciona Alavuelta descobre, só necesitas activar o servizo na túa banca electrónica de empresas, nas apartado 'Tarxetas/Comercios' > 'TPV' > 'Alavuelta'.
E se aínda non tes o teu TPV e queres contratar un, temos o servizo perfecto para ti. Podes elixir o que mellor se adapte ao teu negocio e contratalo en esta mesma web. Se tes dúbidas ou queres que cho expliquemos en persoa, solicita unha cita na oficina que ti queiras, á hora que ti queiras, sen esperas, porque sabemos que o teu tempo é moi valioso.
Dúbidas de usuarios coma ti
-
Outros comercios ou empresas poderán ver os meus datos?
Nunca! Trátase de datos agregados e anónimos. Se tes un negocio moi singular, despreocúpate: se non temos datos de polo menos cinco comercios similares non ofreceremos esa información, para que ninguén poida identificar os teus datos
-
Necesito ter un TPV de ABANCA para utilizar Alavuelta descubre?
Certo. Este é un servizo pensado e deseñado para os clientes de TPV de ABANCA. Así poderemos darche unha visión máis completa sobre o teu negocio.
-
Canto custa esta ferramenta?
Esta ferramenta é gratuíta. Ti tes un TPV de ABANCA e nós organizamos toda a información e poñémola ao teu dispor.
-
De onde sacades os datos do meu comercio e os meus clientes?
Alavuelta descubre extrae a información de toda a operativa dos teus TPV de ABANCA e das tarxetas ABANCA dos teus clientes, sen esquecer garantir en todo momento o anonimato. Canto máis operes co teu TPV ABANCA, máis completa será a visión do teu negocio que che proporciona Alavuelta descubre.
Para saber máis...
dúbidas
-
Con que frecuencia se actualizan os datos de Alavuelta descubre?
Os informes en Alavuelta descubre actualízanse de forma semanal. Desta forma poderás facer o seguimento das túas vendas e facturación de forma periódica e coñecer a evolución do teu negocio cunha frecuencia que che permita tomar decisións inmediatas.
-
A que vos referides cando falades de "competencia" en Alavuelta descubre?
Alavuelta descubre define a túa competencia como un número mínimo de tres negocios do teu mesmo sector e do teu contorno próximo. No caso de que na túa zona non dispoñas dese número de competidores reais próximos a ti, ampliaremos o radio de identificación de competidores para che proporcionarmos datos reais cos que poidas compararte.
No caso de que teñas outros establecementos é importante que saibas que, se cumpres os requisitos establecidos, poden entrar a formar parte da túa competencia.
-
Podo acceder á información do meu TPV virtual con Alavuelta descubre?
Actualmente Alavuelta descubre non contempla a información relativa ao TPV virtual, pero é unha mellora que incluiremos en futuras versións da ferramenta.
DOCUMENTACIÓN