-
Que é?
É unha ferramenta analítica para comercios que che ofrece información do teu negocio, dos clientes, da competencia…
-
Como funciona?
Verás os datos do teu negocio como nunca os viches, e terás acceso a estatísticas do teu sector e zona de influencia.
-
Que ofrece?
Que días vendes máis, como son os teus clientes ou de onde veñen… Tamén coñecerás a túa posición na clasificación respecto á competencia.
-
Canto custa?
É gratis se tes un TPV de ABANCA. Se eres cliente de ABANCA e aínda non tes tpv, podes acceder á versión de proba durante 3 meses.
Alavuelta descubre é unha ferramenta analítica que lles ofrece aos comercios e todo tipo de negocios a tecnoloxía de última xeración e as técnicas de big data que empregan as grandes compañías para tomar as decisións.
Desenvolvida integramente en ABANCA, esta aplicación está deseñada desde o seu inicio pensando en comercios e negocios, por iso Alavuelta descubre selecciona e interpreta os datos e mais a información realmente útiles para ti, e móstraos da forma e coa linguaxe e os recursos cos que xa estás familiarizado.
Con Alavuelta descubre poderás saber, por exemplo, que días realizas máis vendas; de onde proceden a maioría dos teus clientes e como son: o seu rango de idade, sexo ou cal é o importe medio das súas compras.
Ademais, e utilizando datos estatísticos agregados dos nosos clientes e da túa competencia, poderás saber por exemplo en que posto da clasificación estás respecto a outros negocios coma o teu e na túa zona ou, tamén, se o importe medio das túas vendas é mellor ou peor ca o do mes anterior ou da data que ti elixas.
Alavuelta descubre é unha ferramenta pensada para que o teu negocio creza
- Descubre información do teu negocio que descoñecías.
- Adquire un mellor coñecemento dos teus clientes: como son, de onde veñen…
- Saberás máis das túas vendas, como canto e cando vendes máis.
- E terás máis información do teu sector, e en que posición estás fronte á competencia.
- Obtén datos, aprende a tomar as decisións correctas ou como podes mellorar o negocio.
Que necesitas para contratar Alavuelta descubre?
Ter un TPV de ABANCA, nada máis. Fácil, verdade? Se aínda non o tes e eres cliente, podes acceder a unha versión de proba da ferramenta durante uns meses. Pasado este tempo, seguro que che foi tan útil que quererás contratar un dos nosos TPV.
Queres probar Alavuelta descubre? Pódelo facer da forma que che sexa máis cómoda. Se xa es cliente e xa tes TPV de ABANCA, só necesitas activar o servizo na túa banca electrónica de empresas, no apartado 'Tarxetas/Comercios' > 'TPV' > 'Alavuelta'.
Se queres contratar un TPV, pódelo facer nesta mesma web ou podes -se tes dúbidas ou queres que cho expliquemos en persoa- solicitar unha cita na oficina que queiras, á hora que queiras, sen esperas, que sabemos que o teu tempo tamén é moi valioso.
Dúbidas de usuarios coma ti
-
Outros comercios ou empresas poderán ver os meus datos?
Nunca! Trátase de datos agregados e anónimos. Se tes un negocio moi singular, despreocúpate: se non temos datos de polo menos cinco comercios similares non ofreceremos esa información, para que ninguén poida identificar os teus datos
-
Necesito ter un TPV de ABANCA para utilizar Alavuelta descubre?
Certo. Este é un servizo pensado e deseñado para os clientes de TPV de ABANCA. Así poderemos darche unha visión máis completa sobre o teu negocio. Pero se non dispós dun TPV de ABANCA podes probar Alavuelta descubre durante 3 meses sen ningún custo.
-
Canto custa esta ferramenta?
Esta ferramenta é gratuíta. Ti tes un TPV de ABANCA e nós organizamos toda a información e poñémola ao teu dispor.
-
De onde sacades os datos do meu comercio e os meus clientes?
Alavuelta descubre extrae a información de toda a operativa dos teus TPV de ABANCA e das tarxetas ABANCA dos teus clientes, sen esquecer garantir en todo momento o anonimato. Canto máis operes co teu TPV ABANCA, máis completa será a visión do teu negocio que che proporciona Alavuelta descubre.
Para saber máis...
dúbidas
-
Con que frecuencia se actualizan os datos de Alavuelta descubre?
Os informes en Alavuelta descubre actualízanse de forma semanal. Desta forma poderás facer o seguimento das túas vendas e facturación de forma periódica e coñecer a evolución do teu negocio cunha frecuencia que che permita tomar decisións inmediatas.
-
Como podo engadir un novo establecemento aos informes de Alavuelta descubre?
Se tes varios establecementos e queres engadir un novo á ferramenta, tan só debes escribir un correo electrónico a alavuelta@abanca.com indicándonos que establecementos queres monitorizar. Tras a realización das correspondentes validacións de datos, xa poderás consultar todos os datos en Alavuelta descubre.
-
Podo acceder á información do meu TPV virtual con Alavuelta descubre?
Actualmente Alavuelta descubre non contempla a información relativa ao TPV virtual, pero é unha mellora que incluiremos en futuras versións da ferramenta.
DOCUMENTACIÓN