Información sobre a Moratoria Non Hipotecaria Legal

Debido á crise sanitaria do COVID-19, e con motivo da publicación da Real Decreto-lei 11/2020 do 31 de marzo polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19 (BOE de 1 de abril de 2020), e do Real Decreto- Lei 15/2020 do 21 de abril e Real Decreto-Lei 19/2020 do 26 de maio que complementan aos anteriores contámosche en que casos poderás solicitar a aplicación da moratoria de débeda derivada dun préstamo ou crédito sen garantía hipotecaria (Moratoria Non Hipotecaria Legal).

Ten en conta que esta medida só afectará as persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade económica debido ao impacto do COVID-19. A continuación, detallámosche os aspectos máis relevantes que debes ter en conta antes de xestionar unha solicitude.

Informámoste que no caso de que non cumpras as condicións ou agotes o prazo para acollerte á Moratoria Non Hipotecaria Legal, tes a posibilidade de solicitar o Aprazamento Non Hipotecario Sectorial. Consulta as condicións.

Recordámosche que tamen tes dispoñible a solicitude da Moratoria Hipotecaria Legal e o Aprazamento Hipotecario Sectorial.

A solicitude da Moratoria Non Hipotecaria Legal comportará de forma conxunta a solicitude e estudo da concesión do Aprazamento Non Hipotecario Sectorial que puidese corresponder. Se non desexas realizar a petición de forma conxunta para que se apliquen de forma sucesiva, no suposto de cumprir coas condicións subxectivas para considerarse en situación de vulnerabilidade económica, ponte en contacto co teu xestor/oficina e indicaranche os pasos para seguir.

A que productos afecta esta medida?

A Moratoria Non Hipotecaria Legal aplicarase a calquera préstamo ou crédito sen garantía hipotecaria cando estea contratado por unha persoa física (inclúense empresarios e profesionais). A condición de que se formalizaran antes do 2 de abril de 2020.

Para poder solicitar a moratoria, o potencial beneficiario debe atoparse en situación de vulnerabilidade económica debido ao impacto do COVID-19.

Estas medidas tamén se aplicarán aos fiadores e avalistas do debedor principal sempre que estes cumpran os requisitos.

En que consiste a Moratoria Non Hipotecaria Legal e cales son os seus efectos?

Consiste na suspensión da débeda non hipotecaria durante o prazo de 3 meses, salvo ampliación por Acordo do Consello de Ministros. Durante este tempo, non se esixirá o pago da cota mensual do préstamo ou crédito nin de ningún dos conceptos que a integran (amortización de capital, nin pago de xuros) nin íntegramente, nin nunha porcentaxe. Tampouco se poderán devindicar xuros ordinarios nin de demora.

Isto non significa a condonación da débeda. Unha vez finalice o prazo da moratoria reactivarase a operación. A moratoria produce o efecto de ampliar, no seu caso, a duración do préstamo ou crédito o número de meses que dure a suspensión.

A aplicación da suspensión da débeda non hipotecaria non requirirá acordo entre as partes, nin novación contractual algunha para que surta efectos desde a data efectiva da súa solicitude.

Que se considera unha situación de vulnerabilidade económica?

Para poder optar á Moratoria Non Hipotecaria Legal deberán darse de forma acumulariva todos os supostos de vulnerabilidade económica que describimos a continuación:

a) Que o potencial beneficiario (*) pase a estar en situación de desemprego debido ao impacto do COVID-19 . En caso de ser empresario ou profesional, terase en conta se sofre unha perda substancial dos seus ingresos, ou unha caída de polo menos o 40% das súas vendas.

b) Que todos os ingresos da unidade familiar (**) non superen no mes anterior á solicitude da moratoria tres veces o Indicador Público da Renda de Efectos Múltiples mensual (IPREM):

IMPORTE IPREM MENSUAL= 537,84 €
IPREM EN CÓMPUTO ANUAL (inclúe prorrata de pagas extraordinarias): 7519,59€ x 3 (tres veces o IPREM)= 22.559€

Este índice incrementarase en función de:

  • 0,1 veces o IPREM por cada fillo (0,15 veces en caso de unidade familiar monoparental)
  • 0,1 veces o IPREM por cada persoa maior de 65 anos membro da unidade familiar.
  • No caso de que algún dos membros da unidade familiar teña discapacidade, igual ou superior ao 33%, dependencia ou enfermidade que lle incapacite permanentemente será de 4 veces o IPREM.
  • Se o debedor hipotecario ten parálise cerebral, con enfermidade mental, ou con discapacidade intelectual cun ou grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, ou é persoa con discapacidade física ou sensorial cun grao igual ou superior ao 65%, ou enfermidade grave que incapacite á persoa ou o seu coidador, será de 5 veces o IPREM.

c) Que, a consecuencia da emerxencia sanitaria, a suma da cota hipotecaria (ou o importe de renda de alugueiro da vivenda habitual), as cotas de financiamentos sen garatía hipotecaria e os gastos de subministracións básicos resulten superiores ou iguais ao 35% dos ingresos netos da unidade familiar.

d) Que, como consecuencia da emerxencia sanitaria, a unidade familiar sufrise unha alteración significativa das súas circunstancias económicas, facendo que a suma da cota hipotecaria (ou o importe da renda do alugueiro da vivenda habitual) e as cotas de financiamentos sen garantía hipotecaria se multiplicasen por polo menos 1,3.

Por exemplo, se os ingresos mensuais netos dunha unidade familiar son de 1500 €, e a cota mensual da hipoteca é de 350 € e a cota do préstamo/crédito de 150 € -> ESFORZO ACTUAL é de 0,333 (350 + 150€/1500 €).

Consideraríase alteración significativa cando ese cociente exceda do 0,433 (resultado de multiplicar 0,333 polo 1,3). Por exemplo, se os ingresos netos mensuais da unidade familiar descenden a 1000 € debido ao impacto do COVID-19, e se mantén a cota hipotecaria e a do préstamo = NOVO ESFORZO DO 0,50 (35€ +150€/1000€), que ao ser superior ao 0,433 de referencia, consideraríase unha alteración significativa da súa circunstancia económica

(*) Potencial beneficiario: quen estea facendo fronte a unha débeda sen garantía hipotecaria dos préstamos ou créditos afectados por esta medida.

(**) Como unidade familiar enténdese: o debedor, o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada e os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, inclúese aos vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada, que residan na mesma vivenda.

Como acredito a situación de vulnerabilidade financeira? Que documentación preciso?

Para poder xustificar que se cumpren todas as situacións descritas deberás presentar os seguintes documentos:

  • Certificado de desemprego expedido pola entidade xestora onde figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
  • En caso de cesamento de actividade dos traballadores por conta propia mediante certificado expido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma sobre a base da declaración do cese de actividade declarada polo interesado.
  • Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito, certificado de empadroamento da unidade familiar con referencia ao momento da presentación dos documentos e aos seis meses anteriores e declaración de discapacidade, dependencia ou incapacidade permanente.

  • Nota simple do servizo de índices expedidos polo Rexistro da Propiedade en relación con cada un dos compoñentes da unidade familiar.

  • Contratos de financiamentos non hipotecarios.

  • Declaración responsable relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos pola normativa para considerarse sen recursos económicos suficientes.

No caso de que non puideses achegar algún dos documentos detallados, tes a opción de cumprimentar unha Declaración Responsable que inclúa xustificación expresa dos motivos, relacionados coa crise do COVID-19 que che impiden tal achega.

Cando se produza o levantamento do Estado de Alarma será obrigatorio que achegues todos os documentos no prazo máximo de 1 mes.

Como e cando podo solicitar a Moratoria Non Hipotecaria Legal?

Se cumpres todos os requisitos descritos nos puntos anteriores, poderás facelo ata un mes despois do fin da vixencia do Estado de Alarma. O fin de vixencia do Estado de Alarma foi o 21 de xuño incluido; así que terás ata o 21 de xullo para solicitar a moratoria.

Para iso, deberás encher este formulario online de solicitude, no que terás que cubrir os datos económicos que che indicamos, achegar no seu caso, a documentación que consideres e asinar o documento de Solicitude de Moratoria e a Declaración Responsable.

Se tes contratado algún seguro de Protección de Pagos a través da nosa Entidade, es empregado por conta allea e indefinido e te atopas nunha situación de desemprego, ERTE ou ERE, infórmate das coberturas deste seguro e valora que solución se adapta mellor á túa situación. Pata tramitalo non é preciso acudir fisicamente á túa oficina, xa que poder iniciar o proceso a través deste formulario.

Cando saberei se me concederon a Moratoria Non Hipotecaria Legal?

A solicitude de moratoria será efectiva no momento en que aportes toda a documentación requerida ou, de non ser posible, cubras a Declaración Responsable xustificativa dos motivos de non poder achegala no momento actual.

Por exemplo, se presentas a solicitude xunto coa documentación necesaria ou a declaración responsable de non poder aportarla no momento actual, o 22 de xuño, a próxima cota que non pagarás, será a de xullo.

En ABANCA procederemos a implementar a moratoria de forma automática desde a data efectiva, sempre que cumpras coa definición do criterio de vulnerabilidade indicado pola normativa.

Informarémoste puntualmente se cumpres os requisitos e podes acollerte á Moratoria Non Hipotecaria Legal, ou no seu caso dos motivos de non poder beneficiarte da mesma.

Outras consideracións

A aplicación indebida destas medidas implicaría que:

  • Serás responsable dos danos e prexuízos, así como dos gastos xerados pola aplicación da medida de moratoria (estes non poderán ser inferiores ao beneficio indebidamente obtido pola aplicación da norma), sen prexuizo doutro orden de responsabilidade.

  • Incorrerás en responsabilidade se voluntaria e deliberadamente buscases situarte ou manterte nos supostos de vulnerabilidade económica coa finalidade de obter a aplicación das medidas contempladas na normativa.

  • Poderemos esixirche en calquera momento que nos acredites documentalmente o mantemento da situación que orixinou a concesión da medida de flexibilización.

Para saber máis...

dúbidas

DOCUMENTACIÓN