Aprazamento Non Hipotecario ABANCA

Debido á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, por parte do Goberno de España adoptáronse diversas medidas para facer fronte ao impacto económico e social, mantendo como prioridade a protección das familias, os profesionais e os empresarios.

Así, no BOE do 1 de abril publicouse o Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, en virtude do cal se estableceron medidas conducentes a permitir a moratoria derivada de todo préstamo/crédito sen garantía hipotecaria contratado por unha persoa física (incluídos empresarios ou profesionais) que padecen extraordinarias dificultades de pago como consecuencia da crise do COVID-19, (en diante a Moratoria Non Hipotecaria Legal). Con posterioridade, o 22 de abril e 27 de maio publicáronse no BOE, o Real Decreto-lei 15/2020 do 21 de abril e o Real Decreto-lei 19/2020 do 26 de maio, que complementan ao anterior e que regulan, entre outros, a elevación a público dos acordos de moratoria e o réxime especial para o tratamento dos acordos de aprazamento sectoriais.

Pola súa banda, a Confederación de Caixas de Aforro (CECA) e a Asociación Española de Banca (AEB), promoveron iniciativas sectoriais, ás que se adheriu ABANCA, que son adicionais e complementarias das medidas adoptadas polo Goberno. Entre estas medidas, atópase a posibilidade de acollerse a un aprazamento en operacións non hipotecarias (en diante o "Aprazamento Non Hipotecario Sectorial"), que poderá chegar a ser complementaria da Moratoria Non Hipotecaria Legal ou unha alternativa desta.

Para que poidas acollerte ao Aprazamento Non Hipotecario Sectorial, deberás solicitar con carácter previo a Moratoria Non Hipotecaria Legal, e unha vez finalizada (na actualidade, 3 meses), poderás acollerte ao Aprazamento Non Hipotecario Sectorial, ata un prazo máximo que, sumado ao da Moratoria Non Hipotecaria Legal, non supere o máximo previsto de 6 meses.

Se solicitando a Moratoria Non Hipotecaria Legal, non podes acollerte a ela por non cumprir todos os requisitos; pero se cumpres, os do Aprazamento Non Hipotecario Sectorial, poderás beneficiarte desta última desde o momento da data efectiva de Solicitude e polo prazo máximo indicado de 6 meses.

Polo exposto, como poderás comprobar tes a posibilidade de solicitar unha Moratoria Non Hipotecaria Legal, un Aprazamento Non Hipotecario Sectorial ou ambos, a condición de que cumpras as condicións e achegues a documentación correspondente esixida en cada caso.

Pica nas seguintes ligazóns para obter máis información.

Para saber máis...

dúbidas

DOCUMENTACIÓN