Hipoteca mixta Mari Carmen

A tranquilidade de mercar a nova casa, e saber que o tipo de xuro da túa hipoteca non varía durante os primeiros 5 anos.

A túa hipoteca a tipo fixo, durante os primeiros 5 anos

Esquécete de se os xuros soben ou baixan durante os primeiros 5 anos da túa hipoteca coa Hipoteca Mari Carmen Mixta de ABANCA. E sempre cun xestor persoal ao teu carón. Simula agora a cotaSerás redirixido a outro sitio web.


Sen
Bonificación

5 primeiros anos TXN 3,10%
Resto de periodos
Euríbor a un ano*
+1,50%
TAEVariable 4,02%
A 25 anos

Máxima
Bonificación

5 primeiros anos TXN 2,10%
Resto de periodos
Euríbor a un ano*
+0,50%
TAEVariable 4,67%
A 25 anos
*Euríbor a un ano revisable anualmente.

Características da hipoteca mixta

Sen comisión de apertura

Sen comisión de apertura e sen gastos de notaría, rexistro nin xestoría.

Mellora o tipo de xuro

Contratando determinados produtos, poderás rebaixar o tipo de xuro da hipoteca: xuro fixo os primeiros cinco anos do 2,10% e despois, euríbor a un ano + 0,50%, TAEVariable 4,67%.

Podes solicitar ata o 80%

Podes solicitar ata o 80% do menor dos seguintes valores: o de taxación da vivenda que vas mercar, ou o prezo de compravenda.

Sen comisión de apertura

Sen comisión de apertura e sen gastos de notaría, rexistro nin xestoría.

Mellora o tipo de xuro

Contratando determinados produtos, poderás rebaixar o tipo de xuro da hipoteca: xuro fixo os primeiros cinco anos do 2,10% e despois, euríbor a un ano + 0,50%, TAEVariable 4,67%.

Podes solicitar ata o 80%

Podes solicitar ata o 80% do menor dos seguintes valores: o de taxación da vivenda que vas mercar, ou o prezo de compravenda.

Queres mellorar as condicións da túa hipoteca?

Unha hipoteca adoita vincular unha persoa co seu banco durante moitos anos, por iso a nosa Hipoteca Mixta Mari Carmen ten diferentes prexos en función dos produtos que contrates de forma combinada: se tes máus produtos de ABANCA, podemos ofrecerche un mellor prezo.

*Euríbor a un ano revisable anualmente.

Non é obrigatorio que os contrates, pero poden facer que pagues menos pola hipoteca.

A bonificación máxima é do 1%, polo que poderás escoller entre os seguintes produtos: 

Dependendo da cantidade que ingreses terás unha bonificación distinta:

  • Por ingreso recorrente de 800 € ao mes ou máis e ata 2500 € (nun único apuntamento), ou se domicilias os seguros sociais (sen importe mínimo), terás unha bonificación do 0,20%.
  • Por ingreso único de 2500 € ao mes ou máis (ou 3500 € ou máis en diferentes ingresos), terás unha bonificación do 0,40%. Tamén poderás obter esta bonificación se domicilias os seguros sociais (sen importe mínimo) e mantés un saldo medio anual igual ou superior a 2000 € na conta.
  • Por ingreso recorrente superior a 800 € ao mes (nun único apuntamento) e contratación dun seguro de protección de pagamentos comercializado a través de ABANCA, polo saldo do que che resta do préstamo, terás unha bonificación do 0,40%. Ten unha prima única durante os 5 primeiros anos de 3.260,72€ e unha prima anual a partir do ano 6 de 720€.
Comercializados a través de ABANCA a nome dos titulares que garantan o 100% do saldo pendente da hipoteca na data de revisión: bonificación do 0,30%. Importe estimado da prima anual do seguro calculada para un prestameiro de 30 anos de idade: 350,66 euros.
Se contratas un seguro de fogar todo risco construción comercializado a través de ABANCA asociado á hipoteca e que teña unha cobertura polo menos igual ao maior dos valores de taxación para os efectos do seguro, manterás unha bonificación del 0,20%. Prima anual de 314€ cuns capitais de 150.000 € de continente e 12.000 € de contido (no caso de sinistro a indemnización corresponderá ao valor real do ben).
Se realizas 36 compras ao ano ou mercas con ela por un importe de, polo menos, 3000 € ao ano terás unha bonificación do 0,10%. A comisión de mantemento anual da tarxeta é de 43 € e o primeiro ano é gratuíta. A concesión desta tarxeta está suxeita á análise de riscos de ABANCA.
Por achegas / traspaso de polo menos 1500€ nos últimos 12 meses naturais a Plans de Pensións individuais comercializados en ABANCA ou por dereitos consolidados de polo menos 5000€, manterás unha bonificación do 0,10%
Se contratas Fondos de investimento comercializados a través de ABANCA cun valor liquidativo igual ou superior a 100 000 €, manterás unha bonificación do 0,10%.
Pola contratación dun sistema de alarma comercializado a través de ABANCA con domiciliación das cotas nunha conta da Entidade, manterás unha bonificación do 0,10%.

Lembra que a partir do quinto ano, ademais de revisar o cumprimento das bonificacións, tamén revisaremos o euríbor anualmente. Debes ter en conta que, no caso dos seguros de pagamentos protexidos ou de vida que te poden axudar a rebaixar o tipo de xuro da hipoteca, existen limitacións de idade. Podes atopar os detalles e outra información de interese sobre os seguros na FIPRE ao final desta páxina, tamén podes revisar as condicións xerais do contrato.

Financia ata o 80% da hipoteca, ata en 30 anos

Amosámosche un exemplo representativo do que che correspondería pagar.

Fixemos as contas por ti, amosámosche o que che correspondería pagar cunha Hipoteca Mari Carmen Mixta e as diferenzas entre contratar o préstamo de forma separada ou de contratalo de forma combinada xunto con outros produtos e/ou servizos. Lembra que estas tarifas só son válidas ata o 30 de novembro e se pides cita a través desta web.


Exemplo representativo
Hipoteca mixta
Sen bonificar Máxima bonificación
Importe 150.000€ 150.000€
Prazo 25 anos 25 anos
TAEVariable
aplicable ao empréstito
4,02% (2) 4,67% (1)
Tipo de xuro
inicial 12 meses
3,10 % 2,10 %
Cota durante
os 12 primeiros meses
719,14€(2)(3) 643,11€(1)(3)
Tipo de xuro
resto prazo
3,69 %
(Euríbor a un ano + 1,50 %)
2,69 %
(Euríbor a un año + 0,50 %)
Cota a partir
del mes 12
757,69 €(2)(3) 678,91 € (1)(3)
Última cota 758,92 €(2)(3) 679,29 (1)(3)
Xuros 74.995,23 € 51.525,38 €
Comisiones y gastos 11.786,38 € 50.232,60 €
Custo total do empréstito
en termos absolutos
236.781,61 € (2) 251.757,98 € (1)
Importe total adeudado 86.781,61 € (2) 101.757,98 €(1)

(1) Para calcular a TAEVariable, o importe das cotas, o custo total do préstamo e o importe total debido, se han calculado bajo el supuesto de formalización de la hipoteca el primer día del mes de entrega de la presente documentación, y teniendo en conta o tipo fixo inicial dos primeiros cinco anos do 2,10% e o tipo do 2,69% para el resto de períodos (suma do Euribor a un ano (2,187%) según referencia publicada no BOE de data 03-11-2025) + o marxe do 0,50%, a non ser o tipo fixo inicial superior ao do periodo variable.

(2) Para calcular a TAEVariable, o importe das cotas, o custo total do préstamo e o importe total debido, tívose en conta o tipo fixo inicial dos primeiros cinco anos do 3,10 % e o tipo do 3,69% (suma do euríbor a un ano (2,187 %) segundo a referencia publicada no BOE de data 03-11-2025) + a marxe do 1,50%, ao non ser o tipo fixo inicial superior ao do período variable.

(3) O sistema de amortización do presente préstamo hipotecario é o EPC (francés ou cota constante).

A cota mensual (C) calcúlase aplicando a seguinte fórmula:

C= P*(i/(1-(1+ i)-n)).

Onde “ P” é o capital pendente do préstamo; "i" o tipo de xuro mensual aplicable ao mes que será o resultante de dividir o xuro anual (TXN) entre 12 (o número de cotas ao ano) e "n" é o número de cotas pendentes do préstamo.

A cota mensual está composta de amortización de capital (parte que se destina a devolver o diñeiro que se prestou) e xuros (parte coa que se remunera o capital pendente de devolver).

Para calcular os xuros (I) que se pagarán na cota do mes utilizarase a seguinte fórmula:

I = P * i.

Onde "P" é o capital pendente do préstamo; e "i" é o tipo de xuro, que será o resultado de dividir o xuro anual (TXN) entre 12 (número de cuotas al año). O importe dos xuros redondéase ao segundo decimal.

Para calcular o importe da parte que corresponde a amortización de capital A teremos que restar á cota total "C" o importe dos xuros "I"; sendo a fórmula:

A = C - I.

Podes consultar máis información en abanca.com/tuprestamo

Queres saber como calculamos a TAEVariable nestes exemplos representativos?

Para el cálculo de la TAEVariable sen e con bonificación incluíronse os custes a cargo de prestameiro e os compromisos que mostramos na seguinte táboa. Para o suposto de bonificación máxima, o cálculo realizarase contando que manterás contratados con ABANCA durante toda a vida da hipoteca os productos indicados.


Comisións, compromisos
e gastos incluídos na TAEVariable
Sen bonificar Máxima bonificación
Comisión de mantemento da conta asociada 36€ trimestrais 36€ trimestrais
Taxación (inclúe IVE, 21%) 318,23 € 318,23 €
Nota simple (inclúe IVE, 21%) 18,15€ 18,15€
Seguro de danos (4)
Seguro de fogar en máxima bonificación(5)
314€ 314€
Nómina domiciliada - mínimo 800€/mes nun apunte (6)
Seguro de Proteción de Pagos (7) - 5 primeiros anos 3.260,72€ prima única
A partir do ano 6, 720€ prima anual
Alarma - coste de instalación 49€ y cuota mensual de 39,90€(8)
Seguro de vida - 350,66 € prima anual (9)

(4) Como ABANCA non comercializa seguros de danos que só cubran os riscos indicados pola normativa do mercado hipotecario, para calcular o custo deste produto simulouse un seguro do fogar (que é o máis semellante ao de danos, pero incluíndo maiores coberturas). Este importe ten carácter orientativo. De conformidade coa normativa reguladora do mercado hipotecario, para poder contratar este préstamo, requírese a subscrición durante toda a vida da hipoteca dun seguro de danos. Non é obrigatorio que o contrates con ABANCA; poderás contratalo cunha compañía aseguradora da túa elección; pero só poderás optar á bonificación do 0,20% do diferencial se o contratas a través de ABANCA e o asocias á hipoteca.

(5) Seguro do fogar do inmoble hipotecado cun capital de 150.000€ de continente e 12.000€ de contido (en caso de sinistro a indemnización corresponderá ao valor real do ben).

(6) A redución do tipo de xuro por domiciliación de nómina aplicarase tamén a calquera ingreso recorrente, sempre que se respecten os importes mínimos esixidos.

(7) Contratación dun seguro de protección de pagos asociado á hipoteca que cubra o 100% do saldo pendente (idade máxima de contratación 64 anos e 6 meses e idade máxima de renovación 66 anos e 6 meses). Os prazos de contratación poderán ser: renovación anual, ou prima única os 5 primeiros anos e a partir do ano 6 renovación anual ata o vencemento da operación. No noso exemplo representativo, e a efectos informativos, simúlase un seguro de protección de pagos de prima única durante os 5 primeiros anos de 3.260,72€ e a partir do ano 6 con renovación anual cunha prima de 720€.

(8) Contratación e mantemento dun sistema de Alarma comercializado a través da ENTIDADE e cuxo prestador de servizos sexa Sector Alarm, sempre que as cotas a pagar por dito servizo estean domiciliadas (e non sexan devoltas) nalgunha conta aberta na ENTIDADE a nome de algún dos prestatarios.

(9) Contratación dun seguro de vida comercializado a través de ABANCA (idade máxima de contratación 65 anos e 6 meses e idade máxima de renovación 69 anos e 6 meses) asociado ao préstamo. Os prazos de contratación para o seguro de vida asociado á hipoteca poderán ser: (i) renovación anual, ou (ii) prima única a 6, 8, ou 10 anos. A efectos informativos, simúlase un seguro de vida de renovación anual cuxa prima estimada é de 350,66€ para un prestatario de 30 anos de idade, e a cal permanece constante durante toda a vida da operación; dado que é complexo determinar o custo do seguro en cada renovación, xa que este poderá variar en función de múltiples circunstancias (idade, capital pendente do préstamo, impostos aplicables, estado de saúde do prestatario, etc…)

Se o prestatario non puidese contratar os seguros indicados ou, durante a vixencia do préstamo superase os límites de idade indicados, poderá acadar a máxima bonificación mediante a contratación de produtos alternativos anteriormente indicados, que compensen a redución do tipo de xuro non aplicada polos seguros. A TAE Variable verase modificada respecto á simulada, xa que non se terán en conta os custos das primas dos seguros non contratados nin a bonificación aplicable a ditos seguros, senón os custos e bonificacións correspondentes aos produtos substitutivos elixidos.

O Prestatario deberá manter aberta en ABANCA, ata a cancelación do préstamo, unha conta asociada ao mesmo na que se aboará o importe prestado e se cargarán os pagos aos que veña obrigado, derivados do dito contrato.

A TAEVariable sen e con bonificación calculouse baixo as hipóteses de que: (i) o contrato de préstamo polo importe indicado estará vixente durante toda a duración pactada, (ii) que a ENTIDADE e o Prestatario cumpran as súas obrigas nas condicións e nos prazos acordados, polo que non se incluíron as comisións e gastos que o Prestatario poida evitar se cumpre coas súas obrigas contractuais, (iii) o tipo de xuro, as comisións e os gastos mantéñense durante toda a vixencia do contrato no nivel fixado no período inicial, (iv) non se produce ningún reembolso total nin parcial durante toda a duración do préstamo, e (v) os índices de referencia non varían; polo tanto, esta TAEVariable variará coas revisións do tipo de xuro. A TAEVariable con bonificación, ademais tamén poderá variar pola aplicación das bonificacións.

Para obter a bonificación indicada, os seguros deben ser comercializados necesariamente polo mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO, S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña nº 1, 4ª planta, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044 e provisto de C.I.F: B-70049630. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Entidades aseguradoras dispoñibles no apartado de Seguros de abanca.com.

Non se incluíron no cálculo da TAEVariable os seguintes custos a cargo de ABANCA:

(i) formalización da escritura de préstamo hipotecario en Notaría,

(ii) inscrición da escritura de préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade,

(iii) os de xestoría relativos á formalización en Notaría e inscrición do préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade correspondente,

(iv) o pago do IAJD; así como os gastos de xestoría derivados do pago do mencionado imposto ante a oficina liquidadora correspondente, cando dito gasto deba ser asumido en base á normativa.

Todo o anterior non implica que ABANCA teña que concederche a hipoteca mixta. A oferta personalizada que che fagamos finalmente poderá diferir se as condicións da túa hipoteca cambian, ou se dispoñemos de información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras. Ademais, ten en conta, por favor, que as condicións deste produto só son válidas para novas formalizacións, para persoas físicas con ingresos e patrimonio en euros, dólares USA, francos suízos, libras esterlinas, pesos mexicanos, coroas suecas, coroas norueguesas ou coroas dinamarquesas declarados no momento do estudo do préstamo. Ademais, o importe destes ingresos para un único titular debe ser superior a 2.300€ mensuais (ou a conversión á divisa correspondente) e se son dous titulares, o importe mínimo de 3.500€ mensuais (ou a conversión á divisa correspondente); sempre que a contratación sexa a través desta web. Se o que estás buscando é unha subrogación ou unha novación, ven vernos a unha das nosas oficinas e estudaremos xuntos o teu caso.