Información sobre a moratoria de deuda hipotecaria

Contámosche en que casos poderías solicitar a aplicación da moratoria de débeda hipotecaria para a adquisión de vivenda habitual que se publicou o pasado 18 de marzo no Real Decreto-Lei 8/2020 de medidas urxentes e extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

Ten en conta que esta medida só afectará as persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade económica debido ao impacto do COVID-19. A continuación, detallámosche os aspectos máis relevantes que debes ter en conta antes de xestionar unha solicitude.

Esta medida só afecta as hipotecas?

A moratoria de débeda hipotecaria para a adquisición de vivenda habitual aplicarase a contratos de préstamos ou créditos garantizados con hipoteca e coa finalidade de adquirir vivenda habitual formalizadas antes do 14 de marzo. O seu debedor debe atoparse atope en determinados supostos de vulnerabilidade económica debido ao impacto do COVID-19.

Estas medidas tamén se aplicarán aos fiadores e avalistas do debedor principal respecto da súa vivenda habitual.

En que cosiste a moratoria de débeda hipotecaria?

Consiste na suspensión da débeda hipotecaria mentres estea vixente o Real Decreto. Durante este tempo, non se esixirá o pago da cota hipotecaria (nin amortización de capital, nin pago de intereses), nin se devindicarán xuros.

Isto non significa a condonación da débeda, unha vez finalice o prazo da moratoria reactivarase a operación.

Tampouco se poderá resolver anticipadamente o préstamo durante a vixencia da moratoria, nin se poderán cobrar xuros de demora.

Que se considera unha situación de vulnerabilidade económica?

Para poder optar á moratoria da débeda hipotecaria deberán darse de forma cumulariva **todos os supostos de vulnerabilidade económica que describimos a continuación:

a) Que o debedor hipotecario pase a estar en situación de desemprego debido ao impacto do COVID-19 . En caso de ser empresario ou profesional, terase en conta se sofre unha perda substancial dos seus ingresos, ou unha caída de polo menos o 40% das súas vendas.

b) Que todos os ingresos da unidade familiar non superen no mes anterior á solicitude do moratoria tres veces o Indicador Público da Renda de Efectos Múltiples mensual (IPREM):

IMPORTE IPREM MENSUAL= 537,84 €
IPREM EN CÓMPUTO ANUAL (inclúe prorrata de pagas extraordinarias): 7519,59€ x 3 (tres veces o IPREM)= 22.559€

Este índice incrementarase en función de:

  • 0,1 veces o IPREM por cada fillo (0,15 veces en caso de unidade familiar monoparental)
  • 0,1 veces o IPREM por cada persoa maior de 65 anos membro da unidade familiar.
  • No caso de que algún dos membros da unidade familiar teña discapacidade, superior ao 33%, dependencia ou enfermidade que lle incapacite permanentemente será de 4 veces o IPREM.
  • Se o debedor hipotecario ten parálise cerebral, con enfermidade mental, ou con discapacidade intelectual cun ou grao de discapacidade superior ao 33 %, ou persoa con discapacidade física ou sensorial cun grao igual ou superior ao 65%, ou enfermidade grave que incapacite á persoa ou o seu coidador, será de 5 veces o IPREM.

c) Que a cota hipotecaria máis os gastos de subministracións básicos resulten superiores ou iguais ao 35% dos ingresos netos da unidade familiar.

d) Que, como consecuencia da emerxencia sanitaria, a unidade familiar haxa sufrido unha alteración significativa das súas circunstancias económicas, facendo que a carga hipotecaria sobre a renda familiar se multiplicase por polo menos 1,3 ou no caso de ser empresario ou profesional unha caída das vendas polo menos do 40%.

Por exemplo, se os ingresos mensuais netos dunha unidade familiar son de 1500€, e a cota mensual da hipoteca é de 500 € -> ESFORZO ACTUAL é de 0,333 (500€/1500 €).

Consideraríase alteración significativa cando ese cociente exceda do 0,433 (resultado de multiplicar 0,333 polo 1,3). Por exemplo, se os ingresos netos mensuais da unidade familiar descenden a 1000 € debido ao impacto do COVID-19, e mantense a cota hipotecaria = o NOVO ESFORZO é DO 0,50 (500€/1000€), que ao ser superior ao 0,433 de referencia, consideraríase unha alteración significativa da súa circunstancia económica

Ademais, como unidade familiar enténdese: o debedor, o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada e os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, inclúese aos vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada, que residan na mesma vivenda.

Como acredito a situación de vulnerabilidade financeira? Que documentación preciso?

Para poder xustificar que se cumpren todas as situacións descritas deberás presentar os seguintes documentos:

  • Certificado de desemprego expedido pola entidade xestora onde figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
  • En caso de cesamento de actividade dos traballadores por conta propia mediante certificado expido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma sobre a base da declaración do cese de actividade declarada polo interesado.
  • Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito, certificado de empadroamento da unidade familiar con referencia ao momento da presentación dos documentos e aos seis meses anteriores e declaración de discapacidade, dependencia ou incapacidade permamente.

  • Nota simple do servizo de índices expedidos polo Rexistro da Propiedade en relación con cada un dos compoñentes da unidade familiar e escrituras de compravenda da vivenda xunto co contrato do préstamo con garantía hipotecaria.

  • Declaración responsable relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos pola normativa para considerarse sen recursos económicos suficientes.

Cando podo solicitar a moratoria?

Se cumpres todos os requisitos para solicitar a moratoria, podes facelo desde o 18 de marzo e ata 15 días despois do fin de vixencia do Real Decreto-Lei.

Para iso, deberás achegar toda a documentación que che indicamos, asinar o documento de solicitude de moratoria e entregalo por correo electrónico ao teu xestor, chama por teléfono a túa oficina e indicaránche o email onde tes que enviar a documentación. Tamen podes entregalo na túa oficina máis cercana pero recordámosche o protocolo de acceso a oficina.

A solicitude de moratoria será efectiva cando se comprobe que achegaches toda a documentación requerida. ABANCA procederá nun prazo máximo de 15 días desde a data efectica, a imprementar a solicitude se se confirma a situación de vulnerabilidade.

Outras consideracións

A aplicación indebida destas medidas implicaría que:

  • Serás responsable dos danos e prexuízos, así como dos gastos xerados pola aplicación destas medidas de flexibilización (estes non poderán ser inferiores ao beneficio indebidamente obtido pola aplicación da norma).

  • Incorrerás en responsabilidade se voluntaria e deliberadamente buscases situarte ou manterte nos supostos de vulnerabilidade económica coa finalidade de obter a aplicación das medidas contempladas no Real Decreto-Ley.

  • Poderemos esixirche en calquera momento que nos acredites documentalmente o mantemento da situación que orixinou a concesión da medida de flexibilización.

Para saber máis...

dúbidas

DOCUMENTACIÓN