Moratoria Hipotecaria ABANCA

Debido á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, por parte do Goberno de España adoptáronse diversas medidas para facer fronte ao impacto económico e social, mantendo como prioridade a protección das familias, os profesionais e os empresarios.

Así, publicáronse no BOE do 18 de marzo o Real Decreto-Lei 8/2020 de 17 de marzo e no BOE do 1 de abril, o Real Decreto-Lei 11/2020 de 31 de marzo, as medidas para facer fronte á Moratoria da Débeda Hipotecaria dos debedores en situación de vulnerabilidade económica (en diante a "Moratoria Hipotecaria Legal").

Pola súa banda, a Confederación de Caixas de Aforro (CECA) e a Asociación Española de Banca (AEB), promoveron iniciativas sectoriais, ás que se adheriu ABANCA, que son adicionais e complementarias das medidas adoptadas polo Goberno. Entre estas medidas, atópase a posibilidade de acollerse a unha Moratoria Hipotecaria (en diante a "Moratoria Hipotecaria Sectorial"), que poderá chegar a ser complementaria da Moratoria Hipotecaria Legal ou unha alternativa desta.

Para que poidas acollerte á Moratoria Hipotecaria Sectorial, deberás solicitar con carácter previo a Moratoria Hipotecaria Legal; e unha vez finalizada esta última (na actualidade, 3 meses), poderás acollerte á Moratoria Hipotecaria Sectorial, sempre tendo en conta que a suma das dúas non poderá exceder o prazo máximo de 12 meses establecidoo para a Moratoria Hipotecaria Sectorial.

Se solicitando a Moratoria Hipotecaria Legal, non podes acollerte a ela por non cumprir todos os requisitos; pero se cumpres os da Moratoria Hipotecaria Sectorial, poderás beneficiarte desta última desde o momento da data efectiva de Solicitude e polo prazo máximo indicado de 12 meses.

Polo exposto, como poderás comprobar tes a posibilidade de solicitar unha Moratoria Hipotecaria Legal, unha Moratoria Hipotecaria Sectorial ou ambas, a condición de que cumpras as condicións e achegues a documentación correspondente esixida en cada caso.

Pica nas seguintes ligazóns para obter máis información.

Para saber máis...

dúbidas

DOCUMENTACIÓN