Ir al contenido principal
Ir a menú accesibilidad
Abanca
Particulares Empresas Banca Persoal Atención ao cliente
GL
ES
EU
CA
Oficinas Faite cliente Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Para a túa empresa
  • Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Contas e aforro
  • Tarxetas
  • Créditos
  • Hipotecas
  • Seguros
  • Investimento e bolsa
  • Plans de pensións
  • Programa Servizos ABANCA
  • Todos os produtos
  • Banca persoal
  • Banca privada
  • Atención ao cliente
  • Preguntas frecuentes
  • Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
  • Español
  • En euskera
  • En català
Contas e aforro
Tarxetas
Créditos
Hipotecas
Seguros
Investimento e bolsa
Plans de pensións

Accións, bolsa e mercados

Chegou o momento de sacarlle partido aos teus aforros. Temos as ferramentas e os servizos que necesitas para que tomes as mellores decisións sobre os teus investimentos e, ademais, poderás empezar a investir con moi pouco

Cada día un extenso equipo humano e técnico traballa para manter a nosa oferta na vangarda da xestión en bolsa. Economistas, xuristas, matemáticos e outros expertos traballan coa misión de ofrecer os produtos e as ferramentas que necesitas para mellorar a túa situación patrimonial, e para que o poidas facer de forma cómoda, eficaz e rigorosa.

Tanto se é a primeira vez que vas operar en Bolsa e intentar obter rendibilidade do teu diñeiro coma se xa coñeces o funcionamento dos mercados de valores, en ABANCA ofrecémosche unha ampla gama de produtos e servizos que se adaptarán ás túas necesidades.

Opera en bolsa co bróker online

Se sabes do que falamos, consulta directamente o noso bróker online. Se estás a empezar, antes de facelo debes ter en conta que investir nos mercados implica un risco. Se a evolución dos mercados de valores non é a esperada, o seu valor pode ter unha evolución negativa e poderías ter que asumir perdas.

Todos os nosos clientes teñen ao seu dispor un bróker online para operar na bolsa de forma fácil e eficaz. Trátase dunha plataforma web con todo o que necesitas para seguir a evolución da bolsa nacional e internacional, abrir unha conta de valores, mercar e vender accións… Ademais, permite agrupar todas as operacións nunha Conta Valores con tarifas moi competitivas para as túas transaccións

Para empezar a utilizar o noso bróker online:

  • se xa es cliente de ABANCA,só necesitas as claves da banca a distancia para darte de alta, se aínda non as tes podes solicitalas e enviarémoschas rapidamente.
  • se aínda non es cliente de ABANCA, faite cliente agora completamente online ou visita unha das nosas oficinas e abre unha Conta Valores.
  • se o que buscas é un asesoramento totalmente personalizado, visita unha das nosas oficinas e os nosos xestores especializados farán unha proposta de inversión segundo as túas preferencias, obxetivos e situación económica.

Subscríbete ao noso boletín de mercados

Xa podes recibir periodicamente no teu email o noso boletín de mercados, un documento elaborado polos nosos expertos en investimento e bolsa para clientes coma ti. Nel atoparás a evolución dos índices de renda variable, análises de mercados, as claves macroeconómicas do mes, e moito máis!

  • Quero subscribirme Serás redirixido a outro sitio web

Abrir unha Conta de Valores, o primeiro paso antes de investir na bolsa

Para investir na bolsa o primeiro que necesitas é unha Conta valores desde a que administrarás a túa carteira de accións. Terás todos os movementos con valores, agrupados e ordenados para que os consultes cando queiras.

A Conta Valores está asociada a unha conta corrente, na que cargaremos o importe das túas ordes de compra, as comisións relacionadas coas operacións e custodia dos valores que deposites etc. Tamén será aí onde se ingresará o diñeiro procedente da venda de accións e dereitos, ou o cobramento de dividendos.

Se aínda non tes unha Conta de Valores, podes contratala desde o bróker online co usuario e o contrasinal da túa banca a distancia.

Cales son as comisións de operar na bolsa?

Se realizas as túas operacións a través do bróker online desde a túa banca electrónica ou app, terás unha tarifa plana por operación, en función do volume da compravenda e do mercado no que queiras operar. Se queres, contámosche a información sobre as nosas tarifas.

Lembra que, coma en calquera operación bolsista, deberás aboar as taxas e mais os canons da bolsa, que son comúns para todas as entidades, ademais activa o servizo gratuíto de e-correspondencia e evitarás os gastos de correo.

Ten en conta que todo o que che contamos aquí ten fins exclusivamente informativos, e non constitúe ningunha recomendación nin oferta personalizada.

Que está a pasar hoxe nos Mercados de Valores?

Poñemos ao teu dispór toda a información sobre mercados e oportunidades de inversión que tomes as decisións que mellor se adapten a ti.

Buscador de accións

Máis información

ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA), entidade supervisada pola Comisión Nacional do Mercado de Valores, advirte que toda a información publicada nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e elaborouse sen tomar en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.

A información proporciónase exclusivamente a efectos informativos e publicitarios sen que poida estimarse como elemento determinante para a toma de decisións por parte do usuario, xa que non constitúe un indicador fiable de resultados futuros. ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información aquí exposta, pola súa inexactitude, integridade, veracidade e/ou corrección.

Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información aquí contida por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA. A adquisición de instrumentos financeiros conleva riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor. A natureza e alcance do risco dependerá do tipo de instrumento.

A modo de resumo, os principais riscos que debe asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de tipo de cambio, de cambio de divisas, de crédito, de interese e de falta de liquidez. Outros riscos atenden a moi diversas orixes e circunstancias: contornas políticas, económicos e sociais en xeral.

Para saber máis...

dúbidas

  • Para saber máis

DOCUMENTACIÓN

  • Consulta a información sobre a normativa MiFID ou a directiva sobre mercados de instrumentos financeiros.
En que podemos axudarche?

Sobre ABANCA

Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
Información corporativa Serás redirixido a outro sitio web
Presenza internacional
Banesco Internacional Serás redirixido a outro sitio web
Axentes Financeiros
Traballa en ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Contáctanos
Servizo de Atención ao Cliente
Seguridade

Aspectos legais

Política de privacidade
Somos accesibles
Política de cookies
Configuración de cookies
Aviso legal
Taboleiro de anuncios
Información MIFID
Outra información legal

Máis webs da rede ABANCA

Cuentas Claras: Blog de ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente empresas Serás redirixido a outro sitio web
Bróker online Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Servicios Financieros Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA USA Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Portugal Serás redirixido a outro sitio web
Escogecasa Serás redirixido a outro sitio web
Tusitiodecompras.es Serás redirixido a outro sitio web
Open Banking Serás redirixido a outro sitio web

Produtos

Contas e aforro
Tarxetas
Hipotecas
Créditos
Seguros
Plans de pensións
Particulares
Empresas e Autónomos
Banca Persoal
Banca Privada
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Logo da UNEP - Ligazón aos asinantes dos Principios de Banca Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Logo de PRI - Ligazón ao directorio de asinantes dos Principios para o Investimento Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
©2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Texto

Filtros de cor

Seleccionar cores