Carteira ABANCA Responsable

Un servizo de xestión de carteiras que inviste con criterios de sustentabilidade ambiental, social e de bo goberno (ESG).

Investimentos xestionados polos nosos expertos

O noso equipo de profesionais expertos en mercados e investimento encárgase do 100% da xestión da túa carteira de fondos de investimento.

Contamos cun modelo de investimento propio que combina unha estratexia avanzada e personalizada para xerar propostas de investimento adaptadas ao perfil de cada cliente. É importante ter en conta que os produtos contratados neste servizo son fondos de investimento que levan riscos e poden supoñer perdas no capital investido.

Explicámosche todos os detalles da estratexia Alpha 360

Leva un 2% de bonificación

Goza dunha bonificación en efectivo do 2% do importe achegado cun límite máximo de bonificación de 6.000€. O investimento inicial mínimo é de 60.000€, cun compromiso de permanencia de 30 meses. ¡Promoción válida ata o 31 de maio de 2026!

Condicións da promoción

Carteira ABANCA Responsable: estratexia de investimento

Solución flexible que combina activamente oportunidades de mercado, eficiencia da xestión pasiva e o compromiso coa sustentabilidade.

  • Polo menos o 75% da carteira invístese en fondos de investimento que promoven características ambientais ou sociais ou teñen un obxectivo sustentable.
  • Destínase un mínimo do 5% a investimentos sustentables. Seleccionamos fondos de xestoras internacionais e ABANCA, priorizando aquelas asinantes dos Principios de Investimento Responsable (PRI).

Características da carteira

Perfil de investidor

Dispoñible para perfís de risco Conservador (VaR* ≤ 5%), Moderado (VaR ≤ 10%) e Decidido (VaR ≤ 15%), axustados á regulación MiFID II.

Horizonte temporal

Recomendada para un horizonte de investimento a medio prazo (3 anos para Conservador/Moderado) ou longo prazo (5 anos para Decidido).

Capital inicial

Orientada a patrimonios cun investimento mínimo a manter de 60.000 €.

Investimento Intelixente

O noso modelo de Investimento Intelixente combina a experiencia do equipo humano e a intelixencia artificial

(*) VaR: Valor en risco anual ao 95% de confianza. É unha medida de xestión de riscos cuxa cifra mide a perda máxima esperada a un ano cun 95% de confianza.
Lembra que poderás dispor do teu investimento solicitando unha cancelación parcial ou total do servizo, ten en conta que o reembolso das participacións nos fondos de investimento tardará uns días desde que o solicites. Se cancelas o servizo antes dos horizontes temporais recomendados pode aumentar o risco de perda do capital investido.
Consulta a información completa sobre os riscos dos produtos de investimento e o resto das características ao final da páxina

Adaptámonos a ti

Todas as nosas decisións de investimento apóianse no noso modelo propio, Alpha360. Este sistema combina a potencia dos algoritmos e da intelixencia artificial coa experiencia do noso equipo humano para analizar os mercados, valorar activos e construír carteiras diversificadas, aliñadas cos teus obxectivos.

Comisións da carteira

Para o servizo de Xestión Discrecional de Carteiras, podes elixir entre dous tipos de comisións. En ambos casos, hai que sumar os custos propios dos fondos nos que se inviste.

As comisións incrementaranse co IVE vixente. O custo máximo do servizo é:

  • Tarifa Fixa: Un máximo do 0,95% anual sobre o patrimonio xestionado (o que equivale a un 1,15% co IVE incluído).
  • Tarifa Mixta: Un máximo do 0,80% fixo anual (0,97% co IVE incluído), máis unha comisión variable do 10% sobre as plusvalías (12,1% co IVE incluído).

Falemos do teu futuro

Se consideras que a Carteira ABANCA Responsable se axusta aos teus obxectivos e valores de investimento, o noso equipo de xestores está á túa disposición para proporcionarte toda a información que precises, sen ningún compromiso.

As decisións intelixentes comezan escoitando

Por iso presentamos o nosos podcast de Investimento Intelixente, onde conversamos con expertos en aforro e investimento da man de Finect Talks. Non perdas ningún capítulo!

En canto á información sobre as principais características e riscos dos fondos de investimento, atópanse no folleto explicativo e no documento cos datos fundamentais para o investidor do fondo, que está á súa disposición, xunto co resto da documentación legal exixible, nas oficinas, na Sociedade Xestora, así como na páxina web da CNMV e nesta web.

ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA) advirte que toda a información publicada nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e elaborouse sen ter en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.

A información proporciónase exclusivamente a efectos informativos e publicitarios sen que poida estimarse como elemento determinante para a toma de decisións por parte do investidor. ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información aquí exposta. Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información aquí contida por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA.

A adquisición de instrumentos financeiros leva asociados riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor e que poden supoñer perdas no capital investido polo investidor, podendo supoñer a perda total do capital investido. Poderás dispor do teu investimento, mediante o reembolso das participacións nos fondos de investimento, en poucos días asumindo as posibles ganancias ou perdas.

É importante ter en conta o horizonte temporal da carteira xa que solicitar a cancelación do servizo antes de que remate o horizonte recomendado pode implicar que se asuma un maior risco de perda no capital investido.

A natureza e alcance do risco dependerán do tipo de instrumento. A modo de resumo, os principais riscos que debe asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de cambio de divisas, de crédito, de xuro e de falta de liquidez. Outros riscos atenden a moi diversas orixes e circunstancias: contornas políticas, económicas e sociais en xeral.

Atopa toda a información sobre o modelo de banca responsable e sostible de ABANCA, así como sobre a Política de Investimento Responsable e Integración de Riscos de Sostibilidade

Condicións da promoción: Oferta válida ata o 31 de maio de 2026 para achegas a novos Contratos de Xestión Discrecional de Carteira abertos ata trinta días antes da adhesión á mesma, mediante achegas de efectivo que supoñan un incremento na posición global do cliente en ABANCA de acordo coas condicións da promoción. Abonarase en efectivo o 2% do importe captado sempre que se acade o importe total mínimo comprometido de entrada ("Importe mínimo") cun máximo de bonificación de 6.000€. Investimento mínimo e a manter de 20.000€ no caso de Carteira ABANCA 360 e de 60.000€ para as Carteiras ABANCA Equilibrio, Carteira ABANCA Responsable e Carteira ABANCA Futuro e compromiso de permanencia de 30 meses.