Menu

Política de privacidad para que ABANCA Corporación Bancaria, S.A contacte contigo

1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?

O responsable do tratamento dos teus datos é ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, “ABANCA”), co NIF A-70302039 e domicilio social en Betanzos (A Coruña - España), R/ Cantón Claudino Pita, núm. 2, CP 15300.

En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos Persoais, formalmente designado, co que podes poñerte en contacto se o necesitas escribindo a privacidad@abanca.com.

2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?

Debes saber que os datos que tratamos neste caso son os datos identificativos e de contacto que nos facilitas de forma directa a través do presente formulario, así como o dato relativo á túa voz no caso de manter unha conversación telefónica contigo, e que as finalidades do tratamento son as que che indicamos no seguinte apartado (apdo. 3).

En particular, tratamos os seguintes datos de carácter identificativo e de contacto: nome e apelidos, número de teléfono, correo electrónico e, de ser o caso, documento de identidade (DNI ou pasaporte, NIF ou NIE).

3. ¿Para qué y con qué legitimación tratamos tus datos?

Os datos de carácter persoal que se sinalan no apartado anterior (apdo. 2) serán utilizados, baseándose na execución das túas correspondentes solicitudes, para:

a) Contactar telefonicamente contigo e poder darche a información oportuna sobre o/os produto/s ou servizo/s no/s que te interesaches. Informámoste de que as conversacións realizadas coa finalidade de xestionar a túa solicitude poderán ser gravadas.

b) Remitirche información por correo electrónico sobre o/os produto/s ou servizo/s no/s que te interesaches.

Así mesmo, os referidos datos sobre ti serán utilizados, baseándose no interese lexítimo de ABANCA en mellorar a calidade do servizo e a atención que lles presta aos interesados, para tramitar e xestionar adecuadamente a suxestión que realizaras a través do apartado web correspondente. De forma previa á realización deste tratamento, levamos a cabo unha ponderación entre os teus dereitos e o interese lexítimo de ABANCA, concluíndo que prevalece este último. Podes consultar a análise de ponderación que realizamos poñéndote en contacto co noso Delegado de Protección de Datos no seguinte enderezo de correo electrónico: privacidad@abanca.com.

De ser o caso, poderás opoñerte ao envío da información sinalada nos apartados a) e b) anteriores ou a que continuemos tramitando e xestionando a túa suxestión -apdo. c)- en calquera momento e de forma gratuíta remitíndonos un correo a bajas@abanca.com. Nese correo terás que identificarte, manifestar a túa oposición e indicar no Asunto: “Baixa. Formulario de contacto web”.

4. Con quen compartimos os teus datos?

Os datos que nos facilitas para as finalidades que se indican no apdo. 3 poderánselles comunicar a provedores de ABANCA (denominados encargados do tratamento) para a prestación de determinados servizos en nome e por conta de ABANCA (p. ex. servizos de ‘call center’ para a realización das chamadas telefónicas solicitadas). A este respecto, informámoste de que seguimos uns estritos criterios de selección de provedores de servizos e subscribimos con cada un deles o correspondente contrato de encargado do tratamento, no que se establecen as condicións de confidencialidade, seguridade e de tratamento de datos consonte a normativa vixente en cada momento.

Con todo, informámoste de que os datos facilitados no presente formulario web non serán obxecto de cesión a ningún terceiro para que trate os teus datos persoais cos seus propios fins, agás que exista unha obriga legal aplicable a ABANCA que requira esta cesión de datos a terceiros.

5. Está prevista algunha transferencia internacional?

Determinadas sociedades que lle prestan servizos a ABANCA están situadas fóra da Unión Europea, o que implica a realización de transferencias internacionais de datos. Neste sentido, ABANCA garante a aplicación de medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axustadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.

Calquera comunicación de datos que se produza a terceiros localizados en países fóra do Espazo Económico Europeo (EEE) estará suxeita a un nivel adecuado de protección que garanta a seguridade e a lexitimidade do tratamento dos teus datos persoais, consonte o disposto na normativa vixente que resulte de aplicación.

Para máis información sobre as transferencias internacionais de datos e os mecanismos de garantía aplicados, podes dirixirte ao Delegado de Protección de Datos de ABANCA no seguinte enderezo de correo electrónico: privacidad@abanca.com.

6. Por canto tempo conservamos os teus datos?

Os datos persoais conservaranse exclusivamente durante o prazo necesario para poder tramitar e/ou xestionar a túa solicitude de información relativa aos correspondentes produtos/servizos, ou ás suxestións que, de ser o caso, formules a través da web. Unha vez transcorridos tres (3) meses desde a última xestión que realicemos contigo en relación co asunto formulado, procederase ao bloqueo dos datos e á posterior eliminación.

7. Cales son os teus dereitos?

A normativa de protección de datos confíreche unha serie de dereitos en relación co tratamento dos teus datos persoais:

  • Dereito de acceso. Podes coñecer que tipo de datos estamos tratando e as características do tratamento que estamos levando a cabo.
  • Dereito de rectificación. Podes solicitar a modificación dos datos cando estes sexan inexactos ou incompletos.
  • Dereito de portabilidade. Podes obter unha copia nun formato interoperable dos datos que se estean a tratar.
  • Dereito á limitación do tratamento nos casos recollidos na Lei.
  • Dereito de supresión. Podes solicitar a supresión dos datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
  • Dereito de oposición. Podes solicitar o cesamento no envío de comunicacións comerciais nos termos sinalados anteriormente.
  • Dereito a interpoñer unha reclamación fronte á autoridade de control (en España, a Agencia Española de Protección de Datos: https://www.aepd.es).

Podes exercitar os teus dereitos dirixíndote por escrito ao noso Servizo de Atención ao Cliente a través do enderezo de correo electrónico atencioncliente@abanca.com ou a través do enderezo postal Rúa Nova, 1 - Entreplanta, 15003, A Coruña. Na túa comunicación terás que identificarte, sinalar o dereito que desexas exercitar e indicar no Asunto: “Dereitos RXPD. Formulario de contacto web”.

Na páxina web da Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) podes atopar unha serie de modelos que te axudarán no exercicio dos teus dereitos.