Preocúpate só do teu futuro
ABANCA Estuda é un programa que reflicte o compromiso social da actividade financeira de ABANCA. As condicións destes produtos son unha forma de axudar as persoas que desexan construír o seu futuro, e que contribuirán ao conxunto da sociedade en que día a día vivimos e traballamos.
- Escríbenos /gl/axuda/contacto/#contacto
- Solicítaos agora https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/GL/4_abanca_estudia/J
-
Préstamo Mestrado
Ofrecémosche o finanzamento que necesitas para facer un mestrado ou un programa de postgrao. Inclúe ata 44.000 € para a matrícula e os gastos de mantemento do proxecto educativo que che axudará a ser un mellor profesional.
-
Adianto de Bolsas MEC
Se o Ministerio de Educación e Cultura che concedeu unha axuda para realizar os estudos, do nivel e tipo que sexan, podemos ofrecerche un adianto para axudarche ata que recibas o importe da bolsa. Cun límite máximo de 5000 € que poderás devolver ata en 10 meses.
-
Préstamo Grao
Axudámosche a conseguir a mellor formación para os teus fillos co Préstamo Grao. Inclúe ata 30.000 € para afrontar a matrícula e os gastos dos centros universitarios que ti elixas.
-
Préstamo Grao UIE
A UIE, a Universidad Intercontinental de la Empresa, ofrece varias titulacións de grao da única universidade privada de Galicia. Con estes préstamos poderás afrontar os custos de matrícula, con ata 30.000 €.
-
Préstamo Postgrao UIE
O UIE tamén che oferta no seu catálogo formativo programas de postgrao. Con estes empréstitos poderás cubrir os custos de matrícula e gastos de mantenza ata 24.000 euros.