Préstamo ABANCA Estudia UIE

Axudámosche a formarte na destacada universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), con préstamos a un tipo de xuro moi interesante, froito do compromiso social de ABANCA. E con outras vantaxes para que te convertas no profesional que desexas ser.

A única universidade privada de Galicia

Deseñado especificamente para as titulacións de grao e posgrao da UIE.

Ata 60.000€

Solicita desde 5000€ e ata 60.000€, e devólveo entre dous e oito anos.

Para matrícula e gastos

Este préstamo cobre o total da matrícula e os gastos do día a día.

Para ti ou para os teus fillos

Solicita financiamento para os teus estudos universitarios ou os dos teus fillos.

Empeza a pagar máis tarde

Ofrecémosche a opción de empezar a devolvelo pasados ata 48 meses e durante eses meses só pagas xuros.

Dispón só do diñeiro que necesites

E só che cobraremos xuros polo diñeiro disposto.

Financiamento para estudos universitarios

Se vas cursar ou xa estás a cursar estudos na Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), en ABANCA queremos axudarte co financiamento para que só teñas que preocuparte pola túa formación.

O Préstamo ABANCA Estuda UIE cobre o total da matrícula, cun máximo de 60.000 euros. Ademais, tamén podes solicitar ata un 15% do importe da matrícula e outros custos ou honorarios académicos para facer fronte aos gastos do día a día mentres estudas.

Comeza a pagar máis tarde

Co Préstamo ABANCA Estudia UIE gozarás dunha carencia no pago do capital de 12, 24, 36 ou 48 meses. Deste xeito, ata que remate o prazo de carencia que escollas, non terás que devolver o capital e só pagarías os xuros correspondentes ao diñeiro disposto, é dicir, ao diñeiro que gastases. A carencia que podes solicitar non poderá superar a metade do prazo do préstamo.


Exemplo para 12.000€

Importe12.000€1
Prazo4 anos (48 meses)
Carencia do capital2 anos (24 meses)
TIN6,55%
TAE9,35%
Cota de xuros en período de carencia32,75€ 1er año; 65,50€ 2º año
Cota despois de carencia534,83€
Última cota534,72€
Importe total debido14.746,81€
Custo total do préstamo2.746,81€2
Falamos?

Axudámoste a que o financiamento non free o teu futuro.
Pide cita agora na túa oficina ABANCA máis próxima.

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

DOCUMENTACIÓN

NO BLOG