Imaxe

As túas tarxetas de crédito ABANCA danche máis

Sorteamos tres tarxetas regalo de 1000€ cada unha

Que tes que facer para participar? Pois moi fácil, solo tes que aprazar as túas compras desde o móvil e cun só clic, con calquera das opcións que tes á túa disposición. Con cada operación, obterás unha participación no sorteo.

Tamén podes conseguir participacións con Diñeiro Express e Diñeiro Instantáneo, a fórmula de ABANCA coa que podes traspasar fondos desde a túa tarxeta de crédito á túa conta ao instante. Por cada operación que realices desta forma recibirás unha participación. Realizaranse tres sorteos, un cada mes.

Canto máis uses as túas tarxetas de crédito ABANCA, máis posibilidades terás de gañar! Esta promoción é válida ata o 31 de agosto de 2019.

Consulta as bases da promoción para coñecer detalladamente a mecánica do noso sorteo e, en concreto, as operacións incluídas na mesma.

imagen-landing-tarjetas

As túas tarxetas teñen superpoderes

Con elas podes pagar onde queiras, mercar por internet de forma segura, sacar diñeiro en efectivo, levar un control pormenorizado dos gastos... E moito máis!

Porque aínda que as levas todo o día contigo, seguro que hai unha morea de cousas que aínda non sabes das túas tarxetas. Por exemplo: sabías que tes seguros que te protexen cando as usas? Ou que che permiten gozar de descontos en hoteis, viaxes ou estacións de servizo?

E hai máis cousas, por iso temos un espazo onde che contamos as diferentes vantaxes das túas tarxetas, como que poden axudarche a aforrar. Como? Non o sabías? Non coñeces a Conta Peto?

mano-tpv-azul

Tes a tarxeta que mellor se adapta ás túas necesidades?

Porque queres pagar aquí, no estranxeiro, hoxe, a final de mes ou ao teu propio ritmo. Temos unha tarxeta para cubrir as túas necesidades e facer a túa vida máis cómoda. Descubre que tarxeta necesitas, de débito ou de crédito. E se tes dúbidas, consúltanos en calquera das nosas canles!