Copiloto
Todo sobre o teu seguro de coche

As túas coberturas e asistencia explicadas para que as entendas, un glosario con termos aseguradores que che interesa coñecer, ¡e moito máis!

As túas coberturas

O Seguro de Coche ABANCA é personalizable, polo que poderás seleccionar o teu nivel de tranquilidade e as coberturas que queiras desfrutar e que mellor se adapten a ti respondendo a unhas sinxelas preguntas. Consulta os límites deste seguro nas condicións xeraisVer ficheiro PDF.

E se precisas máis...

As seguintes coberturas son opcionais e complementarias, polo que deberás contratalas de forma expresa. Contámoschas, seguro que che interesa!

Ás veces as aseguradoras falamos unha linguaxe un pouco estraña

Sinistro, valor venal, tomador… Para axudar a que entendas mellor o teu seguro de coche, preparamos para ti un glosario cos termos aseguradores máis habituais.

ON-OFF: ti elixes que e cando

Apaga e acende certas coberturas complementarias desde a túa app de ABANCA, en calquera parte do mundo e para que as teñas dispoñibles só cando realmente as necesites.

Con respostas ás túas preguntas

Seleccionamos as respostas máis habituais ás preguntas que podes facer sobre este seguro. Se tes algunha dúbida para a que aquí non atopas resposta, nesta web tes diferentes formas de contacto onde che podemos axudar (teléfono, correo electrónico, redes sociais, buscador de oficinas…). Póñate en contacto connosco da forma que che sexa máis cómoda, estamos ao teu servizo!

E se queres máis información…

Podes consultar as condicións xerais deste seguro, que inclúen o detalle completo das coberturas, indemnizacións e moito máis.