Co Seguro de Saúde de ABANCA escolles con quen queres tratarte
Máis de 59.000 especialistas
+200 clínicas propias
250 centros médicos propios
Atención médica 24h
Bordámolo en proximidade. Co servizo de VideoConsulta e Consulta Telefónica do Seguro de Saúde de ABANCA accedes a atención médica as 24 horas. Terás especialistas dispoñibles desde onde queiras, cando queiras, desde a túa app.
Xestiona todo desde o teu móbil
Bordámolo en dixital. Esquece as listas de espera. Pide cita directamente co especialista que necesites, desde a túa app Mi Sanitas + Blua. Poderás consultar ademais o teu historial, receitas e resultados de probas médicas.
Reembolso do 50%
Bordámolo en beneficios. Poderás acceder a un 50% de reembolso en farmacia. Devolverémosche ata 100€ ao ano por cada cobertura por asegurado.
Coñece as modalidades do seguro de saúde ABANCA
Saúde
ESENCIAL
Saúde
COMPLETO
Saúde
REEMBOLSO
Personaliza o teu seguro de saúde: escolle entre as seguintes coberturas
Pack Vida Familia
Pack Vida Diaria
Pack +60
Asistencia Dental Máis
Reembolso de especialidades médicas
Pack Autónomos e Protección de Pagamentos
Complemento Clínica Universidad de Navarra
Págao mes a mes
E tamén destacamos en flexibilidade. Porque en ABANCA podes agrupar os teus seguros e pagalos nun só recibo, mes a mes, coa Tarifa Plana Seguros. É dicir, que podes dividir o pago dos teus seguros comercializados por ABANCA, sen intereses nin comisións (TIN 0%, 0% TAE)*.
Ademais, engadindo máis modalidades á Tarifa Plana Seguros podes aforrar ata un 7%. Tamén poderás aprazar en dous pagos ao ano e terás un teléfono específico para consultas.
¿Tes preguntas sobre o Seguro de Saúde? Nós respostas
Se traes o seguro de saúde doutra compañía poderaste beneficiar dunha supresión dos períodos de carencia. Así, por exemplo, se acreditas que tiveches cobertura do seguro durante máis de 12 meses, e estás ao corrente de todos os pagamentos, non terás período de carencia. Só se manterán os períodos de carencia nas seguintes coberturas: no seguimento do embarazo na modalidade Esencial e o parto, a cirurxía robótica e a reprodución asistida, nas modalidades de Completo e Reembolso.
Se desexas cambiar de compañía, recoméndase avisar con polo menos 2 meses de antelación. Deste modo, ABANCA poderá xestionar a alta da nova póliza con suficiente tempo e isto permitirache notificar a cancelación da póliza actual dentro do prazo establecido de 1 mes.
Ademais, lembra que se traes o teu Seguro Saúde a ABANCA poderás beneficiarte da Tarifa Plana de ABANCA Seguros, que inclúe o fraccionamiento das cotas, o adiamento de ata 2 mesesno pagamento, sen xuros nin comisións, e unhas bonificacións que poden chegar ata un 7%.
DOCUMENTACIÓN
Podes consultar todo o detalle das coberturas e as condicións no apartado de documentos.
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Aseguradoras: ABANCA GENERALES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A., con CIF A-14715270, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Folla C-47133, Tomo 3407 e Folio 9, con domicilio social en Avda. Linares Rivas, 30 - 3, A Coruña, 15005, A Coruña, con número de inscrición no Rexistro administrativo de entidades aseguradoras e reaseguradoras da DGSFP C0808 e Sanitas Sociedade Anónima de Seguros con CIF A28037042 e domicilio social na r/ Ribeira do Loira 52, 28042 Madrid, España, inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid e na DGSFP coa clave C0320, en réxime de coaseguro, participando ao 50 % cada unha delas no coaseguro.
Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia.
(*)Se adxuntas o teu Seguro de Saúde de 600€ e o teu Seguro de Coche de 600€ á Tarifa Plana Seguros poderás dividir o pago en 12 meses e pagar 100€ ao mes de cota. Polo tanto, o importe total adebedado sería 1200€. Sen comisións, TIN 0%, TAE 0%. Consulta as condicións xerais da Tarifa Plana Seguros.Ver ficheiro PDF Financiamento ofrecido por ABANCA Corporación Bancaria, S.A. A bonificación será de ata o 7% para seguros exclusivamente mediados por ABANCA Mediación pertencentes ás seguintes modalidades: vida risco, fogar, saúde, decesos, accidentes e auto. Bonificación en función do número de modalidades de seguros contratados. Non serán obxecto de bonificación os seguros vinculados a operacións de activo formalizadas con ABANCA nin os seguros de protección de pagos. A data de entrada en vigor dos seguros tamén ten que estar dentro do período de campaña.