
VISA Débito
Unha tarxeta de débito que che permite mercar e dispor de efectivo en todo o mundo. Con ela ademais aproveitarás descontos en gasolineiras Galp e en centos de establecementos co Programa Privilexios Euro 6000.
-
É pra min?
Para dispor desta tarxeta de débito só necesitas ser maior de idade e teres unha conta aberta con nós.
-
Como funciona?
Esta tarxeta permíteche operar en comercios, a través de internet e en caixeiros e oficinas de todo o mundo.
-
Que é o mellor?
Aproveita os descontos en gasolineiras Galp Enerxía e moitas ofertas co programa Privilexios EURO 6000.
-
E que máis?
Conta con un seguro gratuíto en caso de atraco en caixeiro e uso fraudulento da túa tarxeta.
Coa máxima accesibilidade
Esta tarxeta de débito permíteche operar en todo o mundo coa máxima accesibilidade. Con ela poderás facer compras en tendas e establecementos, e operacións en caixeiros (retiradas de diñeiro, ingresos, consulta de saldo, recargas de telefonía móbil, extractos…), así como en oficinas e en internet. Para que nada te deteña en ningún lugar do planeta.
Poderás retirar cartos de forma gratuíta nos nosos caixeiros e oficinas, e ata 5 veces ao mes fóra de Galicia en calquera caixeiro da rede EURO 6000, Bankia, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos y Caja Ingenieros. Todos os bancos (en España é obrigatorio) deberán avisar da comisión por disposición de efectivo a débito que aplicará a entidade propietaria do caixeiro. Farano mediante unha mensaxe na pantalla antes de realizares a operación, para que poidas confirmala ou anulala.
E ademais, aproveitaraste de descontos en compras e outras promocións en moitos establecementos só por empregares a tarxeta. Aínda non te convencimos?
Descontos nas compras
Por usares a tarxeta de débito tamén poderás aproveitar distintas vantaxes, como o 2% de desconto nas estacións de servizo Galp adheridas a esta promoción. Se queres saber máis, podes consultar aquí as condicións e empezar a beneficiarte delas cando queiras.
E se te inscribes ao programa de Privilexios EURO 6000 obterás descontos instantáneos en centos de establecementos, que podes consultar na súa web, ademais de recibir un boletín de novidades para non perderes ningunha das novas promocións.
Os custos da túa tarxeta
A túa VISA Débito ten unha comisión de emisión e mantemento anual de 28 €.
Se retiras diñeiro en efectivo en caixeiros ou oficinas de ABANCA sairache totalmente gratis, e taén che sairán gratis as cinco primeiras retiradas ao mes en calquera caixeiro da rede EURO 6000, Bankia, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos y Caja Ingenieros de fóra de Galicia.
A partir da sexta retirada, e en todas no resto de caixeiros nacionais, cobraráseche a comisión qe che aplica a entidade propietaria do caixeiro. Nos caixeiros nacionais informaráseche do importe da comisión que che aplique a entidade propietaria do caixeiro antes de realizares a operación, por se prefires anulala.
Noutras redes de caixeiros internacionais a comisión é de 2 € na zona euro e do 4% do importe que retiras do caixeiro, cun mínimo de 4 €, fóra da zona euro. Lembra que algúns bancos poderían cobrarche unha comisión polo uso do seu caixero.
Nas compras e retiradas de efectivo que pagues nunha moeda distinta do euro aplicaráseche unha comisión do 3% do importe total da operación.
Seguros gratuítos
Só por posuíres esta tarxeta de débito xa dispós de varias coberturas vinculadas, de forma totalmente gratuíta. Por exemplo:
O seguro da túa VISA Débito cúbreche até 4.500 € por atraco e até 6.000 € por uso fraudulento de terceiros da túa tarxeta en caso de perda, roubo ou extravío. E o mesmo en caso de falsificación, é dicir, se alguén accedeu ilícitamente á túa tarxeta sen que fora roubada, perdida ou extraviada.
Consulta as coberturas deste seguro nos anexos da ficha deste produto, que recollemos no fondo desta páxina.
Para saber máis...
dúbidas
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG