-
Para que vale o Hal Cash? O Hal Cash é o sistema máis rápido e cómodo de enviarlles diñeiro a outras persoas: a parte que tes que pór para a cea dos amigos, os cartos que che emprestou a túa nai… E só debes saber o seu número de móbil para enviarllo.
Podes facer un pagamento en Hal Cash desde banca electrónica, a app de ABANCA do teu móbil, banca telefónica, nun caixeiro automático de ABANCA ou doutras entidades adheridas ao programa Hal Cash, e, por suposto, nas nosas oficinas. Só necesitas acceder á túa conta, indicar canto diñeiro queres enviar, e teclear o número de móbil da persoa destinataria.
A persoa á que lle mandes o diñeiro só ten que acudir a un caixeiro dunha entidade adherida ao programa Hal Cash e introducir as dúas chaves que ti lle enviarás para retirar a cantidade. Sen necesidade de tarxeta, nin de ser cliente de ABANCA ou outra entidade da mesma rede.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/que-e-abanca-cash-e-como-funciona#243 -
É Hal Cash un sistema seguro? Moito. Ti enviaraslle ao teu amigo ou amiga unha chave para retirar o diñeiro e nós enviarémoslle outra por unha mensaxe ao móbil que ti nos indicaches Con dous contrasinais asegurámonos de que as chaves non son interceptadas por outras persoas. Ou de que non te trabucaches ao darnos o móbil.
Se queres extremar a seguridade, podes enviarlle a túa chave por outros medios que non sexan mensaxes ao móbil.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/que-e-abanca-cash-e-como-funciona#244 -
E podo enviarme diñeiro a min mesmo co sistema Hal Cash? Xaora que si! Do mesmo xeito que lle envías cartos a outras persoas, podes mandarchos a ti mesmo/a. E iso que sentido ten? Pois moi doado, porque como con Hal Cash non necesitas tarxeta, podes enviarche diñeiro a ti mesmo directamente desde a túa conta coa app do teu móbil ou coa banca electrónica. Terás dous contrasinais tamén, que serán os que deberás usar no caixeiro para retirar o diñeiro. É moi sinxelo, e xa verás como cando o fagas algunha vez repites.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/que-e-abanca-cash-e-como-funciona#245 -
Que pasa se envío diñeiro a un caixeiro con ABANCA Cash e ao final non se usa? Non te preocupes, se finalmente non se retira o diñeiro no caixeiro, devolveráseche á conta de orixe cando se cumpra a data de caducidade seleccionada cando deches de alta a operación. Se non seleccionaches outra data, o prazo máximo é de 10 días
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/que-e-abanca-cash-e-como-funciona#624