Sobre Banca Móbil
-
Que custe teñen as operacións que se realizan desde banca electrónica ou app de banca móbil?
As operacións realizadas na túa banca electrónica ou na app de banca móbil teñen unha comisión menor que as realizadas en oficina.
Ademais, se pertences ao Programa Servicios ABANCA a maioría de operacións serán gratuítas para ti. Podes consultar o detalle do custo de cada operación. Ver ficheiro PDF
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#495 -
Podo firmar o contrato dun produto de ABANCA coa app de banca móbil?
Coa app de banca móbil de ABANCA podes asinar comodamente algúns dos produtos máis solicitados polos nosos clientes. Firma ABANCA está dispoñible para a tramitación de contas, préstamos persoais, tarxetas de crédito, seguros, plans de pensións, a Tarifa Plana Seguros e moitos outros, así como para diferentes produtos destinados a empresas. Ademais, tamén poderás asinar co móbil durante as distintas fases de contratación doutros produtos (hipotecas, créditos para empresas, etc.), co que che será máis cómodo tramitar eses produtos. Por iso facémolo, pola túa comodidade. Pregunta ao teu xestor durante a contratación, darache todos os detalles.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#498 -
En que dispositivos podo instalar a nova app de ABANCA?
Podes descargar e utilizar a nova app da banca móbil de ABANCA en todos os dispositivos (teléfono móbil ou tableta) con sistema operativo Android que conten coa versión 5.1 ou superior, e nos dispositivos iOS que teñan instalada a versión 13 ou superior.
Se aínda non tes actualizado o software do móbil ou da tableta, recomendámosche que o fagas para que poidas gozar de todas as vantaxes da nosa app. Ademais, é recomendable mantelo actualizado para evitar posibles problemas de seguridade.
Lembra que na tenda de aplicacións do móbil ou da tableta só se amosan as apps que son compatibles.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#621 -
Como podo descargar o certificado de titularidade?
Mostrámosche como obter o certificado de titularidade da túa conta desde a app de ABANCA, de forma fácil e sinxela.
- Selecciona a conta da que desexas obter o certificado.
- Preme en Máis > Certificado de titularidade
Xa terás o certificado en PDF para gardar ou compartir con quen precises.
Tamén podes obtelo desde a banca electrónica. No detalle da conta, atoparás a opción de descargar o documento ao final da páxina.
Podes obter máis información nesta entrada do noso blog Contas Claras.Serás redirixido a outro sitio web
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#579 -
Existe un titorial da app de ABANCA? Consulta este vídeo
Preparamos un vídeo de presentación sobre a app de ABANCA e as novas operacións que podes realizar.
Podes consultar aquíAbrirase nunha nova ventá. todas as opcións que che permite a aplicación.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#636 -
Que é a categorización de movementos na banca móbil?
A categorización de movementos é un servizo gratuíto da nosa app que che axuda a organizar e entender as túas finanzas. Funciona do seguinte xeito.
- Clasificación automática. Cada vez que fas un movemento de diñeiro (un ingreso ou un gasto), a aplicación clasifícao automaticamente nunha categoría específica, como supermercados, restaurantes ou saúde.
- Informes detallados. Esta clasificación automática permíteche xerar un informe completo dos teus gastos e ingresos, agrupados por categorías e marcas. Podes acceder a este informe a través do gráfico de gastos mensuais da túa conta.
- Personalización. Se cres que a categoría asignada non é a correcta, podes modificala e incluso crear as túas propias etiquetas para que o teu informe sexa máis preciso e adaptado ao teu estilo de vida.
Consulta como facelo paso a paso nesta ligazón.Serás redirixido a outro sitio web
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#643 -
Que é o modo discreto e como funciona?
O modo discreto é unha funcionalidade da app de ABANCA que che permite acceder á túa información financeira dunha forma máis privada cando estás con outras persoas.
Cando activas o modo discreto, a banca móbil oculta os saldos das túas contas, os importes das túas tarxetas e outra información sensible. Poderás visualizar un importe concreto facendo clic en ‘Ver importe’ e volver ocultalo facendo clic en ‘Ocultar’.
Por defecto, poderás activar o modo discreto simplemente axitando o teu móbil ou volteándolo.
Tamén poderás modificar ou desactivar o modo discreto sempre que o necesites en ‘Menú’ > ‘Personaliza o teu app’ > ‘Modo discreto’. Por exemplo, poderás elixir que os importes estean sempre ocultos por defecto, entre outras opcións.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#648 -
Como quitar o modo discreto na app de ABANCA?
Podes quitar o modo discreto na banca móbil de ABANCA simplemente axitando ou volteando o teu dispositivo.
Se o que desexas é desactivalo de forma permanente, podes facelo accedendo a ‘Menú’ > ‘Personaliza a túa app’ > ‘Modo discreto’.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#673 -
Perdín o móbil onde teño a app de ABANCA, poden acceder á miña conta?
Non, non te preocupes. Lembra que para acceder á app de ABANCA é necesario un PIN. Terían que atopar o teu móbil e ademais ter o PIN de acceso. De todos os xeitos avísanos ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro), e na opción de 'Tarxetas', un servizo 24 horas, tamén che bloqueamos as claves de banca a distancia.
Sempre poderás instalala outra vez cando che apareza o móbil, ou cando te compres un novo. Ah, e sentimos que o perderas :(
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#124 -
Que é o modo escuro?
O modo escuro é unha opción visual que transforma a interface dunha web ou aplicación en cores en tons máis suaves e escuros.
Estas son algunhas das súas vantaxes.
- Descanso visual. Terás unha mellor experiencia de navegación en situacións de baixa luminosidade.
- Aforro de batería. Esta tecnoloxía ilumina cada píxel de forma individual.
A banca móbil de ABANCA está dispoñible en modo escuro desde a versión 1.23 da app, polo que se adaptará automaticamente ás túas preferencias de visualización tanto de día coma de noite.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#703 -
Como activar o modo escuro na app de ABANCA?
A app móbil de ABANCA adapta as cores da súa interface á configuración xeral do teu dispositivo. Se o teu móbil ou a tableta están en modo escuro, a aplicación seguirá esa preferencia e porase en modo escuro automaticamente. Esta funcionalidade está dispoñible a partir da versión 1.23 da app.
Se desexas activar o modo escuro, deberalo facer na configuración xeral do móbil ou da tableta.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#704 -
Que información adicional debo incluír cando notifique un movemento que non recoñezo desde a aplicación móbil?
Cando informas dun cargo non recoñecido na túa tarxeta a través da banca móbil, cómpre que nos proporciones información adicional para facilitar a xestión da solicitude.
A seguir, ofrecémosche algúns exemplos de documentos que poderían ser útiles:
- Denuncia policial: se presentaches unha denuncia ante a policía, podes achegar unha imaxe do documento.
- Comunicación co comercio: no caso de que contactaras co comercio responsable do cargo a través do correo electrónico ou dunha carta, podes subir a imaxe desa conversación.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#706 -
¿Cómo puedo cambiar el límite de mis transferencias en la app cuando necesito hacer una operación por mayor importe?
Pola túa seguridade cómpre que o solicites no servizo de banca telefónica, no que te
identificarán coas túas claves, chamando ao 981 179 600. Tamén poderás facer o cambio
na túa oficina de ABANCA máis próxima.
Lembra que no teu contrato de banca a distancia se establecen unhas condicións
particulares que inclúen uns límites por defecto en certas operacións como transferencias
nacionais e internacionais, compravenda de valores etc. e que nos axudan a mellorarmos a
túa seguridade. Cada vez que modifiques estes límites quedará recollido nas novas
condicións do teu contrato.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#755 -
Como desactivar o modo lectura ou o modo consultivo na app ou na banca electrónica?
Se non podes realizar operacións na túa banca electrónica ou na app por mor dun límite
operativo de 0 €, cómpre que acudas á túa oficina para solicitar a modificación.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#760 -
Como se calcula a miña posición global de investimentos na app?
O menú de Investimentos da app de ABANCA inclúe os produtos de investimento como fondos de investimento, renda variable, renda fixa, seguros de aforro e plans de pensións que teñas contratados.
Mostraranse as posicións de produtos nos que sexas titular, autorizado ou nó propietario pero poderás elixir se queres ver só as que correspondan a algunha destas formas de intervención. No caso de que dispoñas de posicións en divisa, a valoración en EUR será co último tipo de cambio dispoñible.
A valoración da posición realízase en liña co último valor liquidativo ou últimos prezos de sesión dispoñibles no Mercado (salvo que non estean publicados, utilizándose para estes casos o valor razoable ou valor nominal). Se tes operacións en trámite pendentes de mercado (por exemplo unha orde de compra pendente de cruzarse ou unha operación pendente da entidade xestora do plan de pensións), incluiranse no Resumo Totalizado.
Nos seguros de rendas vitalicias indícase a achega inicial realizada no momento da contratación. O resto dos seguros de vida aforro, o dato mostrado correspóndese coa provisión matemática de acordo ao indicado no teu contrato.
Ademais, ten en conta o seguinte.
- As posicións "Xestionadas por ABANCA" son as que están a utilizar o Servizo Discrecional de Carteiras cos nosos expertos, a túa posición global incorpora tamén o saldo das contas correntes asociadas ao servizo, por formar parte do patrimonio delegado.
- Nas posicións "Asesoradas por ABANCA", inclúense exclusivamente as posicións baixo o servizo de asesoramento recorrente en fondos de investimento, renda variable, renda fixa e plans de pensións do portfolio de asesoramento.
- A información sobre a evolución do investimento realízase en base á rendibilidade histórica do produto, é dicir, non ten por que coincidir coa rendibilidade atribuíble ao servizo (Xestionadas por ABANCA ou Asesoradas por ABANCA) se no momento da entrada no mesmo ou en achegas posteriores todo ou parte do investimento vén de investimentos previos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#769 -
Que información dos meus seguros de aforro podo consultar na banca móbil?
Poderás ver que seguros de aforro tes contratados en ABANCA, e a súa valoración, segundo tipo de produto.
Debes ter en conta que, en caso de rescate, o valor pode variar segundo as fluctuaciones de mercado do activo vinculado ao seguro, os posibles custos de desinversión e a fiscalidade aplicada.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#674 -
Podo personalizar a orde das miñas contas na banca móbil?
Si, podes personalizala.
- Accede ao teu perfil > Personaliza a túa app > Configura as túas contas.
- Poderás agochar ou volver amosar as contas no selector da parte dereita.
- Tamén poderás modificar a orde premendo en Ordenar na parte superior dereita, e arrastrando co dedo as contas segundo a túa orde preferida.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#695 -
Por que é necesario confirmar o nome do destinatario nos envíos de diñeiro?
Para que te sintas máis seguro ao enviar cartos a outras persoas ou bancos, dispoñemos dun servizo (dispoñible no ámbito SEPA) que revisa os datos do destinatario. Este servizo compara o nome que escribes cando ordenas a transferencia co nome que está rexistrado no banco da persoa á que lle vas enviar cartos.
Se o nome coincide, a operación segue o seu curso. En caso contrario, avisarémoste cunha das seguintes mensaxes para que poidas revisar a información.
- "Non puidemos verificar o destinatario": Houbo un problema técnico ao facer a comprobación. Recomendámosche que revises ben os datos do destinatario e, se comprobas que todo está correcto, podes optar por seguir adiante.
- "O destinatario non parece correcto": O nome que puxeches non coincide co que figura no banco da outra persoa. É moi importante que contactes co destinatario para confirmar os datos antes de continuar.
- "Revisa o nome do destinatario": O nome que puxeches é moi similar ao que ten o beneficiario, pero non é exacto. Amosarémosche o nome que figura no banco destinatario, para que o revises e, se comprobas que é correcto, o apliques e poidas seguir co envío.
É fundamental que fagas estas comprobacións, pois se autorizas a transferencia, os cartos poderían rematar nunha conta cuxo titular sexa unha persoa diferente á que desexas e perderías o teu dereito á devolución dos cartos.
Lembra que tes á túa disposición o noso servizo de solicitude de devolución, que che axudará nas xestións necesarias para intentar recuperar os cartos nos casos nos que sexa posible (por exemplo, axudarémoste a recuperar os teus cartos, sempre que sexa posible, se te equivocas no importe dunha transferencia ordinaria). Con este servizo non podemos garantirche a recuperación dos cartos, pero si a axuda nas xestións necesarias para tentalo. Se o chegas a necesitar, só tes que chamarnos ao 981 179600 coas túas claves e axudarémoste co proceso.
O servizo de verificación do destinatario realízase seguindo a normativa europea actual en materia de transferencias.
Para obter máis información, consulta o noso blogSerás redirixido a outro sitio web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#785 -
Como podo facer un envío de diñeiro inmediato?
Podes realizar envíos de diñeiro inmediatos coa app de ABANCA se a entidade de destino está certificada con esta tecnoloxía.
Para enviar diñeiro de forma inmediata, primeiro deberás activalo na banca móbil. Podes facelo accedendo ao teu perfil na esquina superior esquerda > Seguridade > Envío de diñeiro inmediato, e validándoo con Chave ABANCA.
Porén, antes de activalo ten en conta o seguinte:
- Non debes realizar nunca esta petición se alguén te chamou por teléfono e te presiona para facela con urxencia. É posible que se trate dun fraude e non poderás retroceder a operación.
- Ao ser un envío inmediato, a execución será instantánea, o que dificultará a recuperación de fondos no caso de que te equivoques nalgún dato ou ben dupliques a petición, etc.
- Os envíos de diñeiro non inmediatos SEPA teñen un prazo máximo de execución de 1 día hábil desde a emisión, son moi áxiles.
Se precisas realizar un envío inmediato de forma puntual, ten en conta que a activación desta opción afectará a todos os teus envíos futuros. Se non precisas que todas as túas operacións sexan instantáneas, aconsellámoste que, por estes motivos de seguridade, desactives de novo a opción de envíos inmediatos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#362 -
Como podo cambiar o límite máximo dos envíos de diñeiro?
Podes modificar o importe máximo dos teus envíos de diñeiro de varias maneiras.
- Desde a app, no teu perfil > Seguridade. Para poder facelo, é necesario ter activada a Chave ABANCA.
- No servizo de banca telefónica, no que te identificarán coas túas claves, chamando ao 981 179 600. Na chamada tamén empregaremos reforzos de seguridade.
- Tamén poderás facer o cambio na túa oficina de ABANCA máis próxima.
Por seguridade, recomendámosche manter un límite mínimo para o envío de diñeiro a outras persoas ou bancos. Debes establecer un límite que che permita facer as túas operacións habituais e, só cando necesites realizar unha operación elevada, subir ese límite puntualmente para despois baixalo ao rematar.
Para os envíos inmediatos poderás establecer un límite diferente que nunca poderá superar o límite principal. Neste caso poderás establecer límite diario e por operación. Revisa as nosas recomendacións de seguridade para este tipo de envíos de diñeiro.
Lembra que no teu contrato de banca a distancia se establecen unhas condicións particulares que inclúen uns límites por defecto que nos axudan a mellorar a túa seguridade. Cada vez que modifiques estes límites quedará recollido nas novas condicións do teu contrato.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#786 -
Podo utilizar Bizum para pagar e cobrar nas administracións de Loterías e Apostas do Estado?
Si, Bizum permíteche pagar apostas ou cobrar premios de forma presencial en calquera Administración de Loterías amosando un código QR xerado na app de ABANCA.
Para xerar o código QR debes acceder á túa banca móbil e seleccionar Enviar diñeiro > Bizum > Loterías.
Se estás pagando unha aposta, debes confirmar a operación no teu móbil. Se estás a cobrar un premio, non se require esta confirmación.
Este código é dinámico e único para cada operación e só é válido durante 10 minutos.
O importe máximo que poderás pagar é de 500 € por operación. Ademais, hai un límite diario/mensual de 1.000 €. Poderás cobrar premios de ata 2.000 € directamente na túa conta.
Lembra que, para gozar deste servizo, debes ter o teu Bizum activado en ABANCA, así como a versión máis actualizada da app.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#790 -
Que límites de seguridade teñen os envíos de diñeiro por banca a distancia?
Dispós de dous tipos de límites que podes consultar e personalizar desde a túa app coa seguridade de Chave ABANCA.
- Límite para envíos de diñeiro a outras persoas ou bancos. É o importe máximo xeral para todas as túas transferencias.
- Límite para envíos inmediatos. Para un control extra, podes fixar un límite específico por operación e por día, que sempre será inferior ao teu límite xeral. Revisa as nosas recomendacións de seguridade para este tipo de envíos de diñeiro.
Se precisas un importe superior ao dispoñible na app, axudámoste a amplialo por banca telefónica no 981 179 600 onde te identificaremos coas túas claves e outros reforzos de seguridade, ou ben, na túa oficina máis próxima.
Recomendámosche manter os teus límites axustados ao teu uso habitual. Súbeos só cando precises facer unha operación de maior importe e volve a baixalos ao rematar. É un xesto sinxelo que che achegará seguridade.
Lembra que no teu contrato de banca a distancia se establecen unhas condicións particulares que inclúen uns límites por defecto que nos axudan a mellorar a túa seguridade. Cada vez que modifiques estes límites quedará recollido nas novas condicións do teu contrato.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/banca-mobil#791