Sobre Contrasinais e acceso
-
Por que agora o meu PIN ten seis díxitos?
Trátase dunha medida de protección adicional. Se ata o de agora tiñas un PIN de catro díxitos e decides cambialo ou necesitas recuperalo, o novo PIN xa será de seis díxitos. Lembra que con este PIN podes acceder á banca electrónica, banca móbil, banca telefónica e ABANCA Pay.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#502 -
A vosa banca electrónica é totalmente segura?
Realizar operacións a través de internet (compras, consultas, pago de recibos…) é cada vez máis habitual, ¡e máis seguro! Dámosche algúns consellos na nosa guía de seguridadeAbrirase nunha nova ventá. para utilizar a banca electrónica.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#343 -
Como podo desbloquear as claves de acceso á miña banca electrónica?
Se tes bloqueado o teu usuario de banca electrónica de empresas, podes solicitar o desbloqueo no 981 910 537 (ou no +34 981 910 537 se nos chamas dende o estranxeiro) ou nunha das nosas oficinas.
Se es usuario de banca electrónica de particulares e te equivocaches tres veces coa clave e se che bloqueou o acceso, podes desbloqueala dende a túa banca móbil se dispós dunha tarxeta financeira, chamarnos ao 900 815 669 (+34 981 980 505 se nos chamas dende o estranxeiro) ou acudir a calquera das nosas oficinas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#134 -
Como podo acceder á miña banca a distancia? Podo facelo desde o estranxeiro?
Podes conectarte á banca a distancia de ABANCA en calquera lugar, tanto en España como no estranxeiro. Para iso, tes tres opcións:
- Coa app de banca móbil de ABANCA para Android Serás redirixido a outro sitio webe iOSSerás redirixido a outro sitio web.
- Accedendo ao ‘Área cliente’ na parte superior da web desta web.
- Ou por banca telefónica, coas túas claves e chamando ao 981 179 600 (ou ao +34 981 179 600 se nos chamas desde o estranxeiro)
Os datos que che solicitaremos son o teu NIF e PIN. Se non dispós de claves de banca a distancia, podes solicitalas aquí.Serás redirixido a outro sitio web
Se es usuario de banca electrónica de empresas, normalmente o código de usuario de acceso correspóndese co teu NIF, accede desde aquí.Serás redirixido a outro sitio web
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#186 -
Que é o código PIN de identificación e para que serve?
O PIN é un número de identificación persoal e secreto. Consta de seis díxitos e utilízase para acceder aos servizos dixitais da entidade. A súa función principal é autenticar a identidade do usuario para acceder aos servizos da app de banca móbil, a banca electrónica e a banca telefónica.
Utiliza o teu PIN unicamente cando accedas de forma proactiva á túa banca dixital. Ignora calquera petición urxente ou sospeitosa que che pida este código. En ABANCA nunca che pediremos as túas claves fóra das nosas aplicacións seguras.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#157 -
Esquecín o meu PIN de banca a distancia, podo solicitar un novo? E modificalo?
Poderás solicitar un PIN novo de banca a distancia desde a túa app de banca móbil. Para asegurarnos de que es ti, necesitas ter a man unha tarxeta ABANCA da que sexas titular.
Tamén podes chamarnos ao 900 815 669 (ou ao 34 981 980 505 se nos chamas dende o estranxeiro), dispoñible 24 horas do día e os 365 días do ano.
Se queres modificar o teu PIN de banca a distancia, accede á túa banca electrónica coas túas claves, no menú ‘O meu Perfil’ > ‘Cambiar PIN da túa banca electrónica’. Ou desde a túa banca móbil, accedendo ao menú esquerdo > ‘Seguridade e privacidade > ‘Cambiar PIN’.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#104 -
Para que serven as claves de banca electrónica? Úsase a mesma clave para acceder á app no móbil e á banca telefónica?
Si, as túas claves son únicas. Cun só usuario e PIN podes acceder a todos os nosos canais dixitais. Ao dar de alta o teu servizo de banca a distancia tes acceso a:
- App de banca móbil. Descárgaa no teu smartphone iOS Serás redirixido a outro sitio webou AndroidSerás redirixido a outro sitio web
- Banca electrónica. Accede de forma segura desde a área de clientes de abanca.com.
- Banca Telefónica. Chámanos ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 desde o estranxeiro)
Como te identificas? Só precisas o teu usuario (normalmente o teu DNI ou NIE) e o teu PIN secreto de 6 díxitos. Os nosos sistemas validan esta clave de forma automática e cifrada para que ninguén máis poida vela.
Se precisas contactar con ABANCA, chama aos números oficiais que se indican na información contractual ou na web. O teléfono xeral de ABANCA é o 900 815 522 (+34 981 910 522 se chamas desde o estranxeiro). Se che pedimos que nos indiques o motivo da chamada, farémolo a través dun sistema automático de voz que solicita que teclees no teclado do teu móbil o PIN de 6 cifras. O sistema automático realiza a lectura de forma segura sen acceso real aos números.
Un consello de seguridade importante: se somos nós quen te chamamos, nunca che pediremos o PIN completo. Se ti nos chamas a nós, introduciralo unicamente a través do teclado do teu teléfono cando o sistema automático cho solicite.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#105 -
Realicei unha compra online e pediume unhas chaves da miña banca electrónica, iso que é?
Para garantir en todo momento a túa seguridade debemos ter a certeza de que es ti quen está a facer a compra. Por iso ademais de introducir os datos da túa tarxeta, pedirémosche, nunha pantalla de ABANCA, as claves da túa banca a distancia. Así podemos estar seguros de que es ti quen está a realizar a compra.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#106 -
Como podo dar de alta os meus avisos na app de banca móbil ou na miña banca electrónica?
O servizo de avisos axúdache a coñecer rapidamente as operacións das túas contas e tarxetas. Permíteche configurar regras para que recibas un aviso no teu móbil ou email cada vez que a túa conta ou tarxeta rexistre un movemento, por exemplo, cando fagas unha compra ou un pago superior a 100 euros, ou para cando recibas un ingreso, como a nómina ou unha transferencia que estabas a esperar.
Activar este servizo é moi sinxelo. Se usas a nosa app de banca móbil, accede ao menú superior esquerdo e selecciona a opción ‘Notificacións’. Se te conectas á túa banca electrónica, accede á pestana de ‘Servizos móbiles’ e pica en ‘Avisos’ na columna da esquerda, onde poderás configuralos á túa medida.
O servizo de avisos é gratuíto se recibes as túas notificacións por mail. En caso contrario, tan só che custará 50 céntimos ao mes.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#221 -
Como podo descargar a app da banca electrónica no meu teléfono móbil ou tablet?
Tes dúas formas de descargar a aplicación de banca móbil, unha para cada sistema operativo, e de forma totalmente gratuíta:
- Podes descargala desde Google PlaySerás redirixido a outro sitio web, se utilizas un móbil ou tableta Android
- E desde a Apple StoreSerás redirixido a outro sitio web se utilizas un iPhone ou iPad, é dicir, un sistema operativo iOS.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#120 -
Como acceder ao buzón dixital?
Se accedes ao buzón dixital por primeira vez, por seguridade, terás que crear un contrasinal. Poderás facelo de forma sinxela desde a ‘Área cliente’ en www.abanca.com, pulsando en ‘Aínda non tes as túas claves? Solicítaas agora.’
Unha vez teñas as túas claves, xa poderás acceder co teu NIF e contrasinal desde a mesma ‘Área cliente’.
Pero lembra, só terás este servizo dispoñible se che avisamos previamente por correo postal.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#400 -
Pode un servizo que non é de ABANCA consultar as miñas contas?
A normativa PSD2 permite que desde un servizo que non é de ABANCA un terceiro poida consultar as túas contas. Para iso tes que facilitar as túas claves de BAD a este terceiro. Para retirar o permiso ao terceiro debes facelo accedendo ao seu servizo xa que nós non podemos cancelalo. Se cambias o teu PIN debes cambialo tamén no terceiro para evitar bloqueo por intentos erróneos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#640 -
Que é e cando se me vai a pedir a clave de seguridad?
A clave de validación é un código dun só uso que utilizamos para confirmar a túa identidade, #de acordo con a lexislación e as mellores prácticas. Nalgunhas operacións non che solicitaremos ningunha clave para finalizar a operación. Isto sucede sempre que a normativa permíteo e só se as nosas medidas de seguridade indícannos que a operación está exenta de riscos, facéndoche a operación máis cómoda. Por exemplo, se usas a app de ABANCA non necesitarás unha clave cada 90 días para consultar as túas contas na banca electrónica; en transferencias de baixo importe só pedirémosche a clave para finalizar a operación cando realices varias de forma continuada; tampouco a necesitarás se fas transferencias aos teus ‘Beneficiarios de confianza’.
Si cha pediremos na consulta de movementos cando os solicites cunha antigüidade maior de 90 días. Tamén en operacións de ABANCA Cash, creación de tarxetas virtuais, recarga de móbiles ou envío de ficheiros de pagos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/contrasinais-e-acceso/#480