Cales son os meus dereitos en relación ó tratamento dos meus datos persoais?
-
Cales son os meus dereitos en relación ó tratamento dos meus datos persoais? Son os que establece a normativa de protección de datos:
- Dereito de acceso: coñecer que tipo de datos estamos tratando e as características do tratamento que estamos levando a cabo.
- Dereito de rectificación: poder solicitar a modificación dos teus datos por seren inexactos ou non veraces.
- Dereito de portabilidade: poder obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean sendo tratados. Aplicable a partir do 25 de maio de 2018.
- Dereito á limitación do tratamento nos casos recollidos na Lei. Aplicable a partir do 25 de maio de 2018.
- Dereito a oporse á toma de decisións automatizadas. Aplicable a partir do 25 de maio de 2018.
- Dereito de supresión: solicitar a supresión dos teus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
- Dereito de oposición: solicitar o cese no envío de comunicacións comerciais nos termos antes sinalados.
- Dereito a revocar o consentimento prestado.
- Dereito a interpor unha reclamación fronte á autoridade de control (en España, a Axencia Española de Protección de Datos).
Para o exercicio de calquera destes dereitos, podes dirixirte ó noso Servizo de Atención ó Cliente a través do Enderezo Postal: Rúa San Andrés 135-137, Planta Baixa (15003 – A Coruña) ou de enderezo electrónico a: atencioncliente@abanca.com
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/cales-son-os-meus-dereitos-en-relacion-o-tratamento-dos-meus-datos-persoais