Por que ABANCA me pide un documento que xustifique a miña actividade laboral?
-
Por que ABANCA me pide un documento que xustifique a miña actividade laboral? A lei esíxenos manter actualizada a documentación dos nosos clientes. Por isto, ao contratar algún produto ou ao acudir a unha oficina, pódenche solicitar unha copia dun documento que xustifique a túa actividade laboral. Por exemplo unha nómina, a vida laboral da Seguridade Social, unha copia da páxina de IRPF onde se indique o nome da empresa e a súa actividade...
Tamén, é posible que che chegue unha solicitude a través da túa app de banca móbil. Nese caso, é importante que nos remitas o documento vixente para evitar problemas coas túas contas. É moi fácil! Só tes que seguir os pasos que che indicamos en a app de ABANCA.
Se queres saber máis sobre estes sistemas de seguridade, contámoscho no noso blogSerás redirixido a outro sitio web.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/por-que-abanca-me-pide-un-documento-que-xustifique-a-mina-actividade-laboral