Por que non podo dispor do meu depósito (depósito pignorado)?
-
Por que non podo dispor do meu depósito (depósito pignorado)? Cando temos un depósito ou unha conta a prazo é posible que ese saldo che sirva para avalar unha operación de financiamento que precises. Co teu depósito non só aseguras mellores condicións de financiamento senón que che permitirá manter os teus aforros. Para que o depósito garanta unha operación realízase unha pignoración dos fondos (garantía técnica). Mentres a garantía estea vixente, non poderás dispor do diñeiro. Deste xeito cumpres co acordado no teu contrato. Unha vez finalizada a obrigación de pago ou o período de garantía, poderás dispor automaticamente do teu diñeiro.
Se precisas liquidez antes, non te preocupes, estamos aquí para axudarche. Podemos analizar o teu caso e buscar alternativas financeiras que se adapten á túa situación actual. Recomendámosche solicitar cita previa na túa oficina para que un xestor che asesore persoalmente.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/por-que-non-podo-dispor-do-meu-deposito-deposito-pignorado/