Que beneficios teño se traio o meu seguro de saúde a ABANCA?
-
Que beneficios teño se traio o meu seguro de saúde a ABANCA? Se traes o seguro de saúde doutra compañía poderaste beneficiar dunha supresión dos períodos de carencia. Así, por exemplo, se acreditas que tiveches cobertura do seguro durante máis de 12 meses, e estás ao corrente de todos os pagamentos, non terás período de carencia. Só se manterán os períodos de carencia nas seguintes coberturas: no seguimento do embarazo na modalidade Esencial e o parto, a cirurxía robótica e a reprodución asistida, nas modalidades de Completo e Reembolso.
Se desexas cambiar de compañía, recoméndase avisar con polo menos 2 meses de antelación. Deste modo, ABANCA poderá xestionar a alta da nova póliza con suficiente tempo e isto permitirache notificar a cancelación da póliza actual dentro do prazo establecido de 1 mes.
Ademais, lembra que se traes o teu Seguro Saúde a ABANCA poderás beneficiarte da Tarifa Plana de ABANCA Seguros, que inclúe o fraccionamiento das cotas, o adiamento de ata 2 mesesno pagamento, sen xuros nin comisións, e unhas bonificacións que poden chegar ata un 7%.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-beneficios-teno-se-traio-o-meu-seguro-de-saude-a-abanca