Que documentación teño que achegar para que me concedades un empréstito persoal?
-
Que documentación teño que achegar para que me concedades un empréstito persoal? Para que estudemos o teu empréstito tes que traernos uns documentos básicos: esforzámonos para que sexan os menos posibles.
Se optas pola modalidade de empréstito persoal do Préstamo 24h ou polo Préstamo Auto 24h, e xa es cliente noso e tes a túa nómina domiciliada en ABANCA, só nos tes que traer:
- a túa última nómina
- o teu último resumo anual de IVE, se es autónomo e non tes nómina
- a túa última declaración da renda (IRPF)
- os últimos tres recibos dos empréstitos que teñas concedidos noutras entidades.
Se aínda non es cliente de ABANCA, ou se o es, pero non tes unha nómina domiciliada, imos necesitar tamén a túa nómina e as túas declaracións tributarias, os recibos dos empréstitos noutras entidades e ademais:
- o teu documento de identidade, sexa DNI, NIE ou pasaporte
- un extracto bancario do último trimestre de todas as contas que teñas abertas noutras entidades.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-documentacion-teno-que-achegar-para-que-me-concedades-un-emprestito-persoal