Que é o IPREM?
-
Que é o IPREM? O Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM, é un índice cuxo valor se establece nos Orzamentos Xerais do Estado e fixa o límite das rendas persoais e familiares que serve de base para obter determinadas axudas sociais: bolsas, determinadas axudas para a compra ou alugueiro de vivenda, bono social eléctrico, subvencións ou subsidio de desemprego… Isto quere dicir, por exemplo, que se se quere optar a unha axuda é posible que un dos requisitos sexa que a renda da persoa solicitante, ou da súa unidade familiar, non supere determinada cantidade referida ao IPREM.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-e-o-iprem