Que gastos ten un empréstito?
-
Que gastos ten un empréstito? Moi poucos. Se escolles o Préstamo Auto 24h ou a opción do empréstito persoal do Préstamo 24h tes só unha comisión de apertura del 1,50%, que pagas unha única vez ao principio do empréstito. Nin unha comisión máis.
Se escolles a opción da tarxeta VISA Clip do Préstamo 24h, é completamente gratis a súa emisión e o seu mantemento anual. Non deberás pagar nada por ter e usar a túa tarxeta VISA. Tamén é gratis se pagas impostos ou recibos con cargo ao crédito da tarxeta, pero si que terás unha serie de comisións asociadas ao uso común delas:
- Cobrarémosche 3 € cada vez que nos pidas que che cambiemos a tarxeta física, ou que che fagamos un duplicado.
- Cada vez que retires diñeiro dun caixeiro ou o movas a outras contas ou a tarxetas moedeiro, sempre que sexa a crédito, cobrámosche 4 € (ou un 4% se a cantidade que moves ou retiras é maior de 100 €). Esta comisión só se che aplicará a partir do 1 de xaneiro de 2015.
- Se consultas o saldo da VISA Clip que non son de ABANCA, cobrarémosche 0,50 € cada vez que o fagas.
- Se pagas en tendas e establecementos de países estranxeiros que usen moeda distinta do euro (dólares, libras, etcétera), cobrarémosche un 1,50% en concepto de comisión polo cambio de divisa. Sen embargo, esa comisión non se aplicará se retiras diñeiro no caixeiro neses países (lembra que retirar diñeiro, sexa onde sexa, leva aparellada unha comisión do 4% ou de 4 € a partir do 1 de xaneiro de 2015).
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-gastos-ten-un-emprestito