Que podo facer para rebaixar a cota da hipoteca?
-
Que podo facer para rebaixar a cota da hipoteca? Canto máis amplíes a duración da hipoteca, menor será a cantidade que teñas que pagar todos os meses. Mais lembra que iso tamén significa que en total, ao pagar os xuros durante máis tempo, pagarás un pouco máis. Ademais o prazo de devolución da hipoteca ten un límite máximo de 30 anos.
Se preferirías rebaixar a cota mensual, a Hipoteca Mari Carmen dispón dunha serie de bonificacións que che poden axudar:
- Ingresando todos os meses na conta a nómina ou a pensión, ou porque con regularidade achegas diñeiro á túa conta:
- Se domicilias a túa nómina ou pensión, ou se realizas ingresos mensuais de 600 € ou máis, ou se domicilias os teus seguros sociais, a bonificación é dun -0,20% no tipo de xuro.
- Se os teus ingresos son de 2.500 € ao mes ou máis (ou 3.500 ou máis en diferentes ingresos), ou se domicilias os teus seguros socias e mantés un saldo medio de 2.000 € na túa conta, terás unha bonificación do -0,40%. Tamén se che aplicará se tendo un ingreso recurrente superior a 600 € contratas un seguro de proteción de pagos polo valor do que resta de crédito.
- Contratando un seguro de vida polo 100% do saldo pendente da hipoteca na data de revisión, descontas - 0,25%.
- Contratando un seguro de fogar vencellado á hipoteca e que teña unha cobertura cando menos igual ao valor de taxación, a bonificación é de - 0,20%.
- Realizando 24 compras ao ano coa túa tarxeta de crédito ABANCA, ou gastando con ela cando menos 2.500 € ao ano, redúceseche un -0,15%
En total poderías rebaixar até o 1% o tipo de xuro. Consulta as condicións na páxina da Hipoteca Mari Carmen ou realiza a túa propia simulación.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-podo-facer-para-rebaixar-a-cota-da-hipoteca