Que significan as cores das oficinas no mapa?
-
Que significan as cores das oficinas no mapa? Para que che sexa doado identificar o horario das oficinas que aparecen no noso mapa de oficinas, sinalámoschas con distintas cores.
- En azul, as oficinas onde te atendemos en horario de mañá. Ademais, durante o horario de inverno (do 15 de setembro ao 15 de xuño), tamén te atenderemos para xestións comerciais, como solicitar contas, empréstitos etc., os luns, martes, mércores e xoves á tarde. Para iso terasnos que pedir cita previamente no teléfono 900 815 200.
- En verde, as oficinas rápidas para as túas operacións diarias máis habituais, con servizo de caixa continuo.
- Con círculo branco, e marcadas coas siglas O.E., atoparás as oficinas de empresas.
- En gris e azul, as oficinas de atención parcial, que abren algúns días da semana para darlle servizos a pequenas poboacións.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-significan-as-cores-das-oficinas-no-mapa