Que tipos de vivenda podo asegurar?
-
Que tipos de vivenda podo asegurar? Segundo como sexa a túa vivenda poderase clasificar como:
- Piso en planta intermedia: vivenda situada nun edificio no que as fiestras, terrazas ou balcóns están a máis de tres metros do chan e non é un piso na última planta.
- Piso na última planta (ático): o último piso dun edificio de vivendas.
- Piso na planta baixa: vivenda situada nun edificio no que as fiestras, terrazas ou balcóns están a menos de tres metros do chan.
- Unifamiliar independente: é a vivenda independente e de uso exclusivo que non comparte parede con outra edificación, aínda que pode compartir un muro, peche ou sebe.
- Unifamiliar acaroada: é a vivenda dunha ou varias plantas e de uso exclusivo, unida a outras vivendas, coas que comparte unha ou máis paredes laterais.
Necesitamos coñecelo para poderche ofrecer un seguro totalmente personalizado.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-tipos-de-vivenda-podo-asegurar