Quero operar coa miña banca electrónica, pero estou no estranxeiro e non recibo o SMS, ¿como podo facer?
-
Quero operar coa miña banca electrónica, pero estou no estranxeiro e non recibo o SMS, ¿como podo facer? Se tes dificultades para conectarte ou operar coa túa banca electrónica porque non recibes os SMS de acceso e firma, os máis recomendable é que instales a app de banca móbil de ABANCA.
Poderás realizar as operaciónes máis habituais dende o teu smartphone coa aplicación de banca móbil de ABANCA. Se non te chega o SMS para a instalación, pulsa na opción "Chamámoste" e ditarémosche a clave para finalizar a instalación.
Unha vez instalada a app móbil, en lugar de enviarche un SMS, enviarémosche unha notificación ao teu móbil e mesmo poderás xerar a clave no teu teléfono se non tes conexión de datos nese momento.
Se segues sen recibir o SMS, podes chamarnos ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 se
nos chamas desde o estranxeiro)Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/quero-operar-coa-mina-banca-electronica-pero-estou-no-estranxeiro-e-non-recibo-o-sms-como-podo-facer