Sobre Tarxeta Tú
-
Na miña Visa Tú, como podo traspasar diñeiro da tarxeta á conta?
Podes traspasar diñeiro desde a tarxeta á conta en calquera momento, durante o proceso de contratación ou posteriormente a través de Banca a distancia (banca electrónica, móbil ou telefónica). Podes seleccionar o importe do traspaso que máis che conveña, ata alcanzar o total do límite de crédito da tarxeta. Se traspasas todo o límite á conta, non terás saldo dispoñible para realizar máis operacións ata que vaias pagando esa débeda, conforme aos pagamentos mensuais previstos ou mediante amortizacións anticipadas gratuítas.
É moi cómodo, sen ningún papelame, nin trámites adicionais e podes escoller a forma de pagamento que queiras. Se seleccionas o pagamento cota fixa irás pagando todos os meses a cantidade que elixas. Esta cantidade determinará o prazo necesario para que devolvas a cantidade traspasada e os xuros. Se realizas máis compras, disposicións de efectivo ou traspasos a conta con pagamento en cota fixa, seguirás pagando o mesmo cada mes, pero necesitarás máis tempo para ir devolvendo a débeda acumulada. Tamén poderás realizar amortizacións anticipadas gratuítas, co que acurtarás ese prazo. Podes variar o importe da cota fixa as veces que queiras e sen ningún custo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/tarxeta-tu/#346 -
Que formas de aprazar os pagamentos ten a tarxeta Tú?
A tarxeta Tú ten tres formas de pagamento:
- A fin de mes
- Con aprazamento a 3, 6, 9, 10 ou 12 meses
- Cunha cota fixa revolving.
Ti decides que modalidade de pagamento queres aplicar en cada compra. Tes máis información sobre aprazamentos nunha sección específica desta mesma Axuda.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/tarxeta-tu/#291 -
Onde podo retirar a débito coa miña tarxeta Tú?
A tarxeta Tú permíteche retirar diñeiro en caixeiros de todo o mundo, tanto a débito como a crédito. Só tes que seleccionar a opción que máis che conveña en cada retirada. Cando o caixeiro non permita seleccionar, a operación realizarase sempre a débito.
Consulta aquí os caixeiros de España onde sacar diñeiro a débito sen que che cobren comisións.
No estranxeiro, aplicarase unha comisión de 2€ dentro da zona euro e un 4% (cun mínimo de 4€) fóra da zona euro. Algunhas entidades poderán aplicar unha taxa de recarga polo uso dos seus caixeiros. Nas disposicións en moeda diferente ao euro aplicarase a comisión de cambio de divisa establecida no contrato da tarxeta.
Vantaxes para clientes do nivel premium do Programa Servizos ABANCA: Se es premium poderás sacar diñeiro a débito sen custo (sen comisión), en calquera dos adheridos ao acordo entre rede Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caixa de Arquitectos, Caixa de Enxeñeiros, Euro Automatic Cash e Banca March fóra de Galicia, así como en todos os caixeiros fóra de España.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/tarxeta-tu/#292 -
Podo pagar a débito en comercios coa miña tarxeta Tú?
Coa túa tarxeta Tú, que é unha tarxeta de crédito con pagamento a fin de mes, podes retirar diñeiro a débito en calquera caixero automático como se fose unha tarxeta de débito. Porén, esta opción só está habilitada para caixeiros, e se pagas en establecementos comerciis físicos ou virtuais, faralo a crédito.
De todos os xeitos, se realizas unha compra a crédito coa tarxeta Tú, podes facer unha amortización inmediatamente desde a cuenta corrente, a través de banca móbil e electrónica co que a compra pode converterse practicamente nunha operación a débito.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/tarxeta-tu/#293 -
Como podo mudar a modalidade de pagamento aprazado dunha operación coa tarxeta Tú?
Na túa app de banca móbil ou na banca electrónica podes elixir qué modalidade de pagamento queres para cada unha das operacións que realices coa tarxeta Tú. E tamén aí podes mudar a forma de pagamento de calquera compra, de xeito individual, todas as veces que necesites, en calquera momento. A única condición é que tes que facelo antes de que se realice a primeira liquidación da operación (o día 20 do mes) e que se che cargará na conta o último día do mes.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/tarxeta-tu/#294 -
Ata que data podo modificar o prazo dunha compra coa tarxeta Tú? Se mudo o prazo aplicaránseme dúas comisións?
Se te trabucaches ao seleccionar os meses en que queres aprazar unha compra, ou simplemente mudaches de opinión, podes modificar o número de prazos en calquera momento antes da primeira liquidación desa operación. Esta primeira liquidación prodúcese o día 20 de cada mes (o cargo en conta farase o último día do mes)
Unicamente se aplicará a comisión correspondente ao prazo que teña a operación na data de liquidación, sen ter en conta todos os trocos que fixeras previamente.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/tarxeta-tu/#295 -
Como podo amortizar unha operación coa miña tarxeta Tú?
Se queres liquidar a débeda da tarxeta Tú, tanto se é un pagamento a finais de mes como se é un pagamento a prazos, podes facelo directamente mediante a túa app de banca móbil ou na banca electrónica.
Na banca móbil terás que seguir os seguintes pasos:
- Selecciona a tarxeta Tú no apartado Tarxetas.
- Localiza a operación na lapela Movementos.
- Desde o botón Xestionar, se a túa operación ten como seleccionada a forma de pagamento a fin de mes só deberás indicar que queres amortizala e a cantidade a aplicar, que pode ser toda a débeda ou parte.
- E desde ese mesmo botón Xestionar, se a túa operación ten outra modalidade de pagamento (como un aprazamento a 3, 6, 9, 10 ou 12 meses ou un aprazamento de cota fixa, primeiro debes mudar a forma de pagamento e pasala á modalidade de a fin de mes; logo terás que facer a amortización como che acabamos de sinalar no punto anterior.
- Lembra que se fas unha amortización parcial, reducirémosche as cotas, pero non che reduciremos os meses, para que poidas seguir pagando de forma máis cómoda.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/tarxeta-tu/#296 -
Que tipo de cambio se utiliza en operacións en moeda estranxeira? Aplícase algunha comisión?
Cando fas unha compra coa túa tarxeta ou sacas diñeiro nun caixeiro nunha moeda distinta ao euro, faise unha conversión do valor da moeda da operación a euros.
A conversión será a que determine a marca da túa tarxeta, Visa ou Mastercard, o día que se liquide a operación entre a entidade do terminal e ABANCA. Ese día pode ser distinto do día en que ti fagas a operación, isto dependerá do país, o comercio, o seu banco… e non se pode saber con antelación.Para que teñas unha visión aproximada desta conversión, preparamos unha calculadora de divisasSerás redirixido a outro sitio web para coñecer o tipo de cambio que se aplica nunha data determinada cando pagas coa túa tarxeta ABANCA nunha moeda estranxeira. A nosa calculadora tamén che indicará a diferenza porcentual entre o tipo que che damos nós e o establecido polo Banco Central Europeo (BCE) para esa data e moeda. Nalgúns casos non poderemos facilitarche esta última información, xa que o BCE non facilita a conversión para todas as moedas. Ademais, é posible que a túa tarxeta, tal e como se indica no contrato, teña unha comisión por cambio de divisa. Se é o teu caso, esta calculadora tamén cha mostrará.
Ten en conta que algúns terminais de países con outra moeda pódenche ofrecer realizar a operación directamente en euros. Nese caso, o tipo de cambio establéceo directamente ese terminal sen intervención nin responsabilidade de ABANCA. O terminal debería informarche do tipo de cambio que che aplicará. Estas operacións tramitaranse directamente en euros, polo que en ningún caso aplicarase a comisión de cambio de divisa que poida ter establecida a túa tarxeta, pero debes ter en conta que o tipo de cambio pode non ser tan vantaxoso como o que che aplicaría ABANCA.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/tarxeta-tu/#556 -
Que son os límites de gasto dunha tarxeta?
Por razóns de seguridade, todas as túas tarxetas traen establecida unha cantidade máxima de diñeiro que podes gastar ou retirar nun caixeiro nunha soa operación, é o que se coñece como límite de gasto dunha tarxeta. Se realizas algunha compra ou sacas efectivo que exceda ese límite, a operación sería denegada.
Coa app de ABANCA, podes modificar os límites de gasto de cada unha das túas tarxetas para compras por internet, en establecementos físicos e para retiradas en caixeiros. Por exemplo, se realizas poucas compras online, podes reducir o límite de gasto para compras por internet e estarás máis protexido no caso de que che rouben a tarxeta.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/tarxeta-tu/#560 -
Como funciona a tarxeta de crédito?
Tes unha cantidade de diñeiro chamada "límite de crédito" dispoñible na túa tarxeta. Cada vez que fagas unha compra ou unha retirada de efectivo a crédito nun caixeiro, utilizarás ese límite. É dicir, nese momento non se cargará o importe na túa conta corrente.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/tarxeta-tu/#788 -
Canto custa a tarxeta Visa Tú?
A Visa Tú é de balde, sen comisión de emisión nin de mantemento, durante o primeiro ano.
A partir do segundo, tamén pode seguir sendo de balde para ti se realizas compras coa túa tarxeta Ti por un importe superior a 3000€ ao ano. Se non o fas, a comisión de mantemento é de 43€ ao ano.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/tarxeta-tu/#789