
As nosas apps, servizos dixitais e todo o que necesitas para levar o teu banco sempre contigo.
Descubre os nosos servizos dixitais e atopa todo o que necesitas do teu banco no teu móbil e ordenador.
-
APP ABANCA
Os votos de usuarios como ti nas principais tendas confírmano: a app de banca móbil de ABANCA é unha das mellor valoradas polos seus usuarios. E é gratis! Xestiona o teu diñeiro desde o teu móbil cando e onde queiras.
-
BIZUM
Envía diñeiro desde o teu móbil ao de quen ti queiras, sexa do banco que sexa. Só necesitas saber o número de teléfono da persoa á quen llo queres mandar e terá o diñeiro ao momento na súa conta.
-
APPLE PAY
Aproveita todas as vantaxes das túas tarxetas ABANCA usando Apple Pay, unha forma máis fácil, rápida e segura de pagar a través de calquera dispositivo Apple: iPhone, iPad ou Apple Watch.
-
GOOGLE PAY
Se tes un dispositivo Android, as compras coa túa tarxeta ABANCA son máis cómodas. Con Google Pay poderás pagar en comercios contactless, online e mesmo en apps directamente co teu móbil.
-
CHAMÁMOSTE
Se necesitas información ou tes dúbidas sobre algún dos produtos que ofertamos nesta web, poderás solicitar que che chamemos desde a túa oficina habitual o día e a hora que ti nos indiques.
-
CONTRATA POLA WEB E APP
Podes facerte cliente de ABANCA en cuestión de minutos desde a nosa web e 100% online. Ou contratar os produtos financeiros máis habituais desde o computador ou desde a nosa app de banca móbil de forma completamente dixital.
-
FIRMA ABANCA
Xa podes asinar a contratación de moitos dos nosos produtos directamente desde o móbil, mesmo se sodes varios titulares. Por suposto, o contrato terá a mesma validez xurídica que se o asinases na oficina e sempre terás unha copia no teu buzón de e-correspondencia.
-
BRÓKER ONLINE
O noso bróker en liña permíteche moverte pola bolsa, comprar e vender valores, consultar os fondos de investimento comercializados por ABANCA, e moito máis, desde o teu móbil ou ordenador. Agrupa todas as túas operacións na túa Conta Valores e aproveita da nosa tarifa plana para a compra e venda de valores.
-
INFORMACIÓN E XESTIÓNS
Coa app de ABANCA podes acceder a un informe personalizado dos teus gastos con tarxeta. Tamén podes dar de alta o noso servizo de notificacións instantáneas para controlar todo o que ocorre na túa conta. Activa o servizo de avisos en banca electrónica ou banca móbil.
-
XESTIÓNS E TRÁMITES
Accede a toda a túa documentación bancaria desde a e-correspondencia na túa banca electrónica e móbil: contratos, extractos, domiciliacións ou a túa información fiscal, entre outros. Tamén poderás descargar en segundos os xustificantes das operacións que fagas a distancia ou certificados de titularidade da túa conta.
-
ARREDONDEO DE COMPRAS
Con este servizo gratuíto, cada compra que realices de máis de 15€ coas túas tarxetas ABANCA pasaremos diñeiro da túa tarxeta a Conta Peto. E canto? Pois o que falte para o arredondeo múltiplo de 5.
-
PAGO DE RECIBOS
Co servizo ABANCA Recibos poderás pagar os teus recibos non domiciliados da forma máis sinxela. Abre a túa app de ABANCA, accede a ‘Pago de recibos’, fotografa o recibo que queiras pagar ou devolver, e listo! Esquécete de encher formularios e aforra tempo en cada pago.
-
LÍDERES EN SEGURIDADE
Traballamos para desenvolver medidas de seguridade que garantan a integridade e confidencialidade da túa información e mecanismos para previr, detectar e loquear calquera fraude. Pero lembra que ti tamén debes poñer do teu parte para garantir a túa seguridade. Nunca che solicitaremos datos confidenciais nin claves por correo electrónico ou teléfono.
-
AS TÚAS CONTAS, PROTEXIDAS
Utilizamos sistemas de dobre autenticación cando accedes ás túas contas e realizas certas operacións para confirmar que es ti quen as está facendo. Ademais, se durante os nosos controis rutineiros detectamos actividade inusual, poñerémonos en contacto contigo para informarche ou verificar a autenticidade dalgunha das túas operacións.
-
COMPRAS SEGURAS EN INTERNET
Xera unha tarxeta virtual cando compres por internet e evita dar os datos reais da túa tarxeta. Podes crear tantas como necesites na túa banca móbil ou banca electónica, e gratis! Ademais, cando pagues en comercios online seguros, deberás autorizar a transacción mediante unha clave que che enviaremos por SMS.
-
APAGA E ACENDE AS TARXETAS
Se non atopas a túa tarxeta ABANCA ou simplemente queres bloquear o seu uso durante un tempo, podes apagala desde a túa banca móbil de forma que ninguén poida utilizala. Se finalmente a atopas, actívala de novo e lista para usar! Sen baixas, sen chamadas e sen complicacións.