CARTEIRA ABANCA 360

Un servizo deseñado para investidores noveis ou avanzados. Os nosos expertos xestionarán a túa carteira de fondos, cun forte compoñente social e ambiental, mediante estratexias de última xeración.
Unha muller traballando no seu despacho

Sobre a Carteira ABANCA 360

Carteiras perfiladas

Realizaremos un test de idoneidade para che ofrecermos unha carteira adaptada ao teu perfil de risco.

Desde 20.000 €

O investimento inicial (e que terás que manter) mínimo é de 20.000 € e o máximo é de 60.000 €.

Xestión discrecional

Xestionamos a túa carteira e tomamos as decisións de investimento por ti segundo o mercado.

O teu diñeiro dispoñible

Poderás dispor do teu investimento, mediante o reembolso das participacións nos fondos de investimento, en poucos días asumindo as posibles ganancias ou perdas.

Carteiras perfiladas

Realizaremos un test de idoneidade para che ofrecermos unha carteira adaptada ao teu perfil de risco.

Desde 20.000 €

O investimento inicial (e que terás que manter) mínimo é de 20.000 € e o máximo é de 60.000 €.

Xestión discrecional

Xestionamos a túa carteira e tomamos as decisións de investimento por ti segundo o mercado.

O teu diñeiro dispoñible

Poderás dispor do teu investimento, mediante o reembolso das participacións nos fondos de investimento, en poucos días asumindo as posibles ganancias ou perdas.

Leva un 1% de bonificiación!

Se contratas unha carteira da nosa Xestión Discrecional de carteiras, poderás gozar dunha bonificación do 1% do importe aportado, cun compromiso de permanencia de 24 meses. Ata o 30 de xuño!

Alpha 360: unha estratexia de investimento líder

Onde inviste a Carteira ABANCA 360

Antes da contratación, realizarémosche un test de idoneidade e conveniencia onde che preguntaremos polos teus coñecementos, experiencia, obxectivos de investimento e situación financeira. Baseándose no resultado, ofrecerémosche un dos tres perfís de risco dispoñibles para este servizo:

Conservador

Para investidores que buscan un risco baixo e unha exposición á renda variable baixa:

  • Ata o 10% de exposición á renda variable
  • Acéptase un VaR (Valor en risco) menor ou igual ao 5%
  • Horizonte temporal: 3 anos
  • Comisión de xestión: 0,85% (1,03% IVE incluído)

Moderado

Para investidores que asumen un risco medio e unha exposición á renda variable moderada:

  • Ata o 30% de exposición á renda variable
  • Acéptase un VaR (valor en risco) menor ou igual ao 10%
  • Horizonte temporal: 3 anos
  • Comisión de xestión: 0,95% (1,15% IVE incluído)

Decidido

Para investidores que poden asumir un risco alto e unha elevada exposición á renda variable

  • Ata o 75% de exposición á renda variable
  • Acéptase un VaR (Valor en risco) menor ou igual ao 15%
  • Horizonte temporal: 5 anos
  • Comisión de xestión: 1% (1,21% IVE incluído)

ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA) advirte que toda a información que se publica nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e elaborouse sen ter en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.

A información proporciónase exclusivamente para os efectos informativos e publicitarios sen que se poida estimar como elemento determinante para a toma de decisións por parte do investidor. ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información que se expón aquí. Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información contida aquí por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA.

A adquisición de instrumentos financeiros implica riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor e que poden implicar perdas no capital investido polo investidor, mesmo poden supor a perda total do capital investido.

A natureza e mais o alcance do risco dependerá do tipo de instrumento. A xeito de resumo, os principais riscos que ten que asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de cambio de divisas, de crédito, de xuros e de falta de liquidez. Outros riscos atenden a orixes e circunstancias moi diversas: ámbitos políticos, económicos e sociais en xeral.

Atopa toda a información sobre o modelo de banca responsable e sostible de ABANCA, así como sobre a Política de Investimento Responsable e Integración de Riscos de Sostibilidade.Serás redirixido a outro sitio web

Condicións da promoción: Oferta válida ata o 30 de xuño para achegas a novos Contratos de Xestión Discrecional de Carteira (Carteira ABANCA 360) abertos ata 30 días antes da adhesión á mesma, mediante achegas de efectivo que supoñan un incremento na posición global do cliente en ABANCA segundo as condicións da promoción. Abonarase en efectivo o 1% do importe captado sempre que se alcance o importe total mínimo comprometido de entrada ("Importe mínimo"). Importe de inversión mínimo y a mantener durante 24 meses de 20.000€ y máximo de 60.000€.