• ico-carteras-perfiladas-gdc

    Carteiras perfiladas

    Realizaremos un test de idoneidade para che ofrecermos unha carteira adaptada ao teu perfil de risco.

  • ico-inversion-minima-gdc

    Desde 3000 €

    O investimento inicial (e que terás que manter) mínimo é de 3000 € e o máximo é de 50.000 €.

  • ico-invierte-de-forma-sencilla-gdc

    Xestión discrecional

    Xestionamos a túa carteira e tomamos as decisións de investimento por ti segundo o mercado.

  • ico-tu-dinero-disponible-gdc

    O teu diñeiro dispoñible

    Poderás dispor do teu investimento, mediante o reembolso das participacións nos fondos de investimento, en poucos días asumindo as posibles ganancias ou perdas.

Inversións en fondos sostibles xestionadas polos nosos expertos

O noso servizo de xestión discrecional de carteiras (XDC) permíteche delegar o 100% da xestión da túa carteira no noso equipo de profesionais expertos en mercados e investimento. Serán os encargados de monitorizar en cada momento os movementos nos mercados e tomar as decisións de investimento que consideren máis axeitadas para o teu patrimonio, sempre consonte o perfil de risco da carteira. Para iso realizarán as operacións de compra e venda que sexan necesarias en cada momento.

O obxectivo da Carteira ABANCA 360 é conseguir a preservación rendible e sostible do capital a medio e longo prazo. Poderás dispor do diñeiro cando o necesites, coas ganancias ou perdas acumuladas ata ese momento. Lembra que os produtos contratados a través deste servizo son fondos de investimento que implican riscos e poden supor perdas de capital e que o seu reembolso tarda uns días desde que o solicitas.

1porciento-promo-gdc

Leva un 1% de bonificiación!

Se contratas unha carteira da nosa Xestión Discrecional de carteiras, poderás gozar dunha bonificación do 1% do importe aportado, cun compromiso de permanencia de 24 meses. Ata o 31 de decembro!

Alpha 360: unha estratexia de investimento líder

gestion-discrecional-carteras-abanca-360

O servizo de XDC de ABANCA baséase no modelo de investimento Alpha 360, unha estratexia avanzada que segue procesos flexibles e dinámicos, transversais e homoxéneos, para xerar propostas de investimento adaptadas ao perfil de cada cliente.

Así, o modelo Alpha 360 permítenos crear carteiras diversificadas que cumpren con principios que van alén da busca de rendibilidade. Incorpóranse á análise criterios ambientais, sociais e de bo goberno corporativo (ASG) ao longo de todo o proceso, é por iso que se poden clasificar no artigo 8 de SFDR (EU Sustainable Finance Disclosures).

Seguimos esta estratexia para a selección de fondos:

  • Alpha. Os nosos expertos seleccionan as mellores ideas de investimento das carteiras XDC Alpha a través de fondos de investimento de xestión activa.
  • Beta. Investimento pasivo intelixente en fondos marca ABANCA que replican un índice ASG (xestión pasiva). Permiten a exposición aos mercados de forma eficiente e con baixos custos.
  • ASG. Polo menos o 75% da carteira estará investido en fondos de investimento que promovan características ambientais, sociais, cun obxectivo de investimento sostible ou de impacto. Ademais, as xestoras dos fondos de investimento subxacentes son signatarias dos principios PRI.

Onde inviste a Carteira ABANCA 360

Antes da contratación, realizarémosche un test de idoneidade e conveniencia onde che preguntaremos polos teus coñecementos, experiencia, obxectivos de investimento e situación financeira. Baseándose no resultado, ofrecerémosche un dos tres perfís de risco dispoñibles para este servizo:

  • Conservador, para investidores que buscan un risco baixo e unha exposición á renda variable baixa:
    • Ata o 10% de exposición á renda variable
    • Acéptase un VaR (Valor en risco) menor ou igual ao 5%
    • Horizonte temporal: 3 anos
    • Comisión de xestión: 0,75% (0,91% IVE incluído)
  • Moderado, para investidores que asumen un risco medio e unha exposición á renda variable moderada:
    • Ata o 30% de exposición á renda variable
    • Acéptase un VaR (valor en risco) menor ou igual ao 10%
    • Horizonte temporal: 3 anos
    • Comisión de xestión: 0,85% (1,03% IVE incluído)
  • Decidido, para investidores que poden asumir un risco alto e unha elevada exposición á renda variable
    • Ata o 75% de exposición á renda variable
    • Acéptase un VaR (Valor en risco) menor ou igual ao 15%
    • Horizonte temporal: 5 anos
    • Comisión de xestión: 0,90% (1,09% IVE incluído)

A comisión de xestión deste servizo é fixa, según o perfil de risco, calculámola como a porcentaxe anual sobre o valor efectivo da carteira. Esta comisión cóbrase de forma trimestral directamente na túa conta en función do valor da carteira ao final de cada período.

Lembra que ademais desta comisión de xestión, debes ter en conta os custos propios dos fondos de investimento onde se inviste. Aínda que, ao tratarse de "clases limpas", que teñen menores comisións de xestión ao non xerar incentivos para o comercializador das mesmas, os custos asociados aos devanditos fondos son menores.

O valor en risco anual (VaR) ao 95% de confianza é unha medida de xestión de riscos cuxa cifra mide a perda máxima esperada a un ano cun 95% de confianza.

É importante ter en conta o horizonte temporal da carteira xa que solicitar a cancelación do servizo antes de que remate o horizonte recomendado pode implicar que se asuma un maior risco de perda no capital investido.

Sempre terás información da túa Carteira ABANCA 360

Cada tres meses enviarémosche o informe patrimonial coa evolución e mais o detalle dos fondos que teñas na carteira.

Ademais, mensualmente, recibirás unha newsletter co comentario dos xestores e a visión de mercado para que sempre dispoñas de información.

Lembra que sempre poderás consultar a posición dos fondos que forman parte da túa carteira no noso bróker online a través da túa app de banca móbil ou desde a banca electrónica. Tamén atoparás notas de mercado e outras noticias relevantes para os teus investimentos.

En canto á información sobre as principais características e riscos atópanse no folleto explicativo e no documento cos datos fundamentais para o investidor do fondo que se atopa á súa disposición, xunto co resto da documentación legal esixible, nas oficinas de ABANCA, na Sociedade Xestora, así como na páxina web da CNMVSerás redirixido a outro sitio web e nesta web.

Máis información

ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA) advirte que toda a información que se publica nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e elaborouse sen ter en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.

A información proporciónase exclusivamente para os efectos informativos e publicitarios sen que se poida estimar como elemento determinante para a toma de decisións por parte do investidor. ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información que se expón aquí. Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información contida aquí por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA.

A adquisición de instrumentos financeiros implica riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor e que poden implicar perdas no capital investido polo investidor, mesmo poden supor a perda total do capital investido.

A natureza e mais o alcance do risco dependerá do tipo de instrumento. A xeito de resumo, os principais riscos que ten que asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de cambio de divisas, de crédito, de xuros e de falta de liquidez. Outros riscos atenden a orixes e circunstancias moi diversas: ámbitos políticos, económicos e sociais en xeral.

Atopa toda a información sobre o modelo de banca responsable e sostible de ABANCA, así como sobre a Política de Investimento Responsable e Integración de Riscos de Sostibilidade.Serás redirixido a outro sitio web

Condicións da promoción: Oferta válida ata o 31 de decembro para achegas a novos Contratos de Xestión Discrecional de Carteira (Carteira ABANCA 360) abertos ata 30 días antes da adhesión á mesma, mediante achegas de efectivo que supoñan un incremento na posición global do cliente en ABANCA segundo as condicións da promoción. Abonarase en efectivo o 1% do importe captado sempre que se alcance o importe total mínimo comprometido de entrada ("Importe mínimo"). Importe de inversión mínimo y a mantener durante 24 meses de 3.000€ y máximo de 50.000€.