Investimentos xestionados polos nosos expertos
O noso equipo de profesionais expertos en mercados e investimento encárgase do 100% da xestión da túa carteira de fondos de investimento.
Contamos cun modelo de investimento propio que combina unha estratexia avanzada e personalizada para xerar propostas de investimento adaptadas ao perfil de cada cliente. É importante ter en conta que os produtos contratados neste servizo son fondos de investimento que levan riscos e poden supoñer perdas no capital investido.
Leva un 2% de bonificación
Goza dunha bonificación en efectivo do 2% do importe achegado cun límite máximo de bonificación de 6.000€. O investimento inicial mínimo é de 60.000€, cun compromiso de permanencia de 30 meses. ¡Promoción válida ata o 31 de maio de 2026!
Cartera ABANCA Equilibrio: estratexia de investimento
A estratexia da Cartera ABANCA Equilibrio consiste en adaptar tácticamente o teu investimento ás catro grandes fases do ciclo económico (prosperidade, recesión, inflación e deflación).
Os nosos expertos identifican a fase do ciclo e constrúen unha carteira equilibrada, ponderando 4 bloques de activos segundo as variables clave de crecemento e inflación, buscando a mellor combinación para aproveitar as oportunidades de mercado en calquera contorno de mercado e un equilibrio a longo prazo.
Características da carteira
Perfil de investidor
Horizonte temporal
Capital inicial
Investimento Intelixente
(*) VaR: Valor en risco anual ao 95% de confianza. É unha medida de xestión de riscos cuxa cifra mide a perda máxima esperada a un ano cun 95% de confianza.
Lembra que poderás dispor do teu investimento solicitando unha cancelación parcial ou total do servizo, ten en conta que o reembolso das participacións nos fondos de investimento tardará uns días desde que o solicites. Se cancelas o servizo antes dos horizontes temporais recomendados pode aumentar o risco de perda do capital investido.
Consulta a información completa sobre os riscos dos produtos de investimento e o resto das características ao final da páxina
Comisións da carteira
Para o servizo de Xestión Discrecional de Carteiras, podes elixir entre dous tipos de comisións. En ambos casos, hai que sumar os custos propios dos fondos nos que se inviste, aínda que se accede a "clases limpas" con comisións menores.
As comisións incrementaranse co IVE vixente. O custo máximo do servizo é:
- Tarifa Fixa: Un máximo do 0,95% anual sobre o patrimonio xestionado (o que equivale a un 1,15% co IVE incluído).
- Tarifa Mixta: Un máximo do 0,80% fixo anual (0,97% con IVE incluído), máis unha comisión variable do 10% sobre as plusvalías (12,1% con IVE incluído).
Falemos do teu futuro
Se consideras que a Carteira ABANCA Equilibrio se axusta aos teus obxectivos de investimento, o noso equipo de xestores está á túa disposición para proporcionarte toda a información que precises, sen ningún compromiso.
Carteiras ABANCA
ABANCA Futuro
ABANCA Responsable
ABANCA Combinada
ABANCA 360
Escóitanos tamen en
En canto á información sobre as principais características e riscos dos fondos de investimento, atópanse no folleto explicativo e no documento cos datos fundamentais para o investidor do fondo, que está á súa disposición xunto co resto da documentación legal esixible, nas oficinas, na Sociedade Xestora, así como na páxina web da CNMV e nesta web.
ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA) advirte que toda a información publicada nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e elaborouse sen ter en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.
A información proporciónase exclusivamente con fins informativos e publicitarios, sen que poida considerarse como elemento determinante para a toma de decisións por parte do investidor. ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información aquí exposta. Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información aquí contida por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA.
A adquisición de instrumentos financeiros leva riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor e que poden supoñer perdas no capital investido polo investidor, podendo supoñer a perda total do capital investido. Poderás dispor do teu investimento, mediante o reembolso das participacións nos fondos de investimento, en poucos días asumindo as posibles ganancias ou perdas.
É importante ter en conta o horizonte temporal da carteira xa que solicitar a cancelación do servizo antes de que remate o horizonte recomendado pode implicar que se asuma un maior risco de perda no capital investido.
A natureza e alcance do risco dependerá do tipo de instrumento. A modo de resumo, os principais riscos que debe asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de cambio de divisas, de crédito, de interese e de falta de liquidez. Outros riscos atenden a moi diversos orixes e circunstancias: contornos políticos, económicos e sociais en xeral.
Condicións da promoción: Oferta válida ata o 31 de decembro para achegas a novos Contratos de Xestión Discrecional de Carteira abertos ata trinta días antes da adhesión á mesma, mediante achegas de efectivo que supoñan un incremento na posición global do cliente en ABANCA de acordo coas condicións da promoción. Abonarase en efectivo o 2% do importe captado sempre que se acade o importe total mínimo comprometido de entrada ("Importe mínimo") cun máximo de bonificación de 6.000€. Investimento mínimo e a manter de 20.000€ no caso de Carteira ABANCA 360 e de 60.000€ para as Carteiras ABANCA Equilibrio, Carteira ABANCA Responsable e Carteira ABANCA Futuro e compromiso de permanencia de 30 meses de 60.000€.