Flexibilidade para as túas compras
A tarxeta de crédito Visa Ti e a app de ABANCA son todo o que precisas para organizar as túas compras.
¿Pagar a fin de mes? ¿Ou mellor pouco a pouco, en varios meses? ¿Fraccionar unha compra ou todas? Ou quizais o que queres é elixir ti a cota mensual.
Se ti pagas, ti escolles como facelo.
Todo desde o teu móbil
- Apaga e acende a túa tarxeta
- Establece límites de gasto para compras por internet ou retiradas de efectivo
- Saca efectivo a crédito ou débito, ti escolles
- Recibe avisos de cada compra ao instante
Ti escolles a forma de pago que mellor se adapta a ti
Sexa para todas as túas compras ou para os teus gastos individuais.
Fin de mes
Pago a prazos
Cota fixa revolving
Simula o pago con cota fixa revolving
Canto diñeiro necesitas?
Indícanos canto queres pagar coa tarxeta. En función desa cantidade e de canto queiras pagar cada mes, facilitámosche unha simulación de canto pagarías en total e durante canto tempo.
Canto queres pagar cada mes?
Necesitamos que nos indiques como queres ir devolvendo cada mes o gasto da tarxeta. Podes escoller pagar unha cantidade máis alta, unha intermedia, unha máis baixa ou personalizala ao teu gusto. Ten en conta que un pago mensual máis alto supón que rematarás antes de devolver a débeda da tarxeta e pagarás menos xuros. E ao revés, un pago mensual máis baixo supón incrementar o número de meses que terás que estar pagando e o total de xuros que che aplicaremos. Este simulador permitirache estudar o custo que supón cada alternativa e escoller a que mellor se adapte a ti. Os dous últimos pagos mensuais poden ser diferentes porque corresponderán ao pago do remanente de capital e os seus correspondentes xuros.
Como calculamos esta simulación?
A simulación calculámola supoñendo que fas hoxe mesmo unha compra polo importe que nos indicaches e que a irás devolvendo conforme ao pago mensual que seleccionaches. Supoñemos que non farás máis operacións coa tarxeta e que atenderás puntualmente todos os pagos mensuais. En cada período de liquidación calculamos o saldo medio diario da débeda de capital da tarxeta e sobre o mesmo aplicamos o tipo de xuro desta modalidade de tarxeta. Tamén incluímos, se é o caso, a comisión de emisión / mantemento da tarxeta. Con todo isto obtivemos os custos de xuros e comisións que che indicamos e calculamos a TAE correspondente.
Esta é unha simulación de carácter orientativo do que che correspondería pagar por unha operación das características que indicaches, baseándose na información que ti nos facilitaches. A simulación non implica que ABANCA teña que concederche unha tarxeta de crédito. Se finalmente contratas unha tarxeta de crédito, as súas condicións poderán diferir das desta simulación se posuímos información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras.
Sácalle o máximo partido á túa tarxeta
Desde fraccionar un pago imprevisto ata aforrar nas túas compras diarias. Poñémoscho fácil para que aproveites todas as súas vantaxes.
Fraccionar compras é moi sinxelo
- Entra na app, na túa tarxeta de crédito, e selecciona a compra que queres aprazar.
- Fai clic en Xestionar pago.
- Selecciona a opción Apraza as túas compras e elixe en cantos meses queres pagar.
E moitas vantaxes máis
Coa tarxeta Visa Ti terás:
- Descontos en gasolineiras: 4% en todas as estacións de servizo Galp asociadas a esta promoción. Consulta as condicións.Ver ficheiro PDF
- Descontos e reembolsos en hoteis, viaxes e outros establecementos a través do programa EURO 6000 Plus. Só por usar a túa tarxeta! Consulta os beneficios.
Seguros gratuítos para as túas viaxes e compras
Só por pagar con esta tarxeta de crédito xa dispós de coberturas vinculadas á tarxeta(2), de forma totalmente gratuíta.
Seguro de accidentes en transporte público
Seguro de asistencia en viaxes
Seguro de roubo de compras
Seguro de danos en compras
Seguro por uso fraudulento da túa tarxeta
Seguro de viaxe
Pagar máis tarde
Préstamo 24h
¿Tes preguntas? Nós respostas
A tarxeta Tú permíteche retirar diñeiro en caixeiros de todo o mundo, tanto a débito como a crédito. Só tes que seleccionar a opción que máis che conveña en cada retirada. Cando o caixeiro non permita seleccionar, a operación realizarase sempre a débito.
Consulta aquí os caixeiros de España onde sacar diñeiro a débito sen que che cobren comisións.
No estranxeiro, aplicarase unha comisión de 2€ dentro da zona euro e un 4% (cun mínimo de 4€) fóra da zona euro. Algunhas entidades poderán aplicar unha taxa de recarga polo uso dos seus caixeiros. Nas disposicións en moeda diferente ao euro aplicarase a comisión de cambio de divisa establecida no contrato da tarxeta.
Vantaxes para clientes do nivel premium do Programa Servizos ABANCA: Se es premium poderás sacar diñeiro a débito sen custo (sen comisión), en calquera dos adheridos ao acordo entre rede Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caixa de Arquitectos, Caixa de Enxeñeiros, Euro Automatic Cash e Banca March fóra de Galicia, así como en todos os caixeiros fóra de España.
Coa túa tarxeta Tú, que é unha tarxeta de crédito con pagamento a fin de mes, podes retirar diñeiro a débito en calquera caixero automático como se fose unha tarxeta de débito. Porén, esta opción só está habilitada para caixeiros, e se pagas en establecementos comerciis físicos ou virtuais, faralo a crédito.
De todos os xeitos, se realizas unha compra a crédito coa tarxeta Tú, podes facer unha amortización inmediatamente desde a cuenta corrente, a través de banca móbil e electrónica co que a compra pode converterse practicamente nunha operación a débito.
Tes unha cantidade de diñeiro chamada "límite de crédito" dispoñible na túa tarxeta. Cada vez que fagas unha compra ou unha retirada de efectivo a crédito nun caixeiro, utilizarás ese límite. É dicir, nese momento non se cargará o importe na túa conta corrente.
A Visa Tú é de balde, sen comisión de emisión nin de mantemento, durante o primeiro ano.
A partir do segundo, tamén pode seguir sendo de balde para ti se realizas compras coa túa tarxeta Ti por un importe superior a 3000€ ao ano. Se non o fas, a comisión de mantemento é de 43€ ao ano.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG
(1) Exemplo representativo para unha compra de 1500€ a pagar en 48 meses en modalidade de cota fixa revolving. 12,85% TIN (19,31% TAE). Pagarías cada mes 40,13 €, agás os meses nos que tamén se aplique a comisión de emisión ou mantemento da tarxeta (43€), nos que o pago será de 83,13€. O importe total que acabarías pagando sería de 2.098,17 €, dos que 426,17 € serían xuros e 172 € comisións de emisión ou mantemento. O custo total da financiación sería de 598,17 €. A comisión de mantemento da tarxeta pode ser bonificada se cumpres cos requisitos do programa de servizos ABANCA ou acadas a facturación en compras esixida nas condicións da tarxeta. Este exemplo é meramente representativo e non se corresponde coa forma pactada no contrato da tarxeta, á que se axustará a liquidación das operacións. Podes elixir a cota fixa mensual que desexas pagar desde o 2% do límite de crédito da túa tarxeta, cun mínimo de 30 €, que será o que abones independentemente do que gastases nese mes, e poderás amortizar a parte da débeda que desexes, incluso a totalidade, en calquera momento e sen ningún custo. O sistema de amortización desta tarxeta revolving denomínase Amortización Parcial con Cota Constante: en cada data de liquidación mensual, pagarás un importe igual todos os meses, que inclúe o pago dos xuros correspondentes ao período de liquidación e a parte de devolución do crédito disposto ata completar o importe da cota elixida.
(2) Consulta as coberturas do seguro de accidentes e asistencia en viaxesVer ficheiro PDF e do seguro por roubo, furto e dano accidental de compras.Ver ficheiro PDF