-
Que necesito para abrir a miña Conta Online ABANCA? O único que necesitas para abrir esta conta é ser maior de idade e ser unha persoa física.
Non necesitas dispor dunha nómina nin ningún outro tipo de ingresos ou prestacións aínda que, se as tes, podes domicilialas na túa conta. Tamén poderás domiciliar sen custo todos os pagamentos das túas facturas, recibos e documentos similares.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#1 -
Como funciona o traspaso automático entre as contas na Conta Clara? A primeira imposición farase a un prazo de seis meses, e os seguintes traspasos automáticos desde a conta á vista terán como data de vencemento a mesma que a primeira imposición. Ou sexa, o primeiro mes en que o teu saldo supere os 3000 € farase un traspaso á conta a prazo a seis meses, e se ao mes seguinte volveses superar o limiar, faríase a 5 meses, e así sucesivamente. Ao chegar ao sexto mes, fusionaríamos todas as túas imposicións, e renovaríanse por outros 6 meses. E de novo, as imposicións seguintes que vaias xerando terán como data de vencemento a mesma que a imposición fusionada.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#319 -
Coa Conta Clara, podo sacar diñeiro da conta a prazo cando queira? Claro que si! Coa túa Conta Clara podes retirar o diñeiro do teu depósito cando máis che conveña. Pero leva conta de a liquidación dos xuros xerados se realiza ao vencemento do depósito que é a seis meses. No caso de que precises os teus cartos antes, liquidaranse os importes reintegrados ao 0%.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#320 -
Son autónomo, que vantaxes me dá a Conta Clara? Se es autónomo terás todas as vantaxes da Conta Clara, pero ademais as vantaxes que che dá o Programa Cero Comisións, que poden ser máis no caso dun autónomo que se foses só un particular.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#322 -
E se quedo sen cartos na Conta Clara, que pasa? Non te preocupes, porque cando dicimos que a tecnoloxía ten que estar para o importante, estamos pensando en detalles coma este. O mesmo desenvolvemento tecnolóxico que, coa túa Conta Clara, che pasa cartos dunha conta a outra automaticamente ocúpase tamén de que se quedas sen diñeiro na conta de aforro, se transfira en senso inverso, para que nunca quedes en números vermellos.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#323 -
Que é o Número de Referencia Completo ou NRC? O NRC ou Número de Referencia Completo é un código que xera a entidade bancaria no momento no que realizas o pagamento dun tributo ou unha taxa. Serve para identificar con exactitude o imposto ou a taxa pagos e para acreditar ese pago ante a Axencia Tributaria.
Se necesitas saber o NRC dunha taxa que xa pagaches, debes dirixirche á túa oficina de ABANCA. Ademais, se es cliente de Banca a Distancia podes solicitalo a través de Banca Telefónica chamando ao 981 910 522
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#338 -
Pódese realizar unha compravenda de divisas en Banca electrónica? Podes realizar compravenda de divisas a través de Banca electrónica sempre que teñas unha conta en moeda estranxeira. Por exemplo, se tes unha conta en dólares poderás realizar un traspaso desa conta a outra en euros ou viceversa.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#527 -
Xa son cliente de ABANCA e quero contratar unha Conta Clara, como me afecta? Podes abrir unha nova Conta e acumúlanseche todas as vantaxes. Por unha parte terás os beneficios propios da Conta Clara (sen comisións de mantemento e administración, transferencias non urxentes gratis, tarxeta de débito gratuita...) e pola outra manterás os teus privilexios do Programa Cero Comsións.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#533 -
Que pasa se me botan da Conta Clara e non me corresponde ningún nivel do Programa Cero Comisións? Se non che corresponde ningún nivel do Programa Cero Comisións, ao non cumprir os requerimentos de Conta Clara empezarías a pagar comisións pola conta e polos productos e servizos asociados. Pero non te preocupes, non pasará se cumpres uns sinxelos requerimentos e, ademáis, avisarémoste antes de que iso suceda.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#534 -
Que pasa coa miña Conta Clara se fago algunha operación na oficina? A Conta Clara está pensada para clientes con perfil dixital e que prefieren realizar as súas operacións a través da banca móbil ou electrónica. Se realizas ingresos ou transferencias na oficina durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a unha conta básica.
Para que isto non suceda, avisarémoste a tempo no caso de que estés incumprindo algunha das condicións e poder evitar deste xeito a cancelación da Conta.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#535 -
E que pasa despois dos 35, ou se o segundo titular xa ten 35 anos? Non te preocupes a túa conta seguirá mantendo as mellores condicións! Cando cumpras os 35 (ou para aqueles titulares que xa os teñan) só apreciará cambios nas tarxetas. Xa non terás a Tú NX senón que pasará a ser Visa Débito (seguirá sendo gratis!) E tamén poderás manter a tarxeta de crédito Visa Tú totalmente gratis se realizas compras anuais por máis de 3.000 € (ou se cumpres as condicións do Programa Cero Comisións).
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#536 -
Que é unha transferencia inmediata? As transferencias inmediatas permítenche realizar envíos de diñeiro de ata 15.000 euros en menos de 20 segundos a calquera país da SEPA. Calquera día e a calquera hora. Para realizalas, só necesitarás coñecer o IBAN da conta de destino.
Unha transferencia pódese enviar como inmediata se o banco de destino admite este tipo de operacións. Só nestes casos informarémosche de que dispós de envío inmediato.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#558 -
Que documentación necesito para abrir unha Conta Online ABANCA? Para abrir unha conta só precisas un documento de identidade vixente, por exemplo o DNI ou o pasaporte, e se traballas ou recibes algún tipo de prestación ou pensión, un documento acreditativo da túa situación laboral, de acordo ás leis vixentes de servizos bancarios, de xeito que podamos garantir a túa identidade. Pode ser unha nómina, unha historia laboral, certificado de IRPF ou do pago dalgún imposto, por exemplo. E se non estás a traballar e non recibes prestación, bastará co DNI.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#582 -
Como poden ser os titulares dunha conta? Algunhas contas correntes e de aforro poñen restricións a determinados tipos de titulares. Por exemplo, hai contas específicas para empresas, e hai contas polo contrario que só poden abrilas os particulares, non as empresas.
A maior parte das veces as contas poden ter varios titulares, ou cotitulares: deste xeito, varios de vós podedes compartir a mesma conta corrente: para todos os efectos a conta é de todos, e computa como ben de cada un de vós. No caso de ter varios cotitulares podedes escoller se queredes que sexan indistintos, é dicir, que cada un poida operar libremente coa conta, ou que sexan mancomunados, de maneira que sexan necesarias varias sinaturas para facer as operacións.
Ademais, podes sinalar outras persoas para que sexan autorizadas. As persoas autorizadas poderán realizar un determinado número e tipo de xestións nas contas, pero non serán titulares. É dicir, non son propietarios da conta.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#119 -
Que se consideran produtos de aforro? Todas as contas e depósitos (tanto á vista como a prazo), incluíndo fondos de investimento, plans de pensións, contas de aforro, accións, valores…
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#85 -
Que pasa se teño un descuberto na Conta Online ABANCA? Se tes un despiste e quedas en descuberto (números vermellos), xeraránseche algúns custos coma os xuros de demora pola cantidade que está en descuberto, e durante o período que permaneza así. Tamén se che cobrará unha comisión por estares en descuberto, e se tardas máis de 3 días en ingresar o diñeiro e poñer a conta en saldo positivo de novo, aplicaráseche unha taxa por reclamarche a débeda.
Aconsellámosche que deas de alta o servizo de avisos de banca a distancia para que che enviemos unha SMS ou un correo cando a conta che entre en descuberto, para que poidas ingresar os cartos canto antes e evitar os custos que xera.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#2 -
Cales son os códigos IBAN e SWIFT ou BIC da miña conta? Podes calcular o novo código IBAN de calquera conta no noso conversor a IBAN. Na banca electrónica tamén podes obter o IBAN para todas as túas contas (atoparalo no menú Contas).
O BIC ou SWIFT de ABANCA é CAGLESMMXXX. Este é o código que nos identifica como entidade ante todos os demais bancos e entidades financeiras do mundo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#161 -
O troco ao IBAN afecta os produtos que xa teño contratados? Non, todos os produtos e servizos que contrataches mantéñense exactamente igual. Non hai cambio ningún nas súas condicións nin na numeración.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#163 -
Como podo dar de baixa a miña conta? Para solicitar a cancelación dunha conta é necesario que acudas a unha oficina de ABANCA. Localiza a túa oficina de ABANCA máis próxima.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#191 -
Como podo realizar unha transferencia europea? Se dispós do servizo de Banca a Distancia podes dar de alta transferencias europeas. Enténdese por “transferencias europeas” todas aquelas realizadas dentro da Unión Europea ou con destino Islandia, Noruega, Liechtenstein, Suiza e Mónaco, sempre que viaxen en EUROS. Se o envío realízase antes das 12:00 horas, o importe ingresarase o mesmo día hábil ; de non ser así, o importe será ingresado no seguinte día hábil.
A partires de agora, desde a túa banca a distancia, podes realizar transferencias europeas inmediatas de ata 15.000€ entre entidades adheridas.
Se o desexas tamén podes facer as túas transferencias en Banca Móbil ou desde o servizo de Banca Telefónica chamando ao teléfono 981 910 522 en horario de luns a venres de 08:00 a 22:00h.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#193 -
Como podo realizar unha transferencia internacional? Son Transferencias internacionais todas aquelas cuio destino son países non SEPA. O territorio SEPA está constituído por 34 países que operan coa moeda euro: os 28 que forman a Unión Europea máis Islandia, Lietchestein, Noruega, Suíza, Mónaco e San Mariño.
Para realizar unha transferencia internacional, fai clic na pestana de "Transferencias" e accede á opción "A outros países". Lembra que para realizar estas transferencias ademais dos datos do beneficiario, debes introducir o código identificativo do banco (BIC ou SWIFT).
O importe das Transferencias Internacionais debe ser inferior a 50.000 euros (ou o seu contravalor en divisas). Os gastos son compartidos entre o ordenante e o beneficiario. As operacións en moeda diferente ao euro deben de enviarse entre as 08:30 e as 17:00 horas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#194 -
Como podo realizar unha transferencia periódica? Para realizar unha transferencia periódica, fai clic na pestana de "Transferencias" e accede á opción "Nacionais e Europeas". A continuación, debes introducir os datos da operación e seleccionar como Tipo de Transferencia a opción "Periódica", indicando a periodicidade da operación (diaria, semanal, quincenal, mensual, bimestral, trimestral, semestral ou anual).
Se o desexas tamén podes facer as túas transferencias a través do servizo de Banca Telefónica, chamando ao teléfono 981 910 522 en horario de luns a venres de 08:00 a 22:00h.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#195 -
Como podo solicitar un ingreso dende outra entidade bancaria? Se dispós do servizo de Banca a Distancia podes ordenar ingresos nas túas contas dende outra entidade.
Podes solicitar de maneira gratuíta un ingreso dende as túas contas doutras entidades á túa conta de ABANCA, sempre e cando coincida a titularidade. Este importe permanecerá bloqueado durante 58 días.Se o desexas tamén podes facer as túas transferencias en Banca Móbil ou desde o servizo de Banca Telefónica chamando ao teléfono 981 910 522 en horario de luns a venres de 08:00 a 22:00h.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#196 -
Como consultar un xustificante dunha transferencia? Podes obter un xustificante en formato PDF accedendo á opción Transferencias – Consultas – Transferencias da túa banca electrónica. Tamén está dispoñible o xustificante na apartado Correspondencia.
Se non dispós do servizo de Banca a Distancia debes de acudir a unha das nosas oficinas para realizar este trámite.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#197 -
Como solicitar o extracto de movementos da miña conta? Se dispós do servizo de Banca a Distancia podes obter un extracto dos movementos da túa conta na opción Contas da túa Banca Electrónica. Tan só será necesario que selecciones o período de datas que desexas consultar e o formato do resultado da consulta: Excel, Microsoft Money OFC, Microsoft Money OFX, Norma 43 AEB e PDF.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#199