A app de ABANCA é unha das mellor valoradas do sector, é así porque dedicamos moitos esforzos ao seu desenvolvemento e porque o facemos en base ás necesidades e expectativas de persoas como ti.

Por iso, decidimos poñer ao dispor dun grupo de usuarios avanzados a primeira versión da nova app que lanzaremos dentro duns meses. Coa túa axuda, pouco a pouco iremos afinando detalles e incorporando progresivamente novas funcionalidades ata completar o servizo. Iremos informando de todo.

Podes seguir utilizando a app actual, a de sempre, e ademais poderás descargar a nova app para as túas xestións habituais (consultas, transferencias, Bizum…). Dese xeito, poderemos comprobar que todo funciona da mellor forma. Recibirás tamén algunha enquisa moi breve (prometido!), e poderás facernos chegar calquera comentario que nos queiras facer. Encantaranos.

En canto te subscribas, enviarémosche as instrucións para descargar a nova app de ABANCA.