APPlázame:
as túas compras,
a prazos

APPlázame é o servizo para aprazares as compras que fagas coa tarxeta de crédito ABANCA, desde o móbil e cun só clic. Manda os gastos onde menos che molesten. Ao instante.

  • ico-card-ok-259a5db7

    Que é?

    Applázame é o servizo de ABANCA que che permite pagar a prazos as túas compras, tanto se as fixeches nun establecemento físico como se mercaches por internet.

  • ico-wash-machine-818c23dd

    Que podo aprazar?

    Podes aprazar calquera pagamento de máis de 75 € que realices coa túa tarxeta de crédito ABANCA Visa ou Mastercard (excepto Visa Tú, Visa Persoal, Visa Clip, Visa Proxecta e Zona Aberta).

  • ico-mobile-touch-e2c9fdb9

    Como funciona?

    Entra na sección "Apraza as túas compras" da app de ABANCA, selecciona a compra que queiras aprazar, elixe os prazos (entre 3 e 36 meses)…e xa está!

  • ico-secure11

    É seguro?

    Por suposto! Todo se xestiona dende a túa Banca móbil, que conta con chaves de reforzo e sistema de seguridade Touch ID.

Como funciona APPlázame

Imaxina que estás na tenda de guitarras e queres mercarlle á túa parella ese agasallo que sabes que o/a vai facer feliz (aos veciños non tanto). É unha cantidade grande, e véñenche as dúbidas. Por que non o pagas comodamente, en varios meses, sen preocupacións? Só ti, co teu móbil, sen contarlle a túa vida ao da tenda de guitarras nin chamar o teu banco.

Ou pensa no pagamento do imposto de circulación do coche, que che vén en xaneiro e que te vai pillar a contrapé. Por que non o pagas coa tarxeta e repartes a carga ao longo de varios meses, para que a costa de xaneiro sexa menos costa? Colle o móbil e apprázao agora con APPlázame nun só clic.

Tamén podes agrupar varias compras no mesmo financiamento. Por exemplo, podes sumar o cargo de pasar a ITV e de comprarlle pneumáticos novos ao coche, todo no mesmo cargo, para que ordees as compras con total liberdade. Pero tamén as podes manter separadas e pagalas a prazos distintos, pondo unha compra a 4 meses e outra a 8 meses, sexa cal for, sempre que os importes estean dentro dos límites que che sinalamos.

Mostrámosche un exemplo

Poderás aprazar todas as compras e gastos que superen os 75 €, e leva conta que as cotas resultantes terán que ser maiores de 25 € ao mes.

Este é un exemplo de como podes financiar unha compra de 1500 € feita cunha Visa Clásica en 12 meses. Se xa es cliente de ABANCA e non pagas comisión de emisión e mantemento pola túa tarxeta é moi fácil!), terías TXN 9%; TAE 9,38%. Pagarás once cotas de 131,18€ e unha última de 131,14€. O importe total a pagar son 1574,12 €, que inclúen 74,12 € de intereses de aprazamento. O custo total de financiamento serían eses 74,12€.

En cambio, se a túa tarxeta non está bonificada, tomando o exemplo anterior terías un TXN 9%; TAE 15,30%. Pagarás once cotas de 131,18€ e unha última de 131,14€. Ademais, aos tres meses de contratación da tarxeta, cobraranse 43€ de comisión de emisión e mantemento da mesma. O importe total a pagar son 1617,12 € e o custo total do financiamento serían 117,12€, que inclúen 74,12 € de intereses de aprazamento e os 43€ de comisión de emisión e mantemento da tarxeta.

banca-mobil-circulo-gl

Xestiona os teus cartos cun só clic

Ademais de aprazar as túas compras, coa app de Banca móbil de ABANCA podes consultar os gastos, apagar e acender as tarxetas, facer transferencias, enviarlle diñeiro a outras persoas ou a ti mesmo sen necesidade de ter tarxeta etcétera.

E lembra…

  • Podes financiar as compras a prazos, entre 3 e 36 meses.

  • A cantidade de cartos que puedes financiar dependerá dos límites da túa tarxeta de crédito ABANCA.

  • Podes adiar as compras directamente desde a app de ABANCA e dende a banca electrónica, co móbil ou co ordenador. Tamén podes facelo desde as nosas oficinas ou se chamas ao 981 910 522.

  • Podreás meter en APPrázame calquera compra que fagas en España ou en calquera parte do mundo..


Podes APPlazar os teus gastos con calquera tarxeta de crédito ABANCA

Doado, e ao momento

  • Que compras podo aprazar con APPlázame?

    Podes aprazar calquera compra que realices coa túa tarxeta de crédito ABANCA e que sexa superior a 75 €, tanto se realizas o gasto nun establecemento físico, como se compras por internet.

  • Con que tarxetas funciona APPlázame?

    APPrázame funciona coa tua tarxeta de crédito ABANCA, Visa ou Mastercard (excepto Visa Tú, Visa Personal, Visa Clip, Visa Proxecta e Zona Aberta) e tamén coas tarxetas de crédito virtuais. Non poderás usar o programa APPlázame coa tarxeta de débito.

  • Como sei que podo aprazar unha compra?

    Cada vez que realices unha compra recibirás unha mensaxe no teu móbil para avisarte de que podes aprazala. Podes escoller o número de cotas que desexes, entre 3 e 36, sempre que as cotas sexan maiores de 25 €.

  • Como podo usar APPlázame?

    O xeito máis sinxelo de aprazares as compras é directamente dende a app de ABANCA ou desde a banca electrónica, xa sexa co móbil ou co computador. Tamén podes facelo desde as nosas oficinas ou se chamas ao 981 910 522.