Samsung Pay ABANCA
Paga desde o teu móbil Samsung coas túas tarxetas Visa e Mastercard de ABANCA.
-
TPV contactless
Paga co teu móbil nos establecementos que xa contan con TPV contactless.
-
Fácil e sinxelo
Non hai que descargar nada. Actualiza o teu terminal Samsung compatible e configura as túas tarxetas ABANCA. E xa.
-
Pagamentos seguros e cómodos
Con esta tecnoloxía, garantímosche unha total seguridade en todos os pagamentos que fagas.
Descubre paso a paso como funciona
-
Accede
Arrastra o dedo dende a parte inferior da pantalla cara arriba para accederes ás túas tarxetas ou selecciona a app Samsung Pay
-
Identifícate
Para autorizar os pagamentos, deberás identificarte escaneando o teu iris, a túa pegada dactilar ou introducindo o teu código
-
Achega o móbil e paga
Aproxima o teu teléfono ao TPV contacless da tenda e… Noraboa! xa terás feito os pagamentos con Samsung Pay
En que dispositivos podo pagar con Samsung Pay?
Podes consultar o listado de dispositivos compatibles con Samsung Pay na web de Samsung.
A promoción é válida en territorio español o 29 de marzo de 2018 para usuarios da aplicación Samsung Pay que realicen compras iguais ou superiores a 20€ a través da aplicación en calquera establecemento con datáfono con sistema contactless. É necesario un dispositivo compatible (Samsung Galaxy S9, Samsung Galaxy S9+, Samsung Galaxy S8, Samsung Galaxy S8+, Samsung Galaxy S8 dual SIM, Samsung Galaxy S6, Samsung Galaxy S6 edge, Samsung Galaxy S6 edge+, Samsung Galaxy S7, Samsung Galaxy S7 edge, Galaxy A8, Galaxy A5 versión 2016, Galaxy A5 versión 2017 y Galaxy Note 8) e que a tarxeta Visa de crédito ou débito de ABANCA estea agregada na aplicación. A promoción consiste no abono de 10€ directamente na conta do cliente entre os días 1/04/18 e 15/04/18. A entrega do abono está suxeita a tributación.
A promoción é válida en territorio español o 30 de novembro para usuarios da aplicación Samsung Pay que realicen compras iguais ou superiores a 10€ a través da aplicación en calquera establecemento GADIS ou EROSKI con datáfono con sistema contactless. É necesario un dispositivo compatible (Samsung Galaxy S6, Samsung Galaxy S6 edge, Samsung Galaxy S6 edge+, Samsung Galaxy S7, Samsung Galaxy S7 edge, Galaxy A5 versión 2016, Galaxy A5 versión 2017 e Galaxy Note 8) e que a tarxeta Visa de crédito ou débito de ABANCA estea agregada na aplicación. A promoción consiste no abono de 20€ directamente na conta do cliente entre os días 15/01/18 e 31/01/18. Un só premio por cliente e en cada cadea de supermercados. A entrega do abono está suxeita a tributación.
Para saber máis...
dúbidas
-
Os dispositivos Samsung compatibles teñen instalada a aplicación de Samsung Pay, aínda que nalgúns casos pode ser necesaria unha actualización do software do móbil.
-
Pode acceder o comercio aos meus datos con Samsung Pay?
Non, non pode. Samsung Pay protexe os teus pagamentos con tres capas de seguridade. Os datos codificados da tarxeta almacénanse no elemento seguro e nunca se comparten co establecemento, nin os bancarios nin os teus contactos. -
Podo asociar calquera tarxeta a Samsung Pay?
Podes asociarlle a Samsung Pay calquera tarxeta Visa ou Mastercard de ABANCA. Non son compatibles as tarxetas prepagamento nin a tarxeta comercio. -
Por que os cargos de Samsung Pay tardan en aparecer nos meus movementos?
As operacións con Samsung Pay procésanse en dúas fases.
A primeira fase é a autorización, que xera o bloqueo do importe correspondente na túa conta ou tarxeta. A segunda fase é a liquidación, que se produce uns días máis tarde. Ese o momento en que se fai efectivo o cargo na túa conta ou tarxeta, e a razón pola que tarda varios días en aparecer nos teus movementos.
DOCUMENTACIÓN