A miña empresa pode utilizar o desconto comercial?
-
A miña empresa pode utilizar o desconto comercial? Se a túa empresa realiza venda de produtos e servizos podes anticipar o importe dos cobros diferidos dos teus clientes mediante o desconto de pagarés, letras, pagos domiciliados, facturas, certificacións ou Adeudos SEPA, CORE e B2B.
Este tipo de financiamento por desconto comercial non está destinado a empresas de subministracións recorrentes ou con cobros inmediatos ou en man. No seu lugar, poden utilizar o servizo de Adeudos SEPA ao cobro. Por exemplo, un ximnasio, un colexio ou unha xestoría utilizarían o servizo de cobros de recibos electrónicos á vista, do que tamén te podemos informar en ABANCA.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/a-mina-empresa-pode-utilizar-o-desconto-comercial