Sobre Servizo de verificación de beneficiario
-
Servizo de Verificación de Beneficiario (Servizo VoP)
Engadimos unha capa extra de seguridade ás túas transferencias e poñemos en marcha un novo servizo que revisa os datos do destinatario (funciona en contorno SEPA). Este servizo compara o nome que escribes ao ordenar a transferencia co nome que está rexistrado no banco da persoa á que lle vas enviar diñeiro.
Se o nome coincide, a operación segue o seu curso. En caso contrario, avisarémoste cunha das seguintes opcións para que poidas revisar a información:
1. "Non puidemos verificar o destinatario": Houbo un problema técnico ao facer a comprobación. Recomendámosche que revises ben os datos do destinatario e, se comprobas que todo está correcto, podes optar por seguir adiante.
2. "O destinatario non parece correcto": O nome que indicaches non coincide co que figura no . banco da outra persoa. É moi importante que contactes co destinatario para confirmar os datos antes de continuar.
3. "Revisa o nome do destinatario": O nome que indicaches é moi similar ao que ten o beneficiario, pero non é exacto. Amosarémosche o nome que figura no banco do destinatario, para que o revises e, se comprobas que é correcto, o apliques e poidas seguir co envío.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/servizo-de-verificacion-de-beneficiario/#793 -
Que ocorre se envío unha transferencia e os datos do beneficiario son incorrectos?
Se os datos da conta de destino (IBAN, nome do titular) son erróneos, o teu diñeiro podería chegar a outra persoa.
Unha vez que o diñeiro se envía, a única forma de recuperalo é se o titular que o recibe acepta devolvelo. Non podemos garantir a retrocesión.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/servizo-de-verificacion-de-beneficiario/#794 -
Servizo VoP para empresas. Como é un ficheiro VoP e que características ten?
Para poder validar o teu ficheiro VoP, é necesario que nos envíes un ficheiro específico coas características definidas no caderno “Solicitudes múltiples de verificación de beneficiarioVer ficheiro PDF”. En canto validemos o mesmo, recibirás un ficheiro de resposta coa comparación de ambos.
No caso de que non envíes o ficheiro de verificación, entenderemos que renuncias á prestación do Servizo VoP.
Poderás enviar posteriormente un ficheiro de pagos (utilizases ou non previamente o Servizo VoP) coas modificacións que estimes oportunas e nós tramitaremolo como sempre, sendo túa a responsabilidade sobre os datos contidos nese ficheiro de pagos.
Se utilizases o Servizo VoP e quixeses facer cambios, poderás facelos sobre o ficheiro de pagos que nos envíes, que nunca terá o mesmo formato que o do VoP.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/servizo-de-verificacion-de-beneficiario/#795