Cal é a diferenza entre as liñas de desconto e a xestión de cobro?
-
Cal é a diferenza entre as liñas de desconto e a xestión de cobro? No desconto comercial, ABANCA anticípache o importe pendente do cobro dos teus clientes e, a cambio, cobra uns xuros e unha comisión. Se ao vencemento o debedor non paga, retrocederemos o anticipo e cobrarémosche os gastos que se producen pola devolución.
Coa xestión de cobramento, ABANCA préstalle un servizo ao cliente para xestionar o cobramento no teu nome. Unha vez realizado este cobramento, aboarase o importe na conta e cobraráseche unha comisión por esta xestión. Se o teu cliente, ao vencemento, non atende o pagamento cobraremos unha comisión pola devolución.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/cal-e-a-diferenza-entre-as-linas-de-desconto-e-a-xestion-de-cobro