Cal é a diferenza entre persoas físicas consumidoras e non consumidoras?
-
Cal é a diferenza entre persoas físicas consumidoras e non consumidoras? As persoas físicas consumidoras son aquelas que utilizan a súa conta para xestións persoais, gastar e aforrar os seus cartos; porén as persoas físicas non consumidoras son aquelas que ademais a utilizan para fins económicos, comerciais ou profesionais.
Por exemplo, un avogado que cobra a nómina na súa conta, aforra e gasta parte dese diñeiro, é considerado unha persoa física consumidora. Mais outro avogado que tivese domiciliada a súa cota de autónomos na conta, emita recibos e teña unha TPV asociada a ela, sería unha persoa física non consumidora.
Se queres saber exactamente en cal destas categorías entrarías, podes preguntar en calquera das nosas oficinas para que cho confirmemos.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/cal-e-a-diferenza-entre-persoas-fisicas-consumidoras-e-non-consumidoras