Cales son os beneficios do nivel Xove do Programa Servizos ABANCA?
-
Cales son os beneficios do nivel Xove do Programa Servizos ABANCA? O Programa Servizos ABANCA permíteche aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais se cumpres certos requisitos.
Estes son os beneficios que tes nunha conta que pertence ao nivel Xove:
- 0 € de comisión de mantemento e administración da túa conta á vista.
- 1 tarxeta de débito Tú NX, sen comisión de emisión e mantemento, nin comisión de cambio de divisa no estranxeiro.
- Coa tarxeta de débito Tú NX, retiradas gratis en todos os caixeiros ABANCA, 5 retiradas gratis ao mes nos caixeiros fóra de Galicia (Euro 6000, Euronet, Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja Ingenieros, Euro Automatic Cash e Banca March) e 5 retiradas gratis ao mes fóra de España en calquera caixeiro. Aínda que ABANCA non cobre ningunha comisión por retiradas de efectivo a débito en caixeiros doutras redes fóra de España, algunhas entidades poderán aplicar unha comisión ou taxa de recarga polo uso da súa rede de caixeiros que será a cargo do cliente. As retiradas nos caixeiros non efectuadas durante un mes non serán acumulables aos meses seguintes.
- 0 € todas as transferencias SEPA non urxentes en euros realizadas desde esta conta.
- 0 € todos os ingresos de cheques nacionais en euros realizadas desde esta conta.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/cales-son-os-beneficios-do-nivel-xove-do-programa-servizos-abanca/